
Katrin Coetzer
Cara ao final, el dixo, Nada de metáforas! Nada é coma outra cousa. Só que antes de me dicir iso, tamén dixo, Fai das túas mans unha hamaca para min. Velaí unha.
Dixo, Nin sequera a chuvia –citando ao poeta– nin sequera a chuvia ten unhas mans tan miúdas. Velaí outra.
Cara ao final, eu queríao consolar. Pero o que dixen foi, Cántalle. O proverbio árabe: cando o perigo se achegue, cántalle.
Só que antes de lle dicir iso tamén dixen, Nada de metáforas! Ninguén é coma ningunha outra persoa. E el dixo, Por favor.
Así que, ao final, fixen das miñas mans unha hamaca para el.
Os meus brazos as árbores.
o conto pertence ao último libro publicado por Hempel ata a data Sing to it (Scribner, 2019).
Published on May 25, 2020 16:40