Este libro conta a historia de Carabela, a cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico, onde está soa e rodeada de peixes mutantes que a advirten que son tóxicos, de paxaros que tamén se queixan por comer substancias nocivas… Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de Plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. A autora lánzanos unha mensaxe sobre a importancia de que coidemos o noso medio ambiente e recórdanos que planeta non temos máis ca un.
Actriz, escritora, contadora de historias. Ten unha longa traxectoria no eido da narración oral e leva participando como actriz en varias series de televisión, ademáis de traballar na compañía Berrobambán. É autora e numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil. No teatro, foi premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil coa obra Boas Noites no ano 2007. Outras obras dramáticas súas son O Lobishome, Menú Vexetal e Pressing Catch.