Jump to ratings and reviews
Rate this book

Memorias dun neno labrego

Rate this book
Balbino é unr apaz da aldea de mediados do século XX que observa o mundo que o arrodea e adoece por entendelo, pero nuinguén lle dá as respostas que precisa. Velaquí unha das obras fundamentais da literatura galega contemporánea, o máis lido e o máis traducido, agora adptado á lectura fácil.

128 pages, Paperback

Published October 1, 2022

Loading...
Loading...

About the author

Xosé Neira Vilas

95 books18 followers
Naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio). É un dos escritores clásicos da literatura galega.
Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.
Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego,en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 reside na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome. (A súa compañeira Anisia faleceu en 2009).

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
13 (24%)
4 stars
18 (33%)
3 stars
12 (22%)
2 stars
5 (9%)
1 star
5 (9%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Ana Arias Castro.
265 reviews8 followers
May 7, 2026
Esta versión de banda deseñada do libro de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego era unha débeda que tiña eu desde hai un tempo.

Non hai moito lin o libro orixinal e de novo puiden comprobar o porqué do seu éxito. É unha novela que explica moi ben o século XX no mundo rural en Galicia, esa pobreza, a estratificación social e a falta de mobilidade entre clases, a emigración como saída e o contacto permanente coa natureza que hoxe en día fomos perdendo mesmo os que vivimos no campo. E nese contexto un Balbino que medra e loita por entender o mundo e atopar o seu lugar.

Esta versión paréceme un acerto porque, especialmente para un público novo, as imaxes poden supoñen unha ponte moi útil para achegarse a unha historia que moitos lectores actuais non chegan a través das palabras pois descoñecen xa ese vocabulario do mundo rural. Por outra banda está moi ben recollida a esencia da obra orixinal e gústanme moito as ilustracións e mais o formato grande que facilita en voa medida a lectura.

Que boto de menos? a pucha na cabeza de Balbino, un elemento que eu sempre vin ao ler a obra orixinal e, por suposto, a enorme riqueza do galego de Neira, pero está claro que é algo que hai que sacrificar neste formato. Paréceme unha gran versión e creo que pode ser unha boa alternativa para os lectores aos que lles guste a banda deseñada ou queiran un apoio visual á hora de coñecer esta obra imprescindible. Moi bo traballo esta adaptación de Iria Aldegunde!
81 reviews6 followers
October 19, 2025
Perfecto para darlle a ler ao alumnado con dificultades na linguaxe
Profile Image for Paula.
11 reviews
Read
January 17, 2026
Una adaptación preciosa de un clásico. Se nota que está hecho con mucho cariño, que bien que Pablo me lo dejó. :)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews