Quen lle ía dicir a Lúa que aquel día que comezara coma outro calquera remataría de forma tan inesperada? En primeiro lugar, viaxou cun nubeiro. Que que é un nubeiro? Iso eche longo de contar. De todos modos, por moi excitante que pareza, os nubeiros non sempre se portan ben cos nenos. O que capturou a Lúa, de feito, portouse rematadamente mal. Aínda bo é que chegaron para rescatala dous nenos que... Pero para saberes como se desenvolve esta historia fantástica o mellor é lela.
Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, na actualidade é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con «Na terra sombría», conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.