O feito de como plantexa a relación cos textos e as relación connosco os mesmos e o que de momento máis me interesou. Tenho pegas, e a lectura faise algo pesada e engorrosa a ratos. Aínda así a súa vision sobre o mundo do texto, o discurso, a historia son moi estimulantes.
A gran pega que atopei agora mesmo nesta primeira lectura e a súa definición sobre ideoloxía e utopía. Veas como elementos contrarios e creo que non poderia estar mais desacertado. A utopía non é máis que a reivindicación dun mundo distinto, pero o teu sistema alterno construese en base a definicións negativas do presente polo que no propio momento de plantexalo necesitas da ideoloxía, esta é o que vertebra a utopía polo que non deixa de ser máis que o brazo imaxinativo da ideoloxía é inherente a el. Plantexalas dun xeito de dicotomía paréceme tramposo porque non ten ningún elemento dicotomico ou diverxente. Ademais que presentar os lados malos de ambas: a utopía como elemento patolóxico que roza o esquizofrénico fronte a ideoloxía que rozaria o ocultamento e a reivindicación da autoridade etc para acabar despois asimilando os dous elementos, como que poden colaborar de forma unida. Pero eu afirmo que non, é polo feito de que non son contrapostos, sempre estiveraron unidas. A utopía non é máis que o plantexamento de realidades alternas respecto ás presentes que a través de un sistema ideolóxico se vértebra. Sen a ideoloxía, a utopía non ten contido únicamente a negación do presente. Un modelo ideal necesita sempre dunha ideoloxía. O feito de que se de distopía por exemplo é a idea dun mundo peor ao presente que cada un rechea da ideoloxía que considera.