Jump to ratings and reviews
Rate this book

Conversa Ultramarina

Rate this book
Conversa ultramarina é unha longa carta, dividida en dúas partes, dirixida a Piedad R. Cabo, concibida como un dietario, é froito de certa efervescencia creativa entres os meses de marzo e xuño de 1995, cando Lois Pereiro era consciente de que a vida lle dera unha segunda oportunidade, pero támén sabía que vivía na inestabilidade dese renacer.

118 pages

First published January 1, 2010

1 person is currently reading
18 people want to read

About the author

Lois Pereiro

15 books11 followers
Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996, foi un escritor e poeta galego. No ano 2011 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste período entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta Náufragos do Paradiso.

En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e, sobre todo, de televisión tanto convencional (episodios de Dallas, Kung Fu e a primeira tempada d'Os novos) como porno.

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.


Caricatura de Lois Pereiro.
Canto das causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepática. Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo do seu pasamento foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.


Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación do Día das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e vasco, xunto cos textos orixinais en galego.

Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011. A Academia apreciou:

"Evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."

En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:
"Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular".

O concello de Monforte, a súa cidade natal, declarou que o 2015 fose o Ano Lois Pereiro para homenaxear o escritor con diferentes actos e darlle o nome do poeta á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.



Luis Ángel Sánchez Pereiro alias Lois Pereiro (born Monforte de Lemos, February 16, 1958-died A Coruña, May 24, 1996) was a Galician poet and writer.

Galician Literature Day was dedicated to him in 2011.

He was born in Monforte de Lemos, into a family from O Incio. He studied in the school of the Escolapios, and began to write at 15 years of age. After finalising the COU (pre-university course) he left for Madrid, where he started his university studies of Political Sciences and Sociology. After a stay in Monforte working in the family company, devoted to the glass industry, he returned to Madr

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
12 (41%)
4 stars
9 (31%)
3 stars
6 (20%)
2 stars
1 (3%)
1 star
1 (3%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for maría.
97 reviews17 followers
June 2, 2024
“Velaquí estou de novo, procurando sobrevivir coa axuda da Literatura e os amigos. O resto sobra.”
Profile Image for André.
16 reviews
October 5, 2025
Descansa no Olimpo da Literatura, compañeiro
Profile Image for Emereci.
3 reviews7 followers
January 24, 2011
Máis alá do valor literario, está claro que é unha obra imprescindible para os/as amantes de Lois Pereiro. Unha sorte de blog póstumo que nos chega dende o alén.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.