Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.
O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na "verdade de ser e de sentir".
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
[13/10, 0:03] Antonio: no entendí el final [13/10, 0:03] Antonio: son hermanos??? [13/10, 0:03] Antonio: se suicida Carlos porque son hermanos?? [13/10, 0:03] Antonio: y cuándo se entera Carlos? cómo es la cosa? [13/10, 0:04] Max: Buf no me acuerdo [13/10, 0:04] Max: Se suicida, sí [13/10, 0:04] Antonio: sí, lo pone en la primera página eso [13/10, 0:04] Antonio: pero me falta saber el motivo [13/10, 0:04] Antonio: no llego a pillarlo [13/10, 0:06] Max: No son hermanos [13/10, 0:06] Max: Si no me equivoco [13/10, 0:07] Antonio: entón [13/10, 0:10] Max: Bueno, a releer el final [13/10, 0:10] Max: Yo no tengo el libro [13/10, 0:10] Antonio: mañán aquí [13/10, 0:10] Antonio: mirasno [13/10, 0:10] Antonio: e me dis [13/10, 0:10] Antonio: algo [13/10, 0:10] Antonio: porque non entendo cal é o plot twisg [13/10, 0:11] Max: Disme [13/10, 0:12] Antonio: aínda que de todos modos e moi boa a narración!!! [13/10, 0:12] Antonio: moi amodiño todo e sentimental [13/10, 0:13] Antonio: aínda que Helena un pouco folla que se deixa levar por Carlos [13/10, 0:13] Antonio: sen entender eu moito por qué nunca casaron eles [13/10, 0:13] Antonio: ??? non sei [13/10, 0:14] Antonio: pero tranquilísimo contado [13/10, 0:14] Antonio: ao final un pouco apresurado igual [13/10, 0:14] Antonio: contra todo o resto que é moi amodo [13/10, 0:15] Max: Moi ben [13/10, 0:15] Max: E ademais ben de entender, !non? [13/10, 0:15] Antonio: sim [13/10, 0:15] Max: Ole
para min este libro é perfecto de principio a fin, pensaba que a miña relación con carlos casares ía continuar sendo difícil pero non puiden estar máis equivocado. facía anos que non me emocionaba tanto lendo unha historia, namorando dun libro tan fermoso como doente a partes iguais. e creo que non hai un mellor libro para rematar o verán.
a historia, dende o meu punto de vista, ten unha circularidade que é para aplaudir e utiliza moi ben a súa estética para facelo: coas suas primeiras palabras nos presenta a morte de carlos, e viaxamos en cada capítulo de forma tan nostálxica e fermosa que estando metido na casa ou nun día chuvioso é coma se o sol estivese bicando a miña pel en cada palabra, para rematar de novo no mesmo suceso, case como cando o verano remata e repasamos na mente todo o vivido nos meses xa pasados. así sinto este libro.
por natureza, son unha persoa melancólica e o sentir da nostalxia ponme contento, as veces pensando en cousas que todavía non remataron, e para min este libro experimenta moi ben con este sentimento. penso na miña nenez da mesma forma que helena recorda a súa con carlos. os recordos parénceme a cousa máis preciada que temos como seres humanos.
primeiro que todo, alba fíxome spoiler (quérote igual) e agora nunca poderei saber como tería encaixado o final de non coñecelo xa de antes; talvez como o súbito ruído de estralar unha noz ou dun disparo na noite. gústame moito, de sempre, como escribe casares, esa forma tan coidadosa que ten de darlle forma, en especial, ós xestos e ós espazos. apreciei moito tamén a maneira en que as verbas levantan esa calor abafante do verán ourensán e os alivios repentinos da brisa contra o ceo azul turquesa. é esta, curiosamente, unha novela cunhas cores moi específicas. por outra banda, son consciente de estar sendo quizais indulxente en exceso coa puntuación: a narración de helena, talvez por desprenderse do fluír da conciencia e dos caprichos das lembranzas, resulta repetitiva e explicativa de máis; e tería aportado unha nova dimensión ó libro profundizar un chisco máis nalgunha que outra persoaxe. porén, sinto que para cada crítica encontro de seguido unha desculpa, e que cada desperfecto da novela pódese explicar facilmente coa visión sesgada da protagonista e ese costume tan humano de deformar e conxelar os recordos. cando menos, casares fai c'o sol do verán unha exploración moi interesante da memoria e do paraíso da nenez. despois de todo, se ben a revelación apresurada das últimas páxinas pode ser anticlimática e lastrar ó impacto desa intelixentísima frase de peche, penso que tampouco importa moito. o cristal que é perforado e escacha de súpeto. que final máis triste.
“Recordas cando estabamos no wigwan e me dixeches que non se via neve no monte onde vivía o Xigante Briareo e eu che dixen que non todo o que existía se podía ver?”
La complejidad de la vida, de crecer, de las relaciones con esas personas que van y vienen, o con las que se quedan para siempre. Cada detalle narrado con una delicadeza que te acerca a los protagonistas, a su persona, su emoción y su historia, como si realmente los conocieras. Ningún personaje sobra en este libro, ni siquiera los secundarios, todos están construidos con profundidad y precisión. El autor te transporta con ellos a través de múltiples saltos temporales que desarrolla de manera impecable, en ningún momento te pierdes en la trama ni resulta desordenado. Al contrario, es muy sencillo de leer. Sin duda uno de mis libros favoritos.
Foi unha recomendacion e a verdade é que 10/10. Historia preciosa, mentras o les sintes que remata o verán. Para a xente que vive en nostalxia continua coma min, é unha boa opción.
«O sol do verán» é unha historia moi emotiva e chea de profundas lembranzas e de fortes añoranzas.
Un dos aspectos que máis me agradou foi a narración do espacio temporal da novela, xa que, ao longo de toda a historia, a protagonista recorda momentos, vivenzas e experiencias do pasado que chegan ata o máis fondo do presente. Ademais, gustaríame destacar a narración tan delicada e as descripcións tan detalladas de Carlos Casares; a súa pluma é maxistral.
Se este libro recibe tres estrelas non é porque non me emocionase, senón porque considero que non escollín lelo no momento preciso para empatizar cos pensamentos e coas sensacións das personaxes. Ademais, como o lin en galego, goceino moitísimo máis. Sempre que leo nesta lingua, o meu sorriso aparece como por arte de maxia no meu rostro.
Unha novela marabillosa, que me fixo voltar á infancia, a eses veráns inmensos plagados de momentos na aldea. Casares dinos moito en poucas páxinas. Un gran Mestre!
este livro tem tudo de que gosto: história de personagens, verans, natureza, costumbrismo, romances proibidos, amor de juventude, desídia e tristeza para acabar com qualquer persoa. mui bem feito, casares.
This entire review has been hidden because of spoilers.
O SOL DO VERÁN. Carlos Casares. 242 pags (5/10) Carlos suicídase no verán de 1968 con 27 anos. Atópano cun disparo na bañeira da casa duns amigos onde pasaba uns días. Helena, a dona da casa, recorda os tempos en que ambos eran nenos e adolescentes, agora ela casou con Arturo e viven nesa casa que era de seus pais en Beiro, preto de Ourense. A tarde antes de suicidarse Carlos e ela foran dar unha volta no deportivo del. A sua nai quería a Carlos coma se fose fillo seu. Carlos ía visitalos cando viña de Madrid e sempre metiase co pai de Helena en temas relativos aos curas As lembranzas de Helena levana aos tempos de infancia con Carlos facendo trastadas. Algunhas de elas tan grave como para que un ano o levasen de volta cos seus pais. Noutra ocasión desapareceu toda unha tarde, pero despois de estar rezando o rosario, segundo a costume do pai, Helena o atopou agochado na sala. El contoulle que o castigara a tía Mercedes. A tía Mercedes, Indalecio (o pai de Helena) e Elisa (a nai de Carlos) son xente tradicional e cristiá. Esto fai que Carlos lles chame os traidores, porque sempre están a rifarlle. Noutro lado están o pai de Carlos, Leopoldo, e nai de Helena, que son considerados amigos. Teñen un caracter mais tolerante. Nunha ocasión, mentres xogaban, escoitaronos falar entres risas e momentos íntimos Disfrutaban pola noite coas historias do criado Anselmo. Carlos foi quen lle contou a Helena como se facían os fillos dunha volta que viron nacer unha becerra porque Anselmo llo amosou. Esto costoulle a Anselmo unha reprimenda da tía Mercedes a quen non lle gustaba ningunha cousa fora da tradición e as boas formas. Pensaba que o neno era mala influencia para Helena e que o seu pai, Leopoldo, non era boa persoa Co paso dos anos e a chegada da mocidade a relación entre eles cambia. El ten momentos de moita mais introversión, seriedade e incluso tristura. Carlos comeza a frecuentar outras persoas e ir de festa. Helena sabe que tivo algunha relación con mulleres. Xa na universidade ela presentalle a sua compañeira Amparo que, tras pasar os tres xuntos unha noite de festa, dille que é un home encantador, que enamorouse del e que non pode crer que nunca tiveran unha relación amorosa. No caso contrario e Carlos quen lle presenta a Helena a Arturo. Coñecianse de Madrid e foron a unha conferencia súa. Arturo non concibe que Carlos e Helena non tiveran unha relación amorosa. Esa mesma noite, sen saber ben porqué, acaban xuntos e Helena queda embarazada. Casan ao pouco tempo pero Helena perde ao fillo. Carlos, cando se entera de que Helena vai casar con Arturo deixa de ir os verans a Beiro. A su volta, catro anos despois, é cando se suicida A noite anterior ao suicidio Helena e Carlos pasan a tarde no coche del, recordando tempos pasados. Carlos dille que seu pai e a nai de Helena estiveran namorados de mozos, pero a avoa de Helena non permitiu a relación e fomentou que a nai de Helena casara con Indalecio, seu pai. Entre recordos Carlos confésalle que ela e o grande amor da sua vida, aparece a paixon contida durante anos e fan o amor. Ao chegar a casa de Beiro despídense e esa mesma noite Carlos suicídase. Helena non comprende e unha grande tristura a domina, síntese traizoada. Nas semanas posteriores consigue ler unhas cartas da súa nai con Leopoldo onde se confirma que chegaron a facer o amor nunha ocasión xa casados e deixase entrever que Carlos e Helena poden ser irmáns
This entire review has been hidden because of spoilers.
«…e eu pensaba naquel instante que a luz dos nosos veráns, que eu levaba acendida na memoria como un sol amarelo, se estaba apagando.»
Esta novela sorprendeume para ben. Non esperaba ler unha historia tan bonita e á vez tan conmovedora. A novela xa comeza cun feito moi impactante e, a partir deste, a narradora e coprotagonista, Helena, comeza a presentarnos por partes o pasado dela e da súa familia. Deste xeito imos ir coñecendo pouco a pouco os tantos cabos soltos que nos deixan ao longo da novela.
Ademais de conmoción, sentín nostalxia: a narradora lévanos aos anos da súa infancia, aos veráns que tivo pasado con Carlos na súa casa familiar. Así, puiden ver como os dous protagonistas crecen co paso do tempo, verán tras verán.
En canto ás personaxes, penso que son moi realistas e, tendo en conta a época na que está situado o argumento da novela, a reacción e o carácter dalgunhas son comprensibles, inda que indignantes. E as súas relacións, de amor, confianza, pero tamén de rivalidade e protesta, son únicas. Sen dúbida, os protagonistas unha das mellores partes da novela.
Pero se teño que destacar algo de O sol do verán, sería o final, que entre tantas e tantas liñas de conclusión da historia, Carlos Casares deixa entrever un dos segredos mellor gardados dunha das personaxes que, se non o les con atención, pasa desapercibido.
Cunha gran cantidade de saltos temporais, Carlos Casares constrúe unha novela moi interesante e moi bonita sobre as relacións coa familia e os amigos, entre outros temas como o amor ou a morte.
Un libro pausado, tranquilo, reflexivo. 🔹 La novela comienza superpotente, con el suicidio de uno de los protagonistas (y no estoy destripando nada) y termina también de manera intensa, sugiriendo sin llegar a confirmar aquello que vamos entreviendo a lo largo del libro. 🔹 Sin embargo, entre ese inicio de impresión y ese final sorprendente, llegué a aburrirme. Hay situaciones (y escenarios) que se repiten una y otra vez, como si se narrase continuamente la misma escena. Es cierto también que esa manera serena de contar y de insistir en lo mismo contribuye a que nos empapemos de la historia y conozcamos muy bien a los personajes. Pero, en fin, me faltó algo. 🔹 ¿Con qué me quedo? Pues con el personaje de la madre de Helena y con el relato de la vida en la casa de la aldea💙.
Lin este libro cos últimos raios dun sol de verán, é case poético.
Helena vainos contanto como foron os veráns da súa nenez, os xogos con Carlos, as pinturas do pai, a pesada da Merceditas, os contos de Anselmo e a mirada de amor de súa nai.
Aínda que o plot twist foi esperado, tivo matices que non me imaxinaba e que me deixaron descolocada.
Non puiden escoller mellor lectura para despedilo verán.
Foi un deses libros que te marcan. Carlos Casares ten un xeito de narrar que te mergulla na historia e faiche sentir emocións intensas. Aínda que o libro sexa un pouco tristre pola sua natureza, tamén é un libro de amor. Creo que foi a primera vez que lin un libro é chorei, sobre todo ao final. Gustoume moitisimo
Reler a Carlos Casares e o Sol do Verán fíxome retroceder a adolescencia, igual que lles acontece a Carlos e Helena. Unha historia de (des)amor que xa é todo un clásico na literatura galega.
Esta historia comeza cun son no medio da noite, un son coma de noz sendo partida enriba da mesa. A situación, non obstante, é bastante menos agradable que a que xeraría un desalmado poñéndose a facer barullo comendo froitos secos de madrugada. O son provén dunha pistola que Carlos, un amigo de toda a vida da narradora da novela, empregou para pegarse un tiro na tempa mentres estaba na bañeira.
Ese traumático suceso, ocorrido mentres Carlos estaba de visita na súa casa, é o punto de partida para que Helena comece a dar saída a tódolos recordos que a unían a Carlos e a omnipresente influencia que aquel suicida nocturno tivo na súa vida dende que se coñeceran sendo nenos. Intenta buscar unha explicación á terrible decisión do seu amigo revisando as súas vivencias con el, que comezan e rematan no mesmo sitio. Porque o primeiro encontro entre eles deuse na antiga casa de campo da súa familia, a mesma na que ela vive agora co seu marido e a mesma na que se produciu ese disparo que rematou para sempre coa vida daquel home que sempre estivo presente na de Helena.
Dende aquel verán no que a nai da narradora invita a Carlos, o fillo dun veciño co que existe unha enigmática relación, a pasar os meses de vacacións con eles, a presenza do rapaz na casa estival familiar convértese nunha tradición anual. Carlos e Helena fanse inseparables, ata o punto de conformar unha relación case simbiótica. A relación non chega ó eido amoroso, a pesar de que mentres a protagonista conta a historia vanse deixando caer momentos nos que todo apunta a que algo hai formándose entre eles, pero diversas situacións sospeitosas fan que non chegue a darse o tema. Mesmo é o propio Carlos o que presenta a Helena ó seu actual marido.
A nostalxia da historia contáxiase, os sentimentos que se van sucedendo polas páxinas crean un ambiente no que é imposible non entrar e os misterios que están sempre de fondo acompañando a esa familia da clase alta, con criados e todo, xeran un punto de intriga. A explicación a eses misterios non resulta difícil de adiviñar, pero danlle á historia un punto interesante que fai destacar aínda mais a carga emocional. Que ben sabía escoller as palabras Carlos Casares.