Jump to ratings and reviews
Rate this book

Materia

Rate this book
Legados, relacións e ata proxeccións velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta poética de Yolanda Castaño na que cada estado da materia se expresa nun propio ton.

72 pages, Hardcover

First published June 1, 2022

Loading...
Loading...

About the author

Yolanda Castaño

53 books24 followers
Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1977, é unha poetisa galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión.

Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña, onde rematou a carreira de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores até que, grazas ó Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995), contando 17 anos. Ademais deste galardón, foi merecedora do Premio Johán Carballeira polo seu terceiro poemario, Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén obtivo o Premio da Crítica Española en 1998.

Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), formou parte do equipo directivo de Letras de Cal (unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos) e codirixiu, xunto a Olga Novo, a revista de artes Valdeleite.

Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, coa música ou co audiovisual. Así, publicou xunto ao pintor Antón Sobral o catálogo de pintura Venecia. O Vicio da Beleza (2000). Nese mesmo ano, e baixo o título Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que cantaba versións musicadas dos seus poemas. O libro da egoísta (2003) foi número un en vendas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademais moi boas críticas. Ao fío deste poemario, dirixiu e produciu O video da egoísta, un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual e que resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago de Compostela Curtocircuíto 2004 na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de Mercuria, un programa sobre vangardas artísticas galegas que a levou a ser nomeada pola Academia Galega do Audiovisual na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005. En colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña desenvolve desde 2009 o ciclo Poetas Di(n)versos, con recitais conxunto de poetas galegos e de outras linguas.

Polémica con Aduaneiros
O 16 de outubro de 2007 foi protagonista dunha polémica co blogue de humor gráfico galego Aduaneiros sem fronteiras. Yolanda Castaño tíñase solidarizado con Isaac Díaz Pardo pola súa marcha de Sargadelos. Pouco despois aceptou un posto na Coruña traballando para Sargadelos.

Tras a solicitude do avogado da autora para que a páxina retirase un deseño nomeado Tu quoque Iolanda? e os comentarios con palabras malsoantes a xeito de insulto (segundo a propia poeta, "uns 4 ou 5, [...] dos 80 e pico comentarios") os responsábeis da páxina decidiron pechala antes de cumpriren coa solicitude e como protesta por non poder facer autocrítica do país.

Ten participado en volumes colectivos como o libro con CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), así como en Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003), no Catálogo do Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2003), no de Camiño de Santiago. Luz e vida (2003) e en Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2004).

Tamén aparece a súa obra nas antoloxías Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997), Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), Novas voces da poesía galega. Recital (Culturagalega.org, 2000), 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002), Elas. (2004) ou Das sonorosas cordas (Eneida, 2005), así como nas estatais Milenio (SIAL, 1999), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesí

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
36 (18%)
4 stars
79 (41%)
3 stars
63 (32%)
2 stars
9 (4%)
1 star
4 (2%)
Displaying 1 - 30 of 34 reviews
Profile Image for Pilar.
194 reviews120 followers
May 29, 2023
Lino mentres o escoitaba en audiolibro con esa prosodia perfecta que caracteriza á autora (está dispoñible de balde na súa web www.yolandacastano.com).

Pareceume unha viaxe no tempo moi conmovedora, sempre ao redor da familia en clave autobiográfica, dende historias da guerra civil ata as descubertas adolescentes, pasando polos apegos e desapegos ata o remate, tan reivindicativo, dos poemas da renuncia a maternidade. Ata rin.
Profile Image for Aletheia.
359 reviews197 followers
May 3, 2025
Poemas duros y potentes, pero que requieren un esfuerzo por parte del lector para el que quizás no era mi momento, sobre todo de la última parte. Probablemente vuelva a ellos y mejoren para mi.
Profile Image for PatriShaw.
195 reviews35 followers
October 27, 2023
Mat(e)ria. Xa é un xogo de palabras dende o título. Porque Yolanda Castaño é unha xogadora fina e irónica que fai póker con corazóns e con bastos.
Este poemario pareceume sentimento pero sobre todo cabeza poética, porque os mesmos estados da súa composición son unha oda ao pensamento poético, ese que existe e que, ao mesmo tempo, reivindica non ter que ser sinónimo de interpretación.
Se ler a Yolanda sempre me gusta, máis aínda escoitala declamar, algo que fai que os poemas gañen en fondura porque, como ela tamén di, a palabra acaba sendo aire: sinxelo e vital.
Profile Image for Andrea Vilar López.
68 reviews2 followers
July 7, 2024
Paréceme un poemario redondo: a materia conformada polos seus estados. Non me chegan as estrelas para a parte do iceberg. Despois… Que lucidez, para falar e non falar da maternidade.

Asi e todo, sinto que eu non conectei con todas as reflexións…
Profile Image for Sariña.
183 reviews14 followers
February 3, 2024
Que experiencia tan marabillosa foi achegarme á escritura de Yolanda Castaño con «Materia». Eses sentimentos do fogar, da familia, da amizade fixeron que nas miñas meixelas nadasen as bágoas. Seguirei descubrindo a obra desta autora con moito gusto e pracer.
Profile Image for Lara.
438 reviews14 followers
August 8, 2022
pensei en darlle un 3 porque algúns poemas non os entendín demasiado ben, pero como o último deixóume maaaal (é dicir, cos ollos chorosos) subo a nota a 4. despois de todo, a poesía baséase nos sentimentos que transmita, non?
Profile Image for João Pinho.
Author 6 books16 followers
November 21, 2022
De um refinamento e sensibilidade fora de série, provavelmente a melhor surpresa literária deste ano de 2022.
Profile Image for Toni.
15 reviews
November 10, 2024
Non lhe ponho 5 estrelas para ser algo imparcial, porque desta mulher sempre vivin namorado. Namorado do seu gusto polo xogo de significados, pola variedade e orixinalidade formal e de contido. Polo tanto non vou dizer nada para alén de que me gustou moito o apartado que lhe adica á renúncia da maternidade e aos seus matices aparentemente contraditórios. Pouco se trata habitualmente sobre este tema dun xeito tan honesto, pois todo é ou defensa do dereito da mulher à escolha ou ataque ao mesmo e romantización da vida fetal.

Pola contra, neste poemário humanicei e descubrín en grande medida as emocións e pensamentos que evoca a decisión da non reprodución, tendo en conta a propaganda à que un-a mulher é sometida dende nena para que sexa nai, si; pero tamén o que é un desexo potencial de todo ser humano e mais a repetición dun ciclo do que xa fomos parte como filhos. Tamén o amor teórico e amargos polos filhos que existiron anos como proxecto e colapsan a medida que a idade avanza e a decisión se fai mais clara. Sublime.
Profile Image for Ant (Tistrya).
153 reviews4 followers
January 26, 2024
Necesito volver lelo porque si e non só para atopar un poema que levar a clase. Gustáronme moito pero creo que non os puiden apreciar como debería e quedei un pouco fría.
Profile Image for mariacrespo.libros.
223 reviews
April 15, 2024
4,25/5 Cunha forza léxica brutal, Yolanda Castaño puxo en verso o meu sentir. Non hai maior sororidade que atoparte nas verbas doutra muller.
Profile Image for Manuel Gil.
348 reviews59 followers
December 26, 2024
Se ben houbo poemas que me gustaron moito moito, o conxunto xeral non o fixo tanto.
Profile Image for Elisa Ramírez.
44 reviews7 followers
December 27, 2023
Algunos no los he entendido, otros me han encantado… (quizás es que no estoy acostumbrada a leer poesía)
Profile Image for Ceel.
62 reviews1 follower
June 3, 2024
“Mi aliento tiene que ver contigo,
como esta voz y el lenguaje”
Profile Image for Lourdes Piñeiro.
255 reviews2 followers
March 17, 2026
Nuestra composición, nuestra materia, nuestro ser, nuestra existencia, nuestras relaciones y en general los diferentes estados en los que podemos hallarlos y hallarnos –líquido, sólido o gaseoso-; con sus luces y sus sombras. Un río subterráneo (líquido?); Iceberg (sólido?) y Nube ou o peso da ingrávida (gaseoso?)
Donde me he sentido más identificada ha sido en la mezcla de sus relaciones personales y familiares con los paralelismos de encauzar su vida o su propia forma de ser, aunque quizás personalmente yo siempre me he sentido y me siento mucho más frágil. A parte de este mundo, he entrado cómodamente en otros dos bloques. Primero, el referido a su búsqueda de palabras, líneas o frases “O que acontece entre nós a diario”. Y el segundo lleva por título “Rexistro de producións orais recollidas en contexto”, aquí surge una selección de frases cotidianas que todos escuchamos y que nos abren o resuenan a muchos de los mundos que nos rodean. A mí también me atraen esas frases a medias, sustantivos aislados que me conducen a territorios tanto conocidos como desconocidos. Finalmente noto que siempre subyace en segundo plano el tema de la maternidad desde sus múltiples perspectivas, aunque destacaría un cierto tono triste y melancólico.
Finalmente destacaría el poema “A miña relación máis longa”. Es fácil sentirte identificada con tu propia casa.
Por otro lado “A casa dos meus país” “nunca defenderá la casa de sus padres” me han gustado su ritmo y su contenido. Además de otros matices, he creído entrever un alegato social contra la usura de la vivienda en la que, desgraciadamente, vivimos actualmente. A través de nuestro club de lectura de la diáspora he conocido un poema de Gabriel Aresti, de 1963 “La casa de mi padre” del libro De Piedra y pueblo y parece evidente que Yolanda Castaño se inspira en él para darle la vuelta. Creo que hubiera sido acertado que la misma poeta indicara esa referencia.
Recomiendo escuchar el recitado de sus poemas por la propia poeta Yolanda Castaño.



VERSOS O POEMAS QUE DESTACO…

 “Modas Lolita Rivas”
“Tiñas dedos de aínda
nena, avoa, e
persistencia
cando criaches a
destreza dun discurso
en labor de gancho;
armada contra o mundo
con malva e tafetá”

“Cose, Lola, cose, non
vaias perder o fío”

“Modas Lolita Rivas
Cortando modelos aos
que se cinxir ou
ceibar”


“Nunca seremos, avoa,
unhas boas amas de
casa.”

“Nunca teremos xeito
para ser mandadas,
avoa…”

“Nós queríamos marcar o
Ritmo do pedal coas
nosas pernas,
cubrir a néboa de
brocados,
trazar a man alzada os
nosos propios
patróns.
Medio século de oficio
ganduxando o
corazón aos dedos.
remendando as roturas
Con filigrana de prata
Xusto antes de que todo
Comece a esfarrapar”

 “O que acontece entre nós a diario”
As frases
empurrándonos.
As frases sabias coma
animaliños.
Sinalándonos co dedo,
deixándonos co cu ao
aire.
As frases perdendo
altura,
as frases
atropelándonos.
Infiltrándose de
incógnito,
vivindo de prestado as
frases.
Asaltándonos polas
costas,
vendéndonos coma
tratantes.
Dándonos golpiños nas
costas e,
ao xirarnos,
desaparecendo.
Adiantándonos pola
esquerda.
As frases esnafrándose.
Facéndonos as frases un
xogo de trileiros.
Emprendendo carreira
diplomática as
frases.
Escapándosenos coma
os comboios.
A mazo e picaraña as
frases.
Abrindo gabias arreo e,
de súpeto,
fulminándose.
As frases
arroupándonos,
manta e té quente as
frases.
Finxindo non saber nada,
as frases facéndose as
parvas.
Nós precipitándonos
pouco a pouco en
cada frase.

 “A miña relación máis longa”

Non é algo para contar
en público, pero
teño unha relación coa
miña casa.

Os vecinos critícanos
porque non nos
amañamos,
sacamos o lixo a
Deshoras, e
sempre hai algo xa roto
que seguimos a
atesourar.

Sei que iría necesitando
outra man de
pintura.
-Vénselle as raíces-
Que loce ás veces roupa
anticuada,
que aínda hai unha
reforma que non lle
viría mal.
Pero xuntas
rememoramos
certas visitas en silencio,
e ela ponme en fronte
dos ollos
cada aresta en que
tropecei.
Sempre hai, na
intimidade, un cuarto
mal ventilado.
Protexemos o segredo
daquela esquiniña
sucia,
gardamos xoguetes
inservibles,
e hai un caixón que non
abrimos xamais.
Sábeo todo de min a
miña casa.
Divírtennos obxectos
parvos que
xa non casan con nada.
Frotámonos a unha á
outra de cando en
vez.
[…]
“Coma toda parella,
prosperamos xuntas.”
“Sabe do meu corpo máis
do que ningúen.
Tamén ela me colle nos
seus brazos cando me
perdo,
chorei no seu colo cada
un dos espantos.
Dei por ela, unha vez,
todo canto tiña.
Ela casou coas miñas
faltas,
eu deille a ela un fogar.”

 “Carta ao irmán”

“Ata os fillos únicos
precisan dun cutter
para descoser o
pegamento dos
albums familiares.
Para canto máis.
Non é doado herdar
zapatos
e despegarlles das solas
as pegadas.
[…]
Mamá e papá tiveron
que afacerse
a recollernos utopías e
blasfemias pola casa
coma se fosen
pétalos.
Necesitabamos
Comprobalo por nós
mesmos.
Apearnos das
chaquetas, frases
feitas e apelidos.
Saír a encontrar esa
parte do noso corpo
que vivía na espesura,
xusto onde ninguén
buscara.

 “Canción do mariño mercante”
“O estómago de meu pai
non dixire ben o tempo.
Marchou un día
navegar,
botou trinta anos
regresando.”

 “ A casa dos meus pais”

“Purgareime da ancoraxe
dunha idea de clan
e das torgas do sangue e
poder da pertenza
e non defenderei a casa
dos meus país,
escoltarei o seu rastro
onde estean de
alugueiro.
Se hai alguna relación
entre útero e familia
habería que estampala
contra ese muro de
cemento.

 “O PESO DA INGRÁVIDA”
A xente devece por
multiplicarse.
Eu,
dividiríame.

 “REXISTRO DE PRODUCIÓNS ORAIS RECOLLIDAS EN CONTEXTO”
Profile Image for Guio.
69 reviews
November 20, 2023
no sé muy bien cómo puntuarlo porque algunos poemas me han gustado mucho y otros no los he entendido...
Profile Image for Helena.
284 reviews2 followers
December 29, 2025
Só queriamos capacidade
para ter capacidade, un pouco de sol, un grito,
liberdade para equivocarnos, Alberto,
liberdade para equivocarnos.
Profile Image for Ana Arias Castro.
253 reviews8 followers
March 23, 2025
Hai un par de días polo Día da poesía foi unha gran ocasión para reler unha das obras que máis me gustou estes últimos meses. É Materia de Yolanda Castaño.

É esta una obra moi reivindicativa e feminista coa lingua persoal e recoñecible da autora que tanto me gusta e chea de imaxes sensoriais, por veces insólitas e sempre moi potentes.

Non sabería moi ben con que poema quedarme porque o conxunto é moi equilibrado pero gustoume pola súa temática, "Modas Lolita Rivas" na que o vocabulario da costura está finamente cosido nesta reivindicación do traballo liberador da costura, como metáfora da vida da feminista.

Tamén me chegou moi dentro "Primeira casa", esa forma na que o corpo lembra a nosa primeira vivenda, como nos impregna aínda que esa casa non teña nada especial salvo para nós porque constitúe a base da nosa xeografía persoal.

Tamén me parece un exercicio moi persoal esa alusión á familia que percorre o poemario: Carta ao irmán, Canción do mariño mercante, A casa de meus pais, Chumbo. Esa forma na que a familia, especialmente a nai consegue ser a chumbada que dá a vertical nesa construción que somos cada un de nós.

Unha obra preciosa para volver a ler en calquera momento.

#nadamellorcaler #yolandacastaño #materia #poesía
2 reviews6 followers
May 30, 2025
As 5 estrelas van para o último poema, "Suspendida", que conectou comigo, a un nivel emocional profundo, e evocou imaxes e sensacións que me fixeron ter que deixar de ler, para non derramar unha bágoa sobre este fermoso poema, que me deixa unha impresión eterna de emoción e nostalxia. Algúns dos meus poetas favoritos son: Alejandra Pizarnik, Ida Vitale, Idea Vilariño, Wislawa Szymborska, Francisco Brines, Felipe Benítez Reyes... e por este poema tamén o é Yolanda Castaño.
Profile Image for Borja Fernández Suárez.
150 reviews3 followers
October 24, 2024
Más que poesía me ha parecido un recopilatorio de aforismos porque, a excepción de dos o tres poemas, carecen de ritmo. Versos con punto final y sin un hilo conductor claro que me recuerdan más a la poesía elevada que a nada que pretenda "cuestionar lo establecido" como dicen en el comunicado en el que anuncian el premio. Decepcionante.
Profile Image for Nico Carreira Pena.
25 reviews
December 24, 2025
Quizais non o libro máis accesible da poeta, pero con cumios literarios, especialmente no terceiro acto. Os versos sobre a maternidade e a non-maternidade rachan a alma polos lugares máis escuros: a realidade apagada.

Os poemas «A roda da fortuna», «O peso da ingrávida» e «Suspendida» lánzante a un lugar devastador. O futuro é atrás.
Profile Image for JuanjeM44.
98 reviews
January 29, 2024
Algunos poemas me han encantado, el problema, como con casi todos los libros de poemas, es que al acabarlos no me deja ningún recuerdo o sentimiento. Obviamente, el problema es mío, no he conseguido todavía que la poesía me trascienda.
Profile Image for Gonza M Fontán.
246 reviews13 followers
February 8, 2024
Encantoume en xeral só que as partes máis relativas á maternidade aínda que me encante a súa mirada sobre o tema é un tema que me interesa pouco pero en xeral precioso

«A muller leva no colo as súas propias palabras
para ocultar, co peso, o tremor que a sostén»
Profile Image for Silvia Zuleta Romano.
Author 12 books53 followers
August 2, 2025
Con la poesía me parece prematuro sacar una conclusión. Tengo que leer más a fondo el libro. Creo que es más prosa poética. Pequeñas historias muy ligadas a la tiera, al cuerpo, a lo femenino. En ese sentido, plantea un enfoque interesante. Necesario leer más.
Profile Image for Elena VS.
37 reviews
January 4, 2024
Paga a pena lelo polo poema "E", pareceume boísimo e de lectura obrigada. Non acostumo a ler poesía e costoume entender alguns versos ou poemas enteiros
Profile Image for María Nieto.
Author 2 books11 followers
April 23, 2024
A forma na que Yolanda traballa as palabras non é comparable a case nada. Que delicia de poemario.
Profile Image for Alberto.
433 reviews20 followers
April 23, 2024
Escoitado, grazas á recomendación dun usuario, desde a páxina da autora. Bo libro de poesía.
Displaying 1 - 30 of 34 reviews