What do you think?

Exeria, precursora da cultura galega
Houbo mulleres tan transcendentes na historia da humanidade que lograron renovar o curso de culturas milenarias.
Algunhas son famosas e foron debidamente admiradas xa no seu tempo, como Enheduanna , a poeta máis antiga da que se coñece o seu nome; ou Safo de Lesbos , quen na época arcaica de Grecia compuxo tesouros que aínda hoxe se recitan; ou no medievo Christine de Pizán , a primeira escritora profesional de quen temos constancia que cobrou polo seu traballo.
Seguramente existiron moitas outras mulleres que quedaron no anonimato a pesar de contribuír decisivamente no avance da civilización, e serían moitísimas máis as que, por desgraza, non puideron superar os obstáculos cos que se atoparon para ofrecer a súa achega.
Neste ensaio centraremos a atención no recordo de Exeria , unha muller admirable que influíu no devir do coñecemento histórico que hoxe temos daquela época. Foi unha auténtica pioneira sen ela sabelo, participante destacada nos cimentos da cultura que agora nos impulsa.
Viviu no século IV e tardamos 1500 anos en recuperar a súa obra, en darnos conta do esplendor que ofrecía, en asombrarnos pola creatividade tan avanzada ao seu tempo. Ata 1903 non se descubriu a autoría do manuscrito sen firmar que apareceu vinte anos antes nun vello códice, mesturado con outros documentos.
O texto remata cun desexo soñado en Constantinopla, na última carta dirixida ás súas amigas que quedaron na “Señoras, miña luz, dignádevos gardarme na memoria tanto se sigo no meu corpo como xa fóra del”.
É un relato de gran valor histórico como testemuña da vida social na antigüidade e tamén dunha enorme importancia cultural, porque se anticipou ao desenvolvemento de xéneros literarios, evolucións lingüísticas e pensamentos civíticos de identidade.
Exeria foi unha muller cunha grande afouteza e disposición de espírito que a levou a acometer longas viaxes sen temor aos perigos e dificultades. O seu legado é unha obra tecida dende a empatía e a sensibilidade feminina, unha achega revolucionaria que sentou precedentes.
Nos últimos anos, aínda de maneira moi incipiente, a figura de Exeria vai coñecéndose por fin, e hoxe en Galicia podemos descubrir algúns anacos do seu recordo. Pouco a pouco, é esperanzador ver como o seu esforzo por deixar un legado na memoria, pagoulle a pena.

140 pages, Paperback
Published March 14, 2022
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
No one has reviewed this book yet.