Publicado en 1888, o divino Sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontífice León XIII.Mediante a deformación da Divina Comedia de Dante, Manuel Curros Enríquez utiliza esa obra como modelo para caricaturizar o mundo clirical da época e certas institucións e personaxes do mundo político e cultural galego. Trátase dunha obra de grande vigor expresivo e forte sentido narrativo. Tremendamente polémica no seu tempo, foi unha das obras galegas máis lidas e editadas.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
Sátira revolucionaria e súper ben formada oara a época, hai partes que non se dan ben entendido como o da Santa Compaña ou o contexto, pero a crítica enténdese perfectamente. Non é da miña época polo que no xenera a mesma revolución en min pero recoñezo o rompedor que é. Houbo partes que me fixeron moitísima gracia e expectación como o vagón da luxuria 🥵 e outras que me traumatizaron e me deron náuseas como a da gula 🤢#trauma.
Encantoume! Adoro a Curros de por si, mais a idea que sustenta esta obra paréceme sensacional. Aínda que é poesía, ten unha linguaxe ao alcance de calquera lector. Simpática, áxil e cunha mensaxe moi clara. Estou fascinada, volvereina ler!