A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible. Cun estilo rotundo, directo e moi estilizado, en «Non temerás os coches amarelos» preséntasenos a militancia da protagonista contra o machismo, a súa crenza na violencia para erradicar a violencia, pero tamén a vida da última xeración que estivo en contacto coa terra, o elo entre a Galicia rural e a Galicia urbana, as experiencias dos emigrantes nas plataformas de petróleo ou dos que traballaban nas minas de volframio. Historias da vida que se mesturan coas historias que se viven, e se escriben, cada día nun xornal.
Altamente recomendable! É un libro que roben que ler moi amodo, xa que traía moitos recorros da miña avoa, da súa vida, das dificultades da xente que adicou a súa vida ao campo...quentoume o corazón e as meixelas...tróuxome bágoas aos ollos ...oxalá chegue o día en que as mulleres non temamos aos coches amarelos
Maravilloso. Encántame como se vai construíndo a trama a partir de pequenos relatos da vida da protagonista intercalando as súas vivencias como nena cas de adulta. A autora vai deixando sutís indicios do que pode pasar e o final non defrauda.
Libro moi evocador para os que temos recordos das casas da aldea, dos avós, do costumbrismo do rural. Por outra banda, deixa moita subtrama aberta, sen afondar en ningunha polo que as persoaxes quedan incompletas, e deixa ao lector con sensación de querer máis.
Me ha gustado indudablemente más,detective ferruchi, el segundo libro de Marta Villar pero, tengo que reconocer que, este me ha enganchado también porque, de forma muy sutil se van tratando un montón de problemas sociales, sin ser ninguno de ellos el centro de la novela y, al mismo tiempo, configurando todos ellos el universo de la protagonista , mujer llena de contradicciones y de sucesos que marcan su día a día . Que bien se describe el mundo rural gallego,sus labores y preocupaciones diarias;el mundo de los cuidadores y su desgaste ; las pocas soluciones que da la justicia al maltrato de las mujeres y los sentimientos que retumban en nuestras cabezas a diario.Muy recomendable.
Un libro donde la.autora non habla dela salud menral, de los miedos, del machismo y la violencia dentro de las casas, de los silencios de muchas mujeres que sufren violencia. Nunca más debemos temer a los coches amarillos✊
una historia para la última generación del rural, que me llegó muy dentro a pesar de no pertenecer a ella por la cercanía geográfica y la rabia feminista que bulle dentro de mí y también de estas páginas.
🚕Este mes, a lectura conxunta do noso clube de lectura foi "Non temerás os coches amarelos" da malpicá Marta Villar. Unha novela dunhas 300 páxinas que fai un percorrido pola vida da protagonista, Dina, dende a súa infancía até a vida adulta.
❤️🩹Grazas as lembranzas de Dina observamos un contexto e un telón de fondo que nos fala da vida no rural, do machismo, dos traballos antigos, da minaría de Wolfram... entre outras moitas temáticas que nos van achegando a vida Bergantiñá do século pasado, e tamén a actualidade.
👣A novela está ambientada en zonas achegadas coma Malpica de Bergantiños, de onde é a protagonista, Carballo, Monte Neme, Compostela ou a Coruña entre outros lugares. O que a fai aínda máis interesante para as persoas que habitamos estos lugares.
💫A narración, ao comezo parece algo caótico, xa que a través de capítulos moi curtos vas dando saltos no tempo na vida da protagonista, que te van levando a infancia e retornando a actualidade, pero que son moi necesarios para entender ese contexto da vida de Dina que nos vai facer entender o que é, e como é na actualidade. Todas as feridas e cargas que arrastra e que forxaron a súa personalidade.
💛É unha lectura moi agradable, para disfrutalo a pequenos groliños, a pesar de ter capítulos curtos non predomina a axilidade na lectura, xa que te vai facendo reflexionar sobre moitas cousas, e che vai ofrecendo datos moi interesantes que dixires aos poucos. Malia todo isto é unha lectura sinxela, e ao meu parecer moi amena.
📚Recoméndovola a todxs, pero sobre todo se sodes da zona, tedes que leela si ou si!!!
@martaivillar (Malpica, 1973) é xornalista (laopinioncoruna) e escritora. Este mesmo ano publicou a súa primeira novela «Non temerás os coches amarelos» en @edicionsxeraisdegalicia.
Conta a historia de Dina Souto, unha moza que traballa como bolseira dun xornal, que vive nunha dualidade contradictoria: ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal. Dita violencia provén dun episodio do seu pasado que, de cotío, regresa ao seu presente.
«—Nunca unha vitima —di Dina. —Nunca unha vitima —repite Sandra.»
Lina grazas aos préstamos dixitais da @bibcoruna (nunca lle agradeceremos suficiente a súa importantísima labor) e foi dos descrubrimentos que gardo con máis alegría e agarimo das novidades literarias de este ano. O certo é que adoito desfrutar enormemente das primeiras novelas dunha autora: teñen moito agarimo, moitísima ilusión, e moita xenuinidade. Nunca se quere tanto a unha obra como á primeira, ou máis ou menos.
O certo é que Marta Villar ten un estilo moi propio. Pulido, moi costumbrista, e de digna soberbia (no bo sentido, claro) que fai que a lectura sexa moi confortante. Por decilo dalgún xeito, dende o inicio as palabras saben a onde van, as personaxes teñen un corpo é unha presenza fantásticamente definida e, para máis importancia, a trama principal é consistente e moi aditiva.
«Dina [...] non entende como se pode lembrar un peso]».
A obra, claro está, é dun fondo feminismo de denuncia á violencia machista. A voz de Dina exerce unha loita activa contra a mesma, dende una primeira persoa. Pero tamén reflexa moitas outras inquietudes sociais: a vida rural, os coidados, os traballos duros, a emigración. As historias da xente cotiá mestúranse coa historia de Dina e das súas amigas.
Trátase dun libro moi poderoso, altamente recomendable é, ademais, innovador na súa forma e nas súas pezas. Desexando descubrir máis de Marta Villar. Fácedeo vós tamén!
«Xamas serei unha vitima, xamais serei unha vitima, xamais serei unha vitima».