As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio. O temor intenso das paisaxes do pasado nunha novela que conmove e impresiona.
Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964). Cursó estudios de Derecho en la Universidad de Santiago de Compostela y actualmente trabaja como funcionario de la Administración Autonómica. Es uno de los narradores de más prestigio de la narrativa gallega contemporánea y, entre su obra, traducida a varios idiomas, destacan los títulos Valquiria (Ed. Novo Século, 1996), Premio Camilo José Cela de Narrativa; Parque Central e outros relatos (Espiral Maior, 1996); A historia de Chico Antela (Espiral Maior, 1997), Accésit en el Premio Manuel García Barros de Novela; A quinta de Saler (Galaxia, 1999, 3ª ed.), Finalista en los Premios de Narrativa Torrente Ballester y Xerais de novela; Animalia (Galaxia, 1999, 2ª ed.), Premio Café Dublín de Narrativa; As rulas de Bakunin (Los hijos de Bakunin) (Galaxia, 2000, 6ª ed.), Premio Manuel García Barros de Novela, Finalista en el Premio de la Crítica Española, en el Blanco Amor de Novela y en el Premio Bispo San Clemente; Homónima (Galaxia, 2001, 2ª ed.), Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa; Cartafol do Barbanza (A Nosa Terra, 2002); A canción de Sálvora (A Nosa Terra, 2003); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (Lethes, 2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005, 2ª ed.); A voz do lago (Galaxia, 2007, 3ª ed.); Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista del Premio de Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (Bourel, 2010); O paso do esquecemento (Lethes, 2011); y Laura no deserto (Laura en el desierto) (Galaxia, 2011, 4ª ed.), Premio de la Crítica Española, Premio de Narrativa de la Asociación de Escritores en Lengua Gallega, Premio Frei Martín Sarmiento y Finalista en el Premio de Novela Europea Casino de Santiago; Acordes náufragos (Galaxia, 2013, 2ª ed.). Así mismo, ha participado en infinidad de publicaciones colectivas y muchos de sus relatos fueron reconocidos en los noventa en casi un centenar de certámenes tan prestigiosos como el Manuel Murguía, el Modesto R. Figueiredo del Pedrón de Ouro, el Max Aub de Cuentos o el NH*** de relatos. Es hijo predilecto de Xinzo de Limia, hijo adoptivo del ayuntamiento de Baltar, juez honorario del Couto Mixto y fue presidente fundador de la Asociación Cultural Barbantia.
O meu primeiro achegamento á obra de Antón Riveiro Coello deuse por motivos persoais con Laura no deserto. E gustoume, gustoume moito. Así que só pasaron unhas semanas ata que me lancei con outro dos seus libros de máis sona: As rulas de Bakunin
A trama desenvólvese a partir da vida dun personaxe, un militante anarquista, aínda que a historia principal é a colectiva, non a individual. Está contado ademais de xeito non lineal, dando saltos atrás e adiante no tempo en cada capítulo; algúns deles ademais son cartas que o protagonista lle escribe á súa finada esposa.
A lectura faise agradable pois ten un estilo moi áxil que permite avanzar na historia rapidamente (ben máis que en Laura no deserto, máis denso e elaborado). Dous de dous levo con Riveiro Coello, recomendaría a calquera os dous libros que (de momento) lin del.
Como dicía, a novela ten un protagonista claro, pois el é o fío conductor ao redor de quen se desenvolven todos os feitos, pasados e presentes, pero é moito máis. Non é un libro sobre o anarquismo, nen sobre a Guerra Civil, nen sobre a emigración, nen tampouco unha historia de amor. É un chisco de todo iso en pequenas doses, aderezado cunha ambientación -na zona da Coruña sobre todo- bastante lograda, que te sumerxe nos sitios que coñeces e che permite imaxinar os que non coma se tiveses paseado longamente por eles.
Por momentos emprega unha linguaxe poética moi poderosa, o problema é que a historia a pesar da súa aparente estructura complexa, é moi convencional e previsíble, até bastante artificial ao non acadar profundidade psicolóxica na maioría de personaxes. De calquera xeito, por estes breves momentos poéticos, sen dúbida pola historia do Lambeconas e polo libro que ten que memorizar o protagonista é unha lectura que paga a pena.
Un alarde de estilo, un ejercicio de estructura. Una historia contada innumerables veces con sabor a nueva gracias a vocablos de regusto arcaico. Sesgada, partidista,… Tierna a ratos, bucólicas descripciones. Sus personajes acaban bien, mal, regular, como la vida.
Asaltoume un dejavu mentres estaba a ler este libro aínda que coido de levar a conta de tódolos que leo ou por aquí, ou na miña memoria...De calquera xeito, Mooooi de acordo con esta novela, abraiada pola tremenda voz poética de Antón ou como diría el "esa maxia demorada do tempo lento, ese esplendor leceroso e abandonado que enreda coa eternidade" (nótase que se desenvolve mellor nos relatos curtos). Tamén, o seu xeito de argallar tintes feministas a unha novela magnificamente ambientada e con moita simboloxía, como cinzas agochadas pero necesarias para prender lume ao fascismo. Iso si, Bernardo Figueiras cabrón!
Una historia interesante, bien contada y con la originalidad de mostrar una vida cotidiana preguerra no demasiado habitual. La metáfora del libro, de las palabras, de la memoria, como algo que le puede salvar a uno la vida me parece llena de sentido y delicadeza.
Unha fiestra ós lugares e sociedade na que viviron meus bisavós e avós, ó pe do Xalo e a cabalo entre a Cruña, Celas e Vilaboa. Quizais ás veces demasiado enrevesado na escrita, ás veces un tanto artificial cos sucesos, pero nada que non se compense tamén con momentos bonitos e reais para moita xente. Decente!
Una de las mejores novelas que he podido leer en mucho tiempo. Una gran sorpresa porque compré este libro sabiendo poco de él (lo vi en una lista de recomendaciones de libros en gallego) y sin prejuicios. As rulas de Bakunin cuenta la vida de Camilo, un anarquista, con un estilo literario riquísimo y poético, donde se nota que su autor es un gran conocedor de la lengua gallega y además un narrador de primera. Su cuarenta y un capítulos se encuentran separados por muchos años y se narra de manera alterna en distintas lineas temporales: el presente, en el que el viejo Camilo busca un libro importante para él, su vida como represaliado, su infancia... No se, es una de las lecturas que más agradables se me han hecho en mucho tiempo. Si buscas una novela llena de personajes interesantes y lecciones de vida, drama y exilios, cárceles, guerras, este libro de seguro que te agrada. Dies de dies 100%.
As consecuencias dos dous golpes de Estado na Galicia de principios de século a través dos ollos de un vello anarquista, cuxos ideais estaban fortemente ligados ó benestar do pobo e dos individuos, apoiando a igualdade dende o feminismo na búsqueda de dereitos.
Mais que unha historia de política, e unha narración da vida de Camilo, dende a sua nenez ata a vellez. Unha historia de amor principalmente, entre un neto e o seu avó, de un mozo a súa moza, entre amigos, e sobre todo á Terra.
Este libro saca moitas emocións: risa, medo, angustia, tristeza, xiros inesperados... Como na vida mesma, hai lugar para todas.
Cada personaxe é importante e aporta diferentes realidades das consecuencias dos golpes de Estado, como lle afectaron a súa vida e os sacrificios que tiveron que facer, tanto os que emigraron ó exilio como os que quedaron.
Conseguí este libro de pura chiripa durante un viaje de fin de curso a Granada (allá por el año 2008), en un puestecillo que pasaba desapercibido y por 3 euros. En ese momento no sabía lo que tenía entre manos, pero en tan solo dos días (durante el tiempo que teníamos libre durante el viaje), lo devoré. No es un grandísimo libro y seguramente para la gran mayoría sea uno más, pero yo encontré algo en él con el que conecté enseguida, me removió mucho por dentro. Tal vez porque empaticé enormemente con Camilo, nuestro protagonista; tal vez por la temática en sí; tal vez por la pasión que hay en la historia que se nos narra... me pareció y me parece un libro especial, una maravilla. Novela ambientada en la Guerra Civil Española, la post guerra y la actualidad, con saltos del presente al pasado del personaje principal. Un viaje por su memoría. Lo recomendaré siempre.
Unha historia que nos axuda a coñecer o pasado do noso país, a Galiza do século XX, da man de Camilo, un home como outro calquera, loitador, defensor dos seus ideais e portador dun orgullo que só a fidelidade ao que es che concede. Unha trama interesante e política contada de xeito extraordinario mediante a fermosa pluma de Antón Riveiro Coello, gran autor galego cuxa prosa está impregnada dunha enorme riqueza e beleza léxica que semella ser un don.