Jump to ratings and reviews
Rate this book

Nom estamos quebrades

Rate this book
Depois de romper com o seu moço, Eva, estudante de filologia, começa a questionar a sua sexualidade, o seu jeito de relacionar-se com es demais e sente a pressom do entorno por encaixar. Porém, com a ajuda do seu melhor amigo e outras persoas que topa no seu caminho, começa a entender o que lhe está a acontecer. Nom estamos quebrades é umha novela sobre a amizade, sobre a importáncia de tecer redes, sobre aprender e construir, sobre querer e querer-se, sobre entender que nom há nada de errado em nós.

135 pages, Paperback

First published April 3, 2023

2 people are currently reading
29 people want to read

About the author

Nee Barros Fernández

7 books29 followers
Nee Barros Fernández nasceu no 2002 e, quando era pequene, comia as sopas de letras por ordem alfabética. Agora que medrou, usa essas letras para escrever, criar e queixar-se. Custa-lhe muito definir-se, mas gosta de reivindicar-se como queer, autista e orgulhose. Gosta também da cor azul, dos animais e dos livros de Alice Oseman. Nom gosta das multitudes, nem dos ruídos mui altos, nem da luz mui forte.

Nas redes é divulgadore cultural e ativista baixo o nome de @neeumatiko. Podes encontrá-le principalmente no seu canal do YouTube a falar de livros e realidades LGBTIQA+. Em literatura, escreveu a obra de teatro "Identidade. A normalidade do non-común", a novela "Nom estamos quebrades" e autopublicou os "19 poemas para um VÍRUS-19".

Para falar de Nee podes usar tanto o género gramatical (o pronome!) neutro como o masculino. Elu está feliz de que ê leas. Ele está feliz de que o leas.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
20 (42%)
4 stars
15 (31%)
3 stars
10 (21%)
2 stars
1 (2%)
1 star
1 (2%)
Displaying 1 - 10 of 10 reviews
Profile Image for Lara.
407 reviews14 followers
May 2, 2023
como dixo Gupi no concerto/performance da NYU: AAAAAAAAAAAAAAAAAAAA (aviso: o vídeo contén luces fortes)

por onde empezo? por onde empezo agora eu? de que falo? da gran representación autista que é Eva? da forma na que é tratada a identidade e entenderse a un mesme en todo o libro? de Edu e do resto de amigues?

si que teño que dicir que eu esperaba un libro bonito e cuqui, pero pola páxina 90 aprox pasaron *cousas* que me deron un mental breakdown que por pouco chorei (e eu case nunca choro con obras ficticias). en xeral, aínda que o libro vai de amizades e de aceptarse tal e como un é, Eva ten que percorrer un camiño non moi sinxelo para chegar a iso. PRODUCÍAME MOITO ESTRÉS porque i'm in this picture and i don't like it. sobretodo cando se relacionaba cos demais: moitos dos seus medos e ansiedades foron/son meus, así que velo plasmado na obra fíxome ter un momento de conexión mental con ela e sentir todo o que sentía e o que lle pasaba como propio. tamén ler como trataba de ignorar a súa incomodidade polas súas necesidades por encaixar contribuíu a esa sensación de a.

e isto podo fialo cunha cousa que é spoiler e a orixinaria do meu mental breakdown:

non sinto que poida desenvolver as miñas ideas moito maís, así que so vou engadir que Hafsa cáeme moi ben. biquiños pra ela. tamén Ramom un desastre con patas, grazas por tanto perdón por tan pouco.

en conclusión: moi bo libro. para as poucas páxinas que ten fíxome pensar en moitas cousas. moi reletable (incluso no que doe). e cunha playlist de música en galego moi chula!
Profile Image for Raúl.
118 reviews3 followers
April 15, 2023
É un libro que che deixa o corazón quente. Ten unhas vibras moi semellantes a Heartstopper e aos libros de Alice Oseman ou mesmo de Andrea Tomé. É lixeiro e conta con moitísima representación.

Fala sobre amizade, sobre descubrirse a un mesmo, sobre loitas sociais. Sobre a lingua tamén dalgún xeito.

Todo iso escrito en galego reintegracionista. Pero que ninguén se apure, ao ser tan curto e ao empregar un ton xuvenil enténdese sen ningún tipo de complicación.

Lede 'Nom estamos quebrades'! É unha marabilla.
Profile Image for Fer.
149 reviews11 followers
May 5, 2023
Um livro que se percebe como escrito desde a empatia e o coração.
Um exemplo de que a "literatura juvenil" pode tratar as pessoas leitoras com respeito e oferecer histórias nada superficiais.
1 review
April 25, 2023
A mellor representación autista que vin, con temazos en galego e un plot chulísimo. 10/10 would recommend.
Profile Image for maría.
98 reviews17 followers
April 17, 2025
había moito tempo que non me sentaba a ler un libro e non o soltaba ata rematalo, pero chegou este

paréceme un libro moi necesario (e máis aínda tendo en conta que se encadra no marco da literatura xuvenil!!!), cunha representación do autismo e da disidencia de xénero moi elaborada e tamén moi necesaria para a adaptación da narrativa galega á sociedade de hoxe en día

mención especial ás referencias á facultade de filoloxía, á resi do burgo e ao curruncho 💗

10/10 recomendadísimo, foi todo un descubrimento ❤️‍🩹
Profile Image for Meiga.
235 reviews16 followers
October 2, 2023
A existencia de libros coma este debe ser celebrada. Trátase dunha novela xuvenil escrita en galego reintegracionista con representación autista e LGBT+, que versa sobre as amizades e aceptarse a un mesme. Nela atoparás personaxes adorables, linguaxe inclusiva, dificultades propias dos coming-of-age realistas e moito máis, pese a súa curta extensión.

A representación é sublime, cotidiana e ordinaria, pero sen esquecer as dificultades que pertencer a algunha minoría pode acarrear, tanto para un mesme como á hora de relacionarse con xente de diferentes círculos ou encaixar en diferentes ambientes, como poden ser a festa ou a universidade. Todo isto explórase dende diversos puntos de vista.

Aínda que Eva é a protagonista indiscutible e cumpre fenomenal con este papel, os secundarios están creados con igual de mimo e son máis que unha ferramenta na viaxe de descubrimento e aceptación da protagonista. Isto é especialmente resaltable no caso do seu mellor amigo, Edu, que é un personaxe complexo coas súas propias motivacións e perspectivas sobre o que sucede. A amizade entre ambos, con altos e baixos incluido, foi o que máis desfrutei da obra.

Como xa mencionei, é unha obra escrita en galego reintegrado. Non obstante, non me resultou difícil de ler, xa que o estilo é sinxelo e lixeiro. Ademais, estaba cheo de referencias a cousas que me resultaban familiares, o que o traía moito máis preto do corazón e facilitaba a conexión emocional.

En conclusión, paréceme unha novela moi importante polos temas que trata e pola maneira na que o fai. A xuventude de autore é un gran punto ao seu favor. Nee Barros chegou para quedarse e revolucionar as letras galegos. É toda unha inspiración!
Profile Image for Álex.
109 reviews
December 7, 2023
Nom estamos quebrades es un libro escrito creando la mezcla perfecta entre la narración de algunas de las dificultades que tenemos los autistas en el día a día, y la amistad creada entre Eva y Edu, dos compañeros de estudios que parecen conocerse tan profundamente que a veces olvidan que esto es así…

Me parece un libro genial para el público juvenil (y también para el que no lo es) que tenga cualquiera de las típicas dudas que puedan tenerse a esas edades: chicos, chicas, sexualidad, amistad, compañía… Punto de más que esté además escrito en gallego, porque aunque no tengas ni idea de la lengua, vas a poder leerlo sin problemas.
Profile Image for Miriam Vigo.
Author 12 books207 followers
December 7, 2023
'Non estamos quebrades' de @neeumatiko foi merecedora do premio María Victoria Moreno deste ano. Chega a nós pola editorial @cuartodeinverno. Eu celebro que se publiquen estas obras, de xénero xuvenil, polo necesarias e entretidas que son para todas as idades.

Lina nun anaquiño destos escasos que teño para o café entre oficina e oficina, e prendoume Eva e as súas relacións. Pensaba: «que sorte rodearse así de persoas que comprenden e respectan». Plantexeime se tiña un pouco de utopía, pero os momentos amargos da protagonista dánlle o realismo e afastan as relacións da perfección.

A auténtica protagonista da novela é a diversidade, bastante presente nas páxinas. Esta diversidade que se adiviña moi baleira se non se tecen as redes que se precisan para poder vivila con dignidade.

Lectura recomendada para todas, moi en particular para as xuventudes con inquietudes e para as adultas con cuestións a resolver.
Displaying 1 - 10 of 10 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.