Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega. Nacionalista de corazón e de razón, mantivo unha trax¬xectoria firme, sen traizoar nunca os seus ideais. Membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, activista universitario, fundador de Editorial Galaxia, codirector da revista Grial, director da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega, tradutor, editor e articulista incansable, son algunhas das innumerables facetas de quen se definía como “un optimista radical”. Velaquí, con ese espírito, o retrato de quen queimou a vida na construción dunha Galicia dona de seu.
O soño dunha Galicia dona de seu inspirou o arduo traballo coma intelectual de Francisco Fernández del Riego ao longo da súa dilatada traxectoria, de xeito que estudar a súa biografía é poñerse en contacto coas forzas vivas da historia da cultura galega ao longo do século XX. Malores Villanueva o visitou asiduamente na súa derradeira etapa para rescatar as imaxes e os fíos que compoñían a súa memoria, para que puidera facer o legado do seu testemuño.
Ficamos co traballo infatigable de Del Riego, sempre, para fortalecer a cultura galega, para xestionar este segundo rexurdimento que tivo lugar dende o exilio interior.