'O Porco de Pé' é unha novela satírica de Vicente Risco publicada en 1928, ambientada nunha vila ourensá a comezos do século XX. A parodia e a crítica da sociedade da época nunha novela que significou a entrada da narrativa moderna na literatura galega. É unha das obras máis emblemáticas e importantes da narrativa galega. O protagonista, un comerciante chamado Celidonio Latas Tinajero, consegue ir ascendendo na escala social ata chegar a alcalde da vila de Oria, trasunto da Ourense natal de Risco. Á zafiedade e ignorancia deste comerciante, opónselle a personalidade do doutor Alveiros, representante da vida intelectual. Na súa obra, Risco satiriza o gregarismo e a vulgaridade, a sociedade burguesa, a hipocrisía dos políticos e a homoxeneización das ideas.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.
Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.
Escáchome con Vicente Riso, don Celidonio e toda a caste de mequetrefes que compoñen O porco de pé. Anque a novela perde un pouco o ritmo nalgúns momentos, mantén sempre un certo ton e dinamismo e é breve dabondo para non resultar pesada nunca. O retrato da Galiza caciquil, do servilismo dos señoritos perante as luminarias de Madrid, da banalidade ideolóxica das élites da Restauración e da sociedade en xeral fan deste libro unha das testemuñas máis críticas da literatura galega, pero tamén unha dos máis divertidas.
0,5/5 🌟 • Solo he leído O porco de pé y fue, cómo no, una lectura obligatoria para la asignatura de gallego. Sin lugar a dudas será el libro que menos me guste de todo el año y, probablemente, de toda mi vida. Esto se debe no solo al argumento, sino también a la forma en la que esta escrito: es muy difícil de leer debido a las largas enumeraciones, episodios extraños y confusos, no hay división en capítulos por lo que se hace muy pesado... Además, el argumento tampoco ha sido mucho mejor: no empaticé con ningún personaje, la mayoría de la trama trata sobre política, etc. En definitiva, no es una lectura ligera a pesar de su corta extensión y no la recomiendo.
Está simpático, di cousas importantes, é en Ourense. Rinme en alto numerosas veces. Ten razón en casi todo o que di e non me explico como é que Risco deixou de ser alguén.
"O porco de pé" de Vicente Risco é unha novela que destaca pola súa sátira mordaz da sociedade galega e española de principios do século XX. A historia céntrase en don Celidonio, un comerciante ambicioso e materialista que ascende na escala social ata converterse en alcalde do seu pobo. Risco contrapón este personaxe co doutor Alveiros, un home culto e espiritual, para resaltar a ignorancia e avaricia da clase política e burguesa da época.
A novela está chea de humor e ironía, con constantes referencias eruditas e enumeracións que enriquecen a narrativa. Con todo, este estilo denso e detallado pode resultar complicado e ás veces confuso, o que dificulta a súa lectura. A pesar disto, Risco logra pintar un retrato vívido e crítico do seu tempo, mostrando como o materialismo e a aparencia prevalecen sobre a razón e a intelixencia.
Un dos puntos máis destacados é a crítica á sociedade capitalista e á corrupción política, personificada en don Celidonio, quen cambia de ideoloxía segundo a súa conveniencia. Este personaxe preséntase como un home vulgar e egoísta, o oposto ao idealista e recto Alveiros.
A obra tamén se caracteriza polo seu ton pesimista, criticando non só á clase política e burguesa, senón tamén ao obreiro e ás ideoloxías socialistas e comunistas. Risco utiliza esaxeracións groseiras para subliñar os seus puntos, o que reforza a sátira pero tamén pode alienar a algúns lectores.
Se ben é certo que a súa complexidade e estilo poden resultar desafiantes, para aqueles que perseveran atoparán unha crítica profunda e entretida da sociedade da época. É por iso que lle outorgo tres estrelas polo seu valor literario e satírico, aínda que a súa dificultade e o exceso de descricións poden dificultar a experiencia de lectura para algúns.
Non me estraña que a chamen da primeira novela galega moderna. É unha representazón caralluda das transformacións sociais, culturais e económicas que viveu a sociedade occidental, polo tanto europea, polo tanto española, e polo tanto galega, no primeiro terzo do século XX. O autor trata estos temas cun tono humorístico, empregando a ironía para atacar a seica tódolos compoñentes do novo orde social. E unha novela moi sinxela de ler, que fai rir as gargalladas, e ademais incorpora unha visión crítica do seu tempo máis que interesante.
Unha sátira da sociedade de comezos do século XX, que en moitos aspectos non difire tanto da actual. Para comprender todo o que escribiu Risco mellor sería preciso ler a edición anotada que publicou a Editorial Galaxia.
Na novela, Don Celidonio vén a Galicia como comerciante e chega a converterse alcalde e referente da cidade que goberna. En moitas situacións fai gala gala da súa carencia de coñecementos e falta de seguridade á hora de tomar decisións. Pola contra o Doutor Alveiros representa aos intelectuais, que tras verse derrotado electoralmente polo partido de Don Celidonio, remata por unirse ao mesmo.
4,5 en realidad. Magnífica joya de la literatura gallega de principios del XX. Además, los toques de humor para la crítica de la sociedad me recordaban un poco a Terry Pratchet. Un placer haberlo descubierto, sin duda.
O libro de Vicente Risco é un destes libros que non sabes moi ben se ler ou non ata que por fin o colles na man e principias a facelo. E xa non podes parar porque O PORCO DE PÉ é un libro que te fará rir e mesmo ás veces ás gargalladas. A edición do ano 1993 da Biblioteca Básica da Cultura Galega da editorial Galaxia consta da novela curta que da nome ó libro, da historia que lle ocorreu ó doutor Alveiros (unha das personaxes da novela curta), o conto "Os europeos en Abrantes" e dúas lendas galegas: "O lobo da xente" e "A trabe de ouro e a trabe de alquitrán". Vicente Risco naceu a finais do seculo XIX e morreu xa pasada a primeira metade do seculo XX, no ano 1963. Pero o que escribiu é tan actual como se tivese rematado agora mesmo de facelo. O PORCO DE PÉ fala dun home, D. Celedonio, un castelán que chega a Galizia para establecerse e medrar. É un home sinxelo, coa cultura precisa para facer diñeiro coa sua pequena tenda e que debido ás circunstancias vese metido en política. Non parece un grande argomento pero Vicente Risco coa sua maneira de escribir, a súa ampla cultura e a súa ironía que non ten fin, fai un retrato dos pobres homes que medran en política porque outros queren que medren. É un retrato da Galiza da primeira metade do seculo vinte mais é tamén a imaxe dalgúns políticos do noso tempo. Para mostra este parágrafo da páxina 22 da dita edición: unha comisión de persoeiros reúnense para falar das beirarrúas da cidade: "A sesión foi magna. Houbo fermosos e atinados discursos onde o progreso dos pobos modernos foi posto no lugar que merecía, onde os exemplos de Londres, Berlín, Lyon, Melbourne, Tokio, Milán, Ottawa, Nova York, Chicago e San Francisco de California animaron ós congregados a traballar polas aceras con entusiasmo e con fe; houbo luminosos e documentados informes de enxeñeiros e arquitectos; houbo presupostos cheos de cálculos comparativos, dos secretarios das Corporacións; houbo eruditas disertacións históricas sobre o pasado e o porvir da cidade; houbo lunch; recuncaron unha e outra vez, e na terceira sesión, despois de maduro exame, remataron por nomear unha comisión para que fose a Madrid a falar co Ministro de Fomento". Xa imaxinamos todos como acabou a cousa: coma sempre. Se queredes saber o porque do título, lede o libro: non vos arrepentiredes.
O PORCO DE PÉ. Vicente Risco. 136 pags (4/10) Don Celidonio é un castelán que chega a Galicia a principio do século XX como mancebo de Don Baldomero García, outro castelán que montou un negocio foille ben e medrou como empresario. Don Celidonio casa coa filla de Don Baldomero, a Nicasia, e cando morren os pais da sua muller herdan tanto o negocio como outras pertenzas As cousas van ben e convértese en parte das forzas vivas da vila. Vai nunha comitiva a Madrid a solicitar fondos para construir aceras, non conseguen que lles fagan caso, pero coñece ministros e persoas importantes da capital. Son momentos nos que están comezando os movementos obreiros que a él parecenlle unha abominación. En Madrid coñece ao Conde que lle fai ver o que o luxo A volta de Madrid enferma mais o doutor Alveiros consegue salvarlle a vida. Convertese en alcalde. O doutor Alveiros namorase dunha das fillas, Celidonia, e inicialmente o amor é mutuo. O fillo don Conde remata os estudos de enxeñeiro e aparece co Conde na casa de don Celidonio porque vaise presentar a diputado provincial. Ademais faille as beiras a Celidonia, que consente, namentres o doutor Alveiros dase conta. O movemento agrario de Solveira pidelle a Alveiros que se presente a diputado. Don Celidonio intercede polo Conde ante el, pero Alveiros non renuncia. O fillo do Conde deixa. Celidonia co gallo de que o Alveiros renuncie, non e o caso. Pero antes de haber eleccións producese o golpe de estado de Primo de Rivera. Os ricos fuxen, os sindicalistas son perseguidos e a fronte do goberno municipal segue Don Celidonio e outros axentes cívicos Faiselle unha homenaxe a Don Celidonio coa maior festa que se podía facer na vila. Acude todo mundo menos o doutor Alveiros, que pasa todo o día evitando a grea. Finalmente, chegada a noite, Alveiros aparece na casa do homenaxeado para presentarlle os seus respetos e, de paso, falar coa sua filla Celidonia
This entire review has been hidden because of spoilers.
Brillante sátira de los múltiples males que afloraban en la política y la sociedad de comienzos del siglo XX —algunos de los cuales llegan incluso hasta hoy—. «O porco de pé» es un relato de finísima burla, pero a la vez, crítica feroz de la mediocridad, el materialismo, el poder por el poder, el dinero, el ascenso social, el idealismo vacuo, etc. Estamos ante una obra llena de ricas metáforas y referencias culturales y artísticas, las cuales ponen de manifiesto la vasta cultura, la profundidad de ideas y el buen hacer de Vicente Risco: no está en manos de cualquier poder escribir una novela como ésta, expresando tanto, y de esta manera, en tan pocas páginas. Consigue, además, hacer reír al lector en múltiples ocasiones. Maravillosos los personajes de Don Celedonio, o porco, mediocre y vulgar ciudadano venido a más, y del singular Doutor Alveiros, ejemplo de virtud e intelectualidad. El final del relato bien merece ser comentado: no sé qué me ha dejado más tocada, la sensación de derrota o las dudas sobre cómo terminaría finalmente toda esta historia...
Non me reía tanto lendo un libro dende que era pequeno. A crítica social e política que fai Vicente Risco non deixa títere con cabeza, aínda que está centrada en aspectos concretos. É curto, denso, gracioso, adictivo, intelixente pero por momentos lixeiro e adaptable aos nosos días. Quizais boto en falta un desenvolvemento algo máis profundo dunha trama que está pouco delimitada e na que non se producen moitos acontecementos. Se acontecen, tampouco teñen importancia en sí mesmos, senón que o que fai que todo cobre sentido é a forma de describir e caricaturizar de Vicente Risco, que é insuperable.
O porco de pé como relato está sobrevalorado e os demáis relatos da obra: do caso que lle aconteceu o Dr Alveiros, O lobo da xente, Europeos en Abrantes e A trave de ouro e a trave de alquitrán moi infravalorados. Leva a fama o primeiro pero pra min son moito mellores os outros a pesares de que recoñezo a crítica á política e sociedade e penso que podería ser algo escrito na actualidade. O xeito de tratar a fada, as mouras e os espíritos e esa Galicia máxica é moi bonito.
Una historia que me arrancó muchas sonrisas debido al tono de humor en que está escrita. Si me parece muy repetitiva en algunas partes, aunque entiendo porque el autor lo hace, pero pienso que hacía decaer la historia. Por lo demás me pareció una novela excelente con una fuerte crítica social. Yo la leí en gallego, pero también se puede encontrar en castellano para el que desee adentrarse en el mundo rural gallego de principios del siglo XX.
Está ben, pero tampouco é que me encantase, leino como en 2 meses. Nunca estiven moi metida na lectura. Ten cachos simpáticos e conste que a min as enumeracions gustaronme moito.
Gustoume moitísimo máis do agardado. A lucidez, cultura e intelixencia de Risco sonche ben abraiantes; podería citar tantas cousas nunha novela tan curta que case prefiro non facelo e simplesmente recomendala coas minhas cinco estrelinhas de mar e ceo a todo aquel interesado na Galiza, no galego, no arte de vangarda e mesmo na poesía, economía, política e socioloxía.
Rinme con moi poucos libros na minha vida, e este é un deles, pero, aparte do humor, a cabeza non para coa chuvia de ideas e posicións que Risco mostra, máis todo o xogo creativo da novela cosa súa experimentación, liberdade, sorpresas estilísticas e narrativas, etcétera.
Cumio da obra de Risco, O porco de pe e unha sátira chea da maravillosa retranca galega que retrata a ignorancia e condescendencia dos novos ricos da burguesía galega contra a pobreza económica que non da ialma dos intelectuales de finais do XIX, nunha Galiza ainda sumida no eterno atraso da terra de "provincias" mais illada de España. Toda unha oda social que te ten con sorriso na boca durante a sua breve durada.
Más bien le doy 2'5 estrellas. Me sorprendió bastante, fue una lectura obligatoria para gallego y pensé que no me iba a gustar pero si entiendes el trasfondo del libro, realmente es muy bueno. El autor crítica de forma burlesca a los ricos de la época, básicamente personas ignorantes que tenían dinero.
This book is brilliant in so many bloody ways... I'll end up translating it into English and French myself, I'm telling ya, for, on top of everything, is funny (and, I must say, I've only encountered a handful of really funny books in my life).
É horroroso, nen se quera merece unha estrella. Non narra os freitos, so os resume. Non fala de como o personaxe descubre o problema e busca solucions que logo toma acabo, so explica os freitos desde fora. Está horas facendo enumeracions que non chegan a nada. Non o recomendo NADA