Escola de mulleres é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais. E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención que sospeita imposible. E así a súa pel e a súa mente convértense nun lenzo que, devagar, vaise esgazando polas unllas dos demais, sempre os demais, emerxendo baixo o estigma da loucura ou, quizais, da clarividencia. Unha novela que nos cuestiona sobre os límites. Da liberdade ou da moral. E, de fondo, como paisaxe idílica ou inferno, as voces doutras mulleres, María, Zelda e Simone, que, entre disputas e risas, a comprenden, a xulgan e a compadecen, mentres unha nena constrúe sobre o chan castelos con bloques de cores.
Inma López Silva é unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela "Neve" en abril gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de "Rosas, corvos e cancións". Con "Concubinas" obtivo o Premio Xerais 2002. No 2007 publicou "New York, New York", diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido para o castelán.
Desde moi nova soubo que a literatura sería a súa canle para ver e expresar o mundo. Moi pronto, no ano 96, gaña o Premio Rúa Nova, convocado pola Biblioteca Nova 33, de Santiago. Ese primeiro froito literario sorprendeu a lectores e crítica pola madurez que evidencia unha novela que recupera o drama nunca suficientemente contado da Guerra Civil. "Neve en abril" foi o libro que mereceu o dito galardón e que no 2005 renace en Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades, tamén aqueles que están a piques de comezar o seu percorrido pola vida adulta. Inma, ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
Coa novela "Memoria de cidades sen luz", publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008.
Teño moita cousa boa e mala que decir… En primeiro lugar, penso que a maneira na que cuestiona a maternidade non é a máis axeitada, porque hai cousas que literalmente saltan os límites do moral… En segundo lugar, todo o que está no limbo en cuanto á moralidade, ata que punto é símbolo de liberdade? Porque a violencia para min nunca ten xustificación, e neste libro haina en varias ocasións e sobre varios personaxes… En terceiro lugar, eu non estou a favor da prostitución, así que pa min este libro xa iba ter o seu atranco. En cuarto lugar, e como ben dixo María Casares, vive nunha pequena cidade de provincias e naide se entera dos servicios que presta? Veña si, e que máis?
Cambiando de tema, NON podes falar sobre follar en absolutamente todos os capítulos e facer metáforas relacionadas con esto incluso cuando falas sobre unha nena morta, porque chega a ser moi macabro todo.
Hai moitas cousas que me enfadaron moito nesta historia pero hai que reconocer que a trama en si non é precisamente sinxela, a análise de temas de filosofía tampouco e paseino moi ben cos capítulos onde discuten María Casares, Simone de Beauvoir e Zelda Fitzgerald. E si, todo esto dalle un bo punto á autora porque me parece que denota calidá. De feito, o único que me fixo dudar sobre todas as críticas que eu lle facía eran os capítulos onde falaban María, Simone e Zelda, porque ao criticar elas o que eu xa lle criticara a Gloria pensei na posibilidade de que quizais a autora fixera todo esto adrede, pois ao fin e ao cabo ela mesma cuestionaba cada paso dado pola protagonista.
P.S.: ejem ejem… vin pronomes mal colocados así que, QUERIDO CORRECTOR, se les esto fai o favor de revisar o libro ben pa próxima edición…
En primeiro lugar, creo que a autora busca moito a reacción do lector, por iso é radical e ten frases moi lapidarias. Case non te centras na historia porque botei todo o libro enfadads. Toca moitísimos temas peliagudos pero non os trata en profundidade (o racismo, a prostitución da que tanto fala, a maternidade, o enchufismo no académico, violencia familiar).
O fragmentarismo e os capítulos cortos fan que queiras ler máis, e o libro deixase ler moi ben pero fíxoseme largo. Como non profundiza na prota tanto como me gustaría nin nos temas, sinto que se non é polo cambio espacial, repítese moito.
O que máis me gustou foron as conversas das tres mulleres históricas, aínda que que moitas veces as conexións ca prota estaba collidas por pinzas. O que menos, a inversimilitude de certos pasaxes (como a do aeroporto e a pistola) e a introducción de "follar" e "puta" en tooooooodos os capítulos, hasta nos que non ten xeito (ejem, nenos). Ademais tampouco profundizou nos personaxes secundarios, mínimamente esbozados.
Creo que me gustaría mais se a tivese comprendido máis, se en vez de intentar marcar polémica, o libro se enfócase en contarme por qué Gloria é como é e como interactúa. Si é verda que esta guay dubidar de todo pola súa condición. Podo amar un libro na que a prota me caia mal por ser misógina, mala nai, prostituta, regulaciónista, adicta e mala persona, pero desta forma non.
Suponse que é unha campus novel pero todos os datos que da sobre a universidade (agás o nepotismo) é erróneo. Hai tantas tramas que acaban perdendo importancia, un melodrama todo o tempo. Trata a prostituirse e outros mil temas sociais en busca de chamar a atención e ser controvertida pero profundiza moit pouco en todo.
O punto de vista é como lle afecta todo á protagonista ata en cuestións que non teñen nada que ver con ela, que se apropia de todos os discursos marxinais para contar que está triste porque ocorren.
Unha novela bastante aburrida e superficial, pero que se le rápido.
Necesitaría algunha revisión porque hai parágrafos que se repiten palabra por palabra en varios momentos do libro por seguramente movelo de sitio durante a escrita.
La muerte, la maternidad, la locura y la literatura me resultan, por sí mismos, temas demasiado grandes como para intentar abarcarlos a la vez. La primera parte del libro me ha resultado un poco dispersa, y no ha sido hasta la mitad que he empezado a conectar, aunque con la sensación de que había demasiados frentes abiertos. Uno de los hilos principales gira en torno a las relaciones académicas en la universidad, algo que es difícil de comprender para aquellos que no tienen un contacto real con ese mundo. En la edición se han escapado algunas erratas.
Lo compré por recomendación de una librera y, a pesar de que la autora escribe muy muy bien, no he empatizado con sus personajes. Casi abandono su lectura, pero será por cabezonería de descubrir que podría ocurrir en el desenlace que me aventuré a acabarlo.
Unha historia contada dende un punto de vista distinto ao habitual. As veces é dificil saber realmente a situación da protagonista. Situacións límites que nos fan pensar que é o moralmente correcto.