Jump to ratings and reviews
Rate this book

Coa man esquerda

Rate this book
En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou legado do vello servirá para, ademais de liberarse dun pesado lastre, descubrir un segredo que o escritor non sabía de si mesmo. Empregando un estilo moi libre e sedutor, volve Xabier Quiroga cunha alfaia literaria baseada nun feito real. Faino cun ritmo que deixa pouco espazo para tomar alento e da man dun narrador sometido aos ditados da memoria. O lector verase introducido de forma inevitable na atmosfera abafante dun lugar inhóspito e a mercé das mesmas relacións que envolven o personaxe do neno. Unha historia dura e tenra á vez, e finalmente estarrecedora, que nos achega á eterna vileza do ser humano.

200 pages, Paperback

Published April 20, 2023

1 person is currently reading
25 people want to read

About the author

Xabier Quiroga

11 books16 followers
Xabier Quiroga Díaz, nado no Saviñao o 9 de maio de 1961, é un escritor galego, irmán do tamén escritor Carlos Quiroga.

Licenciado en Filoloxía galega, é profesor de lingua e literatura galega no IES Laxeiro de Lalín. Colaborou na revista O Mono da Tinta que dirixía o seu irmán Carlos Quiroga e tamén na sección local do Faro de Vigo de Lalín. A súa primeira novela, Atuado na Braña, foi finalista do Premio Xerais en 2001.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
11 (28%)
4 stars
16 (41%)
3 stars
9 (23%)
2 stars
0 (0%)
1 star
3 (7%)
Displaying 1 - 9 of 9 reviews
Profile Image for Idoia blanco.
702 reviews76 followers
May 26, 2023
E unha historia dura e cruel, que reflexa una realidade do que pasaba nas aldeas en Galicia fai moitos anos.  Parece ser que é un feito real . Custoume acostumarme á forma en que esta escrito, xa que casi non ten signos de puntuación, dificultando a lectura,  pero non poiden soltalo. E un libro curto e entretido. A min costoume moito máis lelo porque fai anos que non leía no meu idioma , e tiven que buscar algunha palabra no diccionario
8.5/10
Profile Image for Lourdes Piñeiro.
227 reviews1 follower
May 12, 2025
¿Saviñao (Lugo)?
El relato crea una constante tensión, sabe sumergirte en ese duro, primitivo, pequeño y oscuro mundo rural. Esa ruralidad desde la que partimos y que forma parte de muchas de las historias de nuestros antepasados y de nuestra tierra gallega. Aunque situándome en los años cuarenta, nunca hubiera realizado esta asociación, que aparece en la trama, tan cercana al feudalismo. La ruindad, la violencia no te pueden dejar indiferente; abusos sexuales, acoso en la escuela, profesores ineptos y suma y sigue…
“patria sentimental á que convén non renunciar e na que todos deberíamos enzoufarnos ou volver de cando en vez, polo menos para acadar algunhas certezas que, por moito que teimemos, non son capaces de darnos as pantallas ou a tecnoloxía”
Las palabras difíciles del principio, de un gallego para mí desconocido, me hicieron dudar si podría entrar en la historia, hasta que me relajé, dejé de buscar ese léxico concreto para entrar de pleno en el argumento. Me ayudó su riqueza narrativa , aunque las muestras de oralidad del texto, sin hacer uso de la puntuación, también dificultaron mi comprensión lectora. El hecho de escribir sólo en minúscula remitían a la época de aprendizaje del protagonista, seguramente no pudo avanzar más en sus lecciones de escritura… Y ya para finalizar, quizás indicar que le quita verisimilitud al relato el hecho de conjugar estos rasgos orales en el texto escrito junto a descripciones muy bellas y a la vez muy literarias.


El PROTAGONISTA CUANDO PIENSA EN SU PROPIA BIOGRAFÍA Y EN TODO LO QUE VIVIÓ:
“e mesmo agora cos anos ás costas e sendo que sen sequera chegar o vento só agarda caer non entendo tampouco como foi capaz de pasar aquilo. / pero pasou/” (14)
Profile Image for Xabier Cid.
Author 3 books35 followers
April 13, 2025
The story is OK. I'm not particularly fond of stories about the Spanish Civil War and the persecution of opposition members in the years that followed —the killing of maquis fighters and all that. It's an important part of Galician history, I accept, but I think I've read enough of it. From that perspective, this novel is fine, but it doesn't offer anything unexpected or especially compelling.

It portrays poverty and malice quite well, and very few characters come out morally clean. Everything reeks of mud, filth, selfishness, and evil. Again, exploring people's miseries is not my favourite pastime, but at least it's somewhat engaging. As I read recently: "Understand, not judge."

However, the author's style is rather irritating. I understand the game he chose to play, and I appreciate the risks, but I don't see the point. Since the 'hidden manuscript' device is already in place, he could have edited more heavily to make the result more readable—and perhaps more natural. The constant flaunting of rural vocabulary made me uncomfortable at times, and I don't think it was truly necessary for the story.
Profile Image for Xusto Rodríguez.
97 reviews
April 11, 2024
Unha historia interesante e moi aprezable, que novela un episodio da primeira posguerra no rural galego.
Usa un léxico moi rico, con moita palabras propias do sur de Lugo e vinculadas a traballos e ferramenta de labranza q hoxe xa nos resultan descoñecidas ao perder totalmente o seu uso.

Levaría as 4 estrelas se non fose por unha cuestión que a min me sacaba da lectura con moita frecuencia: o narrador escribe dunha forma e cunha sintaxe que en principio non se corresponde co seu nivel de formación, practicamente nulo segundo se nos di unha chea de veces.
É certo que non usa signos de puntuación, pero a expresión, a complexidade das oracións, as imaxes que utiliza non parecen as dunha persoa case analfabeta.
Profile Image for Karla González.
89 reviews23 followers
June 6, 2023
Aínda que non está escrito da forma habitual (non ten maiúsculas e case non hai signos de puntuación), é un libro que se le rápido, non chega a 200 páxinas, e os capítulos son curtos, o que lle da velocidade á lectura.

É unha historia difícil, das que sucedían na dictadura nas aldeas galegas, e faise aínda máis difícil sabendo que quen a conta é un neno. Sentín rabia, asco, e a sensación de que nada era xusto nin doado para esta xente permaneceu ó longo da historia.

Era o primeiro libro que lía do autor, pero non será o último.
Profile Image for Ma.José.
140 reviews2 followers
October 9, 2024
Una historia muy dura con momentos llenos de ternura e inocencia. Te atrapa, te lleva a lo más profundo del rural gallego del pasado.

La forma como está escrito me encantó, sin embargo, está en un gallego muy gallego que me ralentizó su lectura, al final, creo que fui entendiendo más por intuición que por conocimiento.

Me gustó mucho.
Profile Image for Ave de mil plumas.
372 reviews5 followers
June 25, 2023
Teño que dicir que me sorprendeu gratamente. A maneira en como está escrita, o seu título… todo ten un sentido na historia.
Displaying 1 - 9 of 9 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.