O libro que tes nas mans xorde dun impulso, dunha necesidade de pór en común algo que non é novo, pero do que se escribiu pouco. Aquí encontrarás paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non-monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria das amigas e amigues; metaamores que rexeitan o termo para reivindicar o seu propio lugar; apostas políticas nas convivencias interxeracionais; cuestionamentos dos privilexios e do desexo entendido como un construto social; análises da relación entre monogamias e capitalismo ou exposicións dos conflitos e dificultades diarias a que se enfrontan as persoas que apostan por unha vida poliamorosa transfeminista. Agardamos que te lances a voar con nós e que sintas este cento voando como arnés co que sucar os ventos sen medo á caída.
Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua.
O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais). En 2011 publicou Todas as mulleres que fun, un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática erótica e de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica. Este libro foi finalista nos premios AELG e o último, "Diáspora do amor balea", escrito conxuntamente con María Rosendo, ganou o XII premio de poesía eróticaIllas Sisargas en 2017. Pertence ao colectivo As Candongas do Quirombo e á plataforma de crítica literaria feminista A Sega. Na actualidade é profesora na Università Ca'Foscari de Venecia (Italia).
un libro moi interesante sobre formas de amor non monógamas dende perspectivas diversas. aínda que eu xa sabía algunhas cousas sobre o tema, sinto que aporta un discurso coherente que axuda a ver que, por moito que o poliamor exista, temos que entender que implica iso exactamente e cuestionarnos se deberiamos ir máis alá das relacións románticas.
por que lle din 4 estrelas e non 5? principalmente porque, como hai tanta xente implicada no proxecto, gostei dalgúns capítulos máis que outros. en vez de desglosar a nota que lle daría a cada un (porque nin creo que poida ser capaz de facer iso), déixoo cunha media de 4.
Como me pasa con todos los ensayos de estas temáticas de no-monogamias y otras alternativas relacionales, siempre me da miedo que no me aporten nada nuevo. Pero siempre me sorprenden. Y este no ha sido menos. Tiene reflexiones muy buenas acerca de las no-monogamias, de la anarquía relacional y de las redes de afectos y cuidados. Igualmente, como en este tipo de libros escrito por varies autores, hay algunos textos que bueno, no es que no aporten sino que incluso sobran demasiado, en mi opinión (de ahí las cuatro estrellas). Por último, creo que no hay muchos ensayos sobre esta temática en galego asi que muy chachi 💙 E é que non todes preferimos o paxaro na man a outres dános polo cento voando
Lectura poliédrica, como o amor mesmo. Voces diversas para experiencias diversas que axudan a reconstruir e inciden na necesidade de deconstruir. Hai testemuñas moi directas, pequenas (grandes) vivencias (ficcionadas? ou non), repasos histórico-artísticos e moito máis. Pero, sobre todo, aquí atópase humanidade e uns ollares xenerosos que nos falan de posibles que xa están sendo e que van facendo camiño para todes as que os queiran percorrer.
empezando o novo ano pensando no amor :) non sinto que fora un libro que me revelase algo novo pero gustoume moito q fora como foi, sentino como conversas tranquilas con amigas falando sobre o pasado, o imaxinado e o cambioo
Unha das lecturas que levo con máis cariño deste ano. É unha viaxe por algúns dos camiños que podemos transitar xunto a cada unhe des autores que, con tenrura, rabia e beleza fannos medrar as ás e amarrarnos ao noso cento de amores, sexan os que sexan.
«Aínda confío en chegarmos a un punto en que nos podamos deixar guiar, sen máis, polo que se sente como bo, como alimento do espírito, desexo, coidado, complicidade, a necesidade do tacto, da proximidade. Isto que semella intuición dito así, precisará de moitos xeonllos con bostela despois de cada caída, de deconstrución persoal e social das dinámicas patriarcais, de educación e aprendizaxe. Pero non renuncio á idea, coma quen comeza a regar prantas ventureiras que naceran ao pé do camiño… sen deseño definido, pero asumindo a responsabilidade do coidado.»
Dieciocho voces que hablan del amor desde la teoría, la experiencia o la ficción, con especial hincapié (pero no solo) en las no monogamias y referencias a First Dates y a la Isla de las tentaciones (ya era hora, aunque nunca será el primero suficientemente ensalzado ni el segundo lo bastante vilipendiado).
Un libro breve pero denso, heterogéneo como diversas son sus autoras, que no me ha aportado nada nuevo a nivel conceptual (otra vez: ya me lo sabía), pero sí en cuanto a vivencias a las que asomarse (y, si algo soy yo, es cotilla), en el que he disfrutado muchísimo algunos ensayos pero me han sobrado dos o tres, demasiado crípticos para el poco fondo que yo conseguí ver.