Jump to ratings and reviews
Rate this book

O cervo na torre

Rate this book
Segundo as propias declaracións do autor: Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro composto de moitos libros que en verdade son só capítulos. Este "capítulo" é distinto dos outros en bastantes cousas. Por exemplo nas estratexias narrativas, no uso inevitable do presente histórico, na complexidade dunha narración que pretendín disimular baixo unha forma de contar aparentemente sinxela, fácil de ler. Pero por enriba de todo hai unha unidade poética profunda, principalmente con Galván en Saor, con Vidas senlleiras, e mesmo co meu último libro de poemas, Canta de cerca a morte. Cando a defensa da verdade social, a lealdade entre as persoas e a capacidade de entrega a calquera causa que vaia máis alá do inmediato interés persoal non está de moda, Darío Xohán Cabana fainos volver a ollada cara un tempo ideal no que os colectivos humanos recuperan as formas de traballo que respetan a natureza, ou son quen de se uniren para loitar contra concepción s perversas do mundo. Unha fermosa historia que aposta valentemente pola posibilidade da utopía, polo triunfo dos ideais... que rescata e recupera nestes momentos as ideas básicas de fraternidade, de liberdade e igualdade, que foron estandarte da Revolución francesa.

376 pages, Paperback

First published January 1, 1994

7 people want to read

About the author

Darío Xohán Cabana

43 books6 followers
Nacín en Roás (Terra Cha de Lugo) o 19 de abril de 1952. Son fillo de labradores pobres. A xente máis vella da miña familia, tanto da paterna coma da materna, pertenceu á Frente Popular, e eu crieime e procuro vivir dentro do ideal comunista, que era o de meu pai; desde o 1968 milito, mellor ou peor, na esquerda nacionalista que pretende unha república independente e socialista pra Galicia.
Cursei o Bacharelato en Lugo; en 1970 marchei pra Vigo, onde vivín cinco anos, traballando con Xosé María Álvarez Blázquez nas Edicións Castrelos. Xosé María foi pra min a Universidade, e creo que non saín perdendo no cambio. Con el aprendín a amar, entre outras moitas cousas, a poesía galega medieval e a historia vella e nova do meu país. Os outros meus grandes mestres foron e son Manuel María e Méndez Ferrín.
En 1974 casei cunha rapaza de Bueu, vila mariñeira da Ría de Pontevedra. Temos unha filla de 27 anos e un fillo de 21.
En 1975 volvín pra Lugo, onde botei catro anos traballando como vendedor de libros a domicilio. En 1978 fun liberado pola Central sindical nacionalista, e nela traballei deica 1982. En 1983 tiven que marchar pra Corcubión (Costa da Morte, Coruña), onde botei cerca de catro anos como garda municipal. Despois, tendo opositado outra vez con éxito, volvín pra Lugo como funcionario deste concello, nun posto diferente (dentro da escala operaria). Teño colaborado bastante en prensa, e desde 1987 fago diariamente un crucigrama galego pra LA VOZ DE GALICIA. Vivo na parroquia de Romeán, a dez quilómetros de Lugo.
Durante moitos anos publiquei case exclusivamente poesía. A partir de 1984 adeiqueime intensamente á traducción de poetas italianos —traduccións en verso que respectan rigorosamente a métrica e a rima dos orixinais—. Pola de A Divina Comedia fun galardoado co Premio Otero Pedrayo en Galicia; e o Concello de Florencia outorgoume a súa Medalla de Ouro, considerando a miña traducción como «la più pregevole della dantesca Commedia finora disponibile in area galego-portoghese-brasiliana». A traducción da Vida nova recibiu o premio Ramón Cabanillas. Aínda inédita está unha Antoloxía do Dolce Stil Novo, formada e traducida hai xa bastantes anos. Ocasionalmente teño traducido tamén poemas franceses e cataláns, e recentemente publiquei unha versión de Os Tres Mosqueteiros, que se a memoria non me engana foi a primeira novela que lin, aló cando tiña nove anos.
A partir de 1989 publiquei principalmente narrativa, con certo éxito de crítica, e principalmente de público; a novela Galván en Saor vai na duodécima edición, con máis de 40.000 exemplares vendidos. Sen embargo, o favor do público parece terme abandonado coas dúas últimas novelas, O cervo na torre e Morte de rei, que ó meu parecer son as mellores.

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=...

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (22%)
4 stars
5 (27%)
3 stars
4 (22%)
2 stars
5 (27%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Santiago.
Author 14 books24 followers
January 31, 2019
Imaxinade un fanfiction dun mozo nacionalista ciclao que escrebe un romance sobre unha Galiza posnuclear idealizada na que todo o mundo é un perfeito galego cheo de orgullo nacional, todo o mundo malla comunalmente la leira ao compás do gaiteiro e defende feramente a Nazón de Breogán, Portugaliza (si, Galiza conquistou Portugal, ou unificouse porque patacas traio), contra os Hijos del Cid, unha cousa que imaxina un así como que Castela ficou semellante á Australia de Mad Max. Na novela hai tempo para todo, desde a defensa do tiro sumario na noca como lexítima defensa do ben da nación até un final que parece sacado do Príncipe Valente.

O mellor é que non é unha novela do Kindle escrita por un rapaz de quince anos, mais a novela dun señor que daquela tiña máis de cuarenta anos, e á que deron un dos premios literarios máis importantes.

A segunda estrela é polos risos.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.