Jump to ratings and reviews
Rate this book

Contos do camiño e da rúa

Rate this book
A capacidade de imaxinación creadora e unha técnica case cinematográfica para recrear ambientes, combínanse de maneira maxistral e poñen diante do lector o espírito dun tempo, a crise dun modelo de sociedade, unha forma de vivir. Velaquí "O fidalgo", unha das mellores mostras da narrativa breve contemporánea. O final dunha estirpe que estiña.

256 pages, Paperback

First published January 1, 1932

17 people want to read

About the author

Ramón Otero Pedrayo

84 books9 followers
Ramón Otero Pedrayo é unha das grandes figuras da literatura e a cultura galega. Pertencente á chamada Xeración ou Grupo Nós, do que formaron parte entre outros Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, etc.

O seu momento de maior esplendor produciuse no marco da Segunda República (1931-1936) cuns obxectivos estratéxicos que definiron a toda a xeración: afirmación da cultura galega nos ámbitos da modernidade, práctica constante da lingua galega como lingua culta en todas as súas manifestacións e formas de creación cultural e literaria, conexión con Europa e o pensamento contemporáneo, defensa da identidade nacional de Galicia…

Otero Pedrayo pertence ao grupo de intelectuais que, sobre todo no primeiro tercio do século XX, construiron o que podemos denominar “a cultura galega da modernidade”. Ensaistas, narradores, investigadores da cultura popular e doutras formas de alta cultura, filósofos, activistas culturais e sociais, moitos deles participaron activamente na política do seu tempo, cuxa principal conquista foi o Estatuto de Autonomía para Galicia, plebiscitado polo pobo galego o 28 de xuño de 1936.

Novelista, narrador, poeta, ensaista, investigador da historia, xeógrafo, orador… A súa obra ocupa un espazo extraordinariamente relevante no ámbito cultural galego, cunha grande influencia nas xeracións que viñeron tras el. Patriarca das Letras Galegas, primeiro presidente da Editorial Galaxia, foco de resistencia galeguista durante a ditadura de Franco, o seu talente liberal e democrático, xunto co seu talento e a súa impresionante formación intelectual, constitúen unha referencia obrigada na historia da nosa cultura contemporánea.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (5%)
4 stars
12 (23%)
3 stars
7 (13%)
2 stars
17 (33%)
1 star
12 (23%)
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
Displaying 1 - 4 of 4 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.