As narracións de Os escuros soños de Clío están escritas coa intención de introducir o lector ou lectora nun universo literario cheo de suxestións e matices. Nestes doce relatos, Carlos Casares (Ourense, 1941 - Vigo, 2002) faille chiscadelas á musa da Historia e, mestura fantasía con realidade, referencias bibliográficas e imaxinación. Publicado por primeira vez en 1989, o libro achéganos con sinxeleza as fonduras da intelixencia e do corazón.
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Collín este libro na librería porque me soaba o título de telo estudiado en literatura no instituto. Trátase dunha colección de contos, dunhas 5-6 páxinas cada un, que resulta moi doada de ler. Aínda que, pola súa brevedade, non afonda moito na trama de ningunha das historias, todas teñen finais inesperados que fan que resulten sempre interesantes. Ten un sentido do humor moi galego, cheo de retranca, que me fixo soltar bastantes sorrisos irónicos ao longo do libro. Iso si, dou gracias de telo lido agora e non como lectura obligatoria/voluntaria na ESO, porque dubido que daquela o tivera entendido.
Relatos breves sobre supuestos hechos históricos, calificados como apócrifos. Bien escritos, redactados como los de Ferrín (cuando trate de recordarlos, se mezclarán con Arraianos sin remedio) Ambos juntan lo mágico con lo cotidiano, lo posible con lo improbable y dominan la técnica narrativa. Me interesa más (en general) la gente de la Raia que estos personajes del pasado (clérigos, nobles, absolutistas o masones). Ben levado.