Esta non é exactamente a miña versión, xa que ademais de Ninguén chorou por nós e 39 veces chao no meu tamén vén Á alba pide comigo vivir, pero vai sendo o mesmo.
É un teatro estraño que contén moito de narrativa e outro tanto de poesía. Diría que é até vangardista e bastante certeiro ao retratar a soidade.
Supoño que as cousas que non entendín foi por mor de lelo ás 5 da mañá despois de espertar e non poder volver durmir, ou se cadra por iso precisamente entendín máis destas tres obras, tan curtas para ler como densas para entender. Aínda non sei se me gustan ou non, pero quedo con que o monólogo da chamada de Ninguén chorou por nós me pareceu excelente.