Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademáis, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.
«Pero cando Pedriño non podía máis, velaí veñen aínda catro fontes acuguladas de papas de arroz, e os ollos do comellón lanzaron moxenas de carraxe.
Pedriño doulle un rebelisco á tía e díxolle fóra de si: —¿Por que non me avisou? ¡Co que me gustan a min as papas de arroz!»
Hai máis ou menos un ano atopei este libro nun armario cheo de cousas na habitación do meu irmán. É un dos libros que lle regalaron hai moitos anos. Deste xeito, Os dous de sempre chegou a min de forma bastante casual. Pero como gocei da súa lectura!
Esta novela, a única que escribiu Castelao, preséntanos a vida de dous personaxes desde a súa infancia ata a súa vellez. Pedriño é un pouco vago e lambón, e Rañolas ten as pernas tortas e é moi pobre. Castelao narra unha novela na que se ven dúas formas diferentes de vivir, sobre todo, de gañar a vida. Non sei se é polo ton da novela ou polos personaxes, pero nun puiden deixar de pensar en A esmorga.
Inda que ás veces amose situacións algo tristes e miserables da vida que moitos levaban naquela época, non deixa de ser unha historia bastante simpática e entretida, cos vaivéns dos protagonistas —moi carismáticos os dous— tanto na vila mariñeira de Galicia como na pampa arxentina ou na capital francesa. Esta novela, que ao principio é tan inofensiva e amable, ten un final chocante e quizais bastante revelador.
Algo que me chamou a atención deste libro son os títulos dos capítulos, xa que son un resume do que vai acontecer en cada capítulo. Talvez esa é a parte que me fai ver Os dous de sempre coma un conto, porque ten un estilo moi propio deste xénero. Unha das virtudes desta novela son tamén as ilustracións que acompañan cada capítulo. As ilustracións, obra do mesmo escritor, complementan perfectamente o argumento, aínda que ás veces fagan algún que outro spoiler.
Os dous de sempre é a única novela de Castelao que presenta unha historia simpática, curta e moi fácil de seguir, onde se narra a vida de Pedriño e Rañolas, dous personaxes que intentarán facer de si mesmos homes de proveito.
Sen dúbida, unha das miñas lecturas favoritas en galego ata a data. Malia a dureza da historia amosa moi ben a situación da xente naquela época, Castelao o fai mezclando a retranca galega e o humor.
Pódese amosar a dureza da vida, o que custa chegar o que queres e que moitas veces cando chegas é en van. Só podo dicir cousas positivas, a pesar de que a lectura fixóseme algo longa, pero a estructura dos capítulos eliminou esa sensación.
Completamente recomendado, aínda que só se tes un moi bo nivel de galego porque a escrita é complicada e a linguaxe é díficil, ten un galego enxebre e non normativo. Co cal, hai moitas palabras que aínda que as busques na RAG non che aparecerán.
Un clásico que engancha dende o principio, con capítulos moi breves que che fan ler un detrás doutro case sen darte conta.
Unha narración preciosa e moi nosa: moi riquiña as veces (a casa de tía ágeda que parecía chiscar un ollo) e moi crúa outras (o paquete que case esquece pedro no hospital).
Os dous personaxes representan duas formas de afrontar a realidade para chegar a un final redondo.
Muy buena crítica social camuflada en un entorno de tristeza y amistad. Representa muy bien los problemas de los dos amigos y como sus destinos los llevan a separarse para siempre...
O que se ten que destacar e fundamentalmente a mestría do uso da lingua galega do autor O seu estilo narrativo paréceme simple e a historia quitando certo transfundo social (a emigración, relacións sociais e de clase, a vida das aldeas...) non creo que sexa especialmente interesante. Os dous personaxes. Dous amigos con dúas formas antagónicas de afrontar a vida non representan cas súas virtudes e defectos ningún modelo dos que se poda sacar ningunha conclusión ou aprendizaxe. Especialmente frouxo pareceume o final, ca morte de Ranolas. Se o que pretende o autor e facer un alegato a modo de "protesta" contra todo pois non existe nin evolución nin profundidade no personaxe que xustifique esta acción e queda como un acto de tolemia transitoria dificilmente xustificable. E un libro entretenido e insisto na riqueza e o brillo no uso do galego. Gustoume tamén os debuxos que acompañan o libro, creo que Castelao tiña moita mais capacidade expresiva neste caso cos seus Debuxos que ca profundidade da súa prosa.
“Ben está ter segura a mantenza do corpo, enche-lo bandullo de compango diario; pero ademais cómpre ter segura a libre respiración do espírito, enche-la cabeza de soños ledos. O benestar non se conquire traballando; lógrase mellor na folganza. Por eso Rañolas era feliz cos seus anceios cando andaba as baroutas polo mundo adiante; pero a ventura malvóuselle de saudades ó toparse ceibe da miseria i escravo do traballo.”
“A lembranza saudosa das cousas, enfeitizada de amor, morreu de desilusión. Chegamos de percorrer mundo, de vivir en París e os nosos ollos atopan todo mirrado … ¡Adeus para sempre, viliña mariñeira, onde foron nados os dous personaxes do noso conto!”
Lendo a única novela escrita por Castelao, sendo tamén a primeira obra que leo do autor, atópome trasportado á Galicia da época da man de dúas personaxes que me presentan a “probe” situación na que viven. Tendo dúas formas moi diferentes de vivir e sobretodo, de sobrevivir, Castelao preséntanos con retranca e de forma crítica as visións e ambicións dos protagonistas. Rañolas, que se busca a vida de moitas formas posibles, volvendo a Galicia sendo un home de proveito fronte a Pedriño, un mal traballador que se quedou estancado nas dependencias da súa infancia convivindo coa Tía Adega.
A reflexión da obra, é que a pesares desto, a felicidade non se atopa nos cartos nin talvez na profundidade do ser, senón talvez en algo máis complicado como pode ser a sorte ou a propia ambición. Foi un título que disfrutei lendo e que foi moi ameno, ademáis de que as ilustracións do autor fana unha obra especial.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Se algo lle teño que destacar positivamente é a maneira na que relata a Galiza daquela época. Pero ahí queda. Costoume bastante lelo porque non atopaba motivación, e mira que é un relato curto e sinxelo de ler, pero non empaticei co estilo narrativo. Pareceume desconexo entre os camiños dous dous protagonistas e sinceramente, o Pedro (creo que se chamaba así), vaia, o Manxador (spoiler alert)… menudo desproveito de persoa. Todo o libro pensando que levantaría cabeza pero nada, deulle problemas a toda persoa coa que se cruzou, e sentíndoo moito, non me gustou como persoa. Non sei se Castelao quería reflectir realidades da época pola precariedade, pero creo que se podía facer doutra maneira.
This entire review has been hidden because of spoilers.
El libro en si está bien, la historia es interesante y representa la realidad de Galicia en la época, cosa que me gusta, pero lo que no me convenció del todo fue que los capítulos están demasiado detallados y son demasiado cortos, lo cual hace que los capítulos se noten saturados y con demasiada información. Las ilustraciones del libro son muy bonitas y me gusta la manera en la que Castelao traslada el texto al dibujo, es simplemente maravilloso. Le doy tres estrellas por todo lo anterior y porque no estoy familiarizada al 100% con el gallego de la época, además de que creo que al ser un libro obligatorio del instituto no lo pude disfrutar del todo sabiendo que iba a ser examinada de esto.
Sendo un clásico, non esperaba que me gustara moito, pero a verdade é que rin bastante lendo, especialmente co mangallón de Pedriño. Debo recoñecer que me custou un pouco lelo debido ao vocabulario, tiven botar man da RAG (que non defraudou) en numerosas ocasións, pero isto é comprensible e esperable dun libro doutra época
Paseino xenial lendo esta novela. A última vez que lera Castelao foi no instituto, pero que sorte volver toparme con el xa de adulta. A historia trata das vidas de dous amigos desde a infancia ata a etapa adulta. Ambos, separados polas circunstancias, reeencontrase a través dos anos. Reinme moito e disfruteina ainda máis.
Todo un clásico da literatura galega. Xa o lera hai anos en 2º de Bacharelato para LGL. Pero esta relectura fixo que me detivese máis en como, a través dun humor escuro e satírico, se fai un retrato tan fiel da sociedade e da realidade da época na que o libro está ambientado (sendo moitas cousas extrapolables á actualidade incluso). En definitiva, unha lectura indispensable.
Rinme bastante co Rañolas e con Pedro. Gustoume que fosen capítulos tan pequenos porque da ganas de ler un máis sempre e vaste rindo das aventuras dos dous. O que si é que non entendín moi ben o fin do Rañolas, creo que aí faltou algo máis de contexto.
Que ledicia o estilo de Castelao neste libro, que bonitas formas de pasar polas diferentes etapas da vida e reflexionar nas decisions humanas. Nun so libro Castelao toca temas universais pero tamen moi persoais como a inmigración, a paternidade, a liberdade ou o aborto.
Me ha gustado mucho menos que Cousas, aunque mantiene el lenguaje sencillo e irónico para contar situaciones trágicas las más de las veces. Eso es chulísimo.