Resumo exclusivamente do primeiro capítulo:
Moito mellor do que esperaba.
Pensei que, ao levar xa bastante tempo falando deste tema nesta liña en certa organización que empeza por C, resultaríame repetitivo ou simplista pero non, está moi ben escrito.
A idea é sinxela: desmontar o frente-populismo de Dimitrov. En 1935, Dimitrov realiza un chamamento á unidade de todas as forzas obreiras, populares e democráticas contra o feixismo. Esta idea, lanzada no contexto do 7º Congreso da Internacional Comunista, pervive a día de hoxe e curiosamente, no contexto dun movemento socialista convulso e fragmentado, foi sempre o único punto no que todo comunista semellaba estar dacordo.
Os comunistas non rechazamos, nin asumimos, ningunha estratexia por principio e debemos desconfiar sempre de calquera que pretenda sacar libretos de normas das experiencias históricas pasadas. Rechazara estratecia frente-populista, en favor de que sexa o proletariado como movemento organizado quen se erixa como forza contra o feixismo non significa que en todo momento, en calquera contexto, todo comunista deba rechazar calquera alianza de clase. Non é unha receta, senón un obxectivo: ante a amenaza do fascismo os comunistas debemos traballar por que sexa o proletariado como clase organizada "para si" quen o derrote.
Non facelo así e pretender que sempre as comunistas, ante un momento de amenaza reaccionaria, claudiquemos dos nosos obxectivos en favor dunha unidade impostada e sostida sobre os principios doutros movementos políticos é condenar ao comunismo a ser unha continxencia histórica. Algo que está guai nos momentos de paz pero que cando as cousas se poñen serias ten que deixarse para máis tarde.
O resto do libro é un análise (quizás ás veces algo repetitivo) desta cuestión e ás súas ramificacións.
Parécenme interesantes as súas reflexións sobre o nacionalismo. Que os marxistas rexeitemos o nacionalismo non significa que non nos podamos servir dos estados-nación existentes ou de xerar unha ruptura nos mesmos para facer a revolución. Significa que non existe unha forma particular de facelo que sexa unha condición necesaria para a revolución socialista. Se nun contexto revolucionario ou pre-revolucionario é preciso crear o Estado Socialista da Coruña benvido sexa e Forza Depor. Rescato unha cita ao respecto do nacionalismo que me pareceu interesante:
"Pero como esto no se podía decir, tomó aquí la precaución de defenderse con una argumentación flotante y ecléctica, sugiriendo de memoria lo que no podía asumir abiertamente sin romper con el marxismo. El fascismo tenía una gran «fuerza de contagio ideológico» porque sabía erigirse en defensor de la nación y heredero de las gestas «sublimes y heroicas» del pasado. Por tanto, los comunistas debían saber disputar esos valores, tener en cuenta la «particular psicología nacional de las masas», «vincular la lucha actual de la clase obrera a sus tradiciones y a su pasado revolucionario», en resumen, saber «aclimatar» el internacionalismo a los aires de la nación.
Así es como Dimitrov justificó el acercamiento oblicuo al nacionalismo, en una maniobra tortuosa que es un verdadero tratado sobre el alma del centrismo. Fíjense en la ambigüedad de este argumento: defendemos el internacionalismo, pero no escupimos sobre los sentimientos nacionales de las masas trabajadoras; somos «adversarios irreconciliables» del principio del nacionalismo burgués en todas sus formas, pero no somos partidarios del nihilismo nacional; denunciamos el chovinismo de la burguesía, pero también demostramos que la revolución socialista significará la salvación de la nación y abrirá el camino a un mayor progreso.
Conclusión: somos internacionalistas, pero eso no nos impide ser los más abnegados servidores de la nación..."