En Cardume relátasenos, a través dun fío persoal e familiar, a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais. A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprendéndonos coa fascinante recreación de atmosferas sociais, familiares, políticas, industriais, culturais, e a recreación dos retratos da emigración daquela época convulsa que deixou unha pegada imborrable nas persoas que a viviron. Ambientda nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de personaxes que evolucionan e logran subsistir as miserias dunha cidade desacougante. Cunha gran capacidade expresiva e unha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilística, Rexina Vega reivindica nesta novela a memoria como conformación da identidade do presente. Cardume obtivo o Premio Xerais de novela 2007.
Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora e investigadora da literatura galega. utora en Filoloxía Románica (tese: Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro), profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como Praza.gal, A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.
Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Pasou despois a ser profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo, tendo sido anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio en Gondomar.
Hablar de la historia de nuestros antepasados es, en cierta manera, hablar de nosotros mismos y de la historia colectiva de todos, de nuestra familia, nuestra sociedad o nuestro país.
“Cardumen”, de Rexina Vega, es una historia que aúna pasado y presente en un relato centrado en la memoria familiar de la narradora y en los sucesos que tuvieron lugar en la vida de sus antepasados hasta llegar a ella.
Una historia fluida y apasionada, llena de voces olvidadas que estremecen y consiguen sumergir al lector en sus páginas. Una historia muy bien escrita que te llega, con la que es fácil conectar, pues pudiera ser parte de la historia de cada uno de nosotros.
Es un gusto toparse con voces así, que reclaman la vuelta a la memoria de los olvidados, que claman justicia y nos ofrecen tanto y, sobre todo, tan bueno.
Un relato corto, cómodo y con mucho que ofrecer, que me ha sorprendido y me ha regalado grandes momentos de lectura.
Novela da memoria e da recuperación da dignidade dun conxunto de seres relegados ás últimas bancadas nun Vigo sacudido pola inminencia do golpe de estado do 36. Excelente recreación tanto dos ambientes da cidade como dos interiores psicolóxicos de personaxes arquetípicos deste noso Vigo urbanita, rural, libertario, cosmopolita e inzado de contradicións. E todo envolto nunha delicia de linguaxe profundamente evocador e elegante.