Jump to ratings and reviews
Rate this book

Inflamable

Rate this book

73 pages, Paperback

First published January 1, 2012

Loading...
Loading...

About the author

Samuel L. París

9 books2 followers
Samuel L. París é un escritor e poeta nado en Muros en 1984.

Publica en 2008 o Manual da destrución no Netlabel A Regueifa e en 2012 Inflamable en Edicións Positivas. Durante todo o 2013 escribe e publica un poemario completo á semana no seu blog. En 2015 publica, baixo demanda, 25 poemarios con textos inéditos e exclusivos escritos a man. En 2020 publica a “antoloxía” Internacional de Poesía Anarquista en Edicións Positivas. En 2023 lanza unha serie de novos poemas enviándoos en postais.

En 2024 publica o poemario O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo, con Edicións Positivas. Nese mesmo ano foi seleccionado para a Residencia Literaria da Illa de San Simón. A finais dese ano publica Poemarionova, un caderno de actividades poéticas, con Edicións Positivas.

En febreiro de 2025 publica o poemario O tenro é o salvaxe coa Editorial Galaxia. En maio de 2025 lanza Pifostio con Xerais, a súa primeira obra netamente narrativa, con 61 artefactos literarios.

Ten ofrecido numerosos recitais no país e fóra del e participado nos principais festivais e eventos poéticos.

Formou parte de Francamente Cariño, dupla responsable de podcasts como MBA Mal, Novo Novo Cinema Galego ou GAMESA. Na actualidade dirixe e presenta A Catapulta, en colaboración co Salto Galiza, un programa sobre poesía que se emite mensualmente en directo nas canles de Youtube e Twitch de El Salto e que se pode escoitar en formato podcast.

Foi baixista da Terbutalina desde a súa formación ata 2017, publicando sete traballos discográficos coa banda e actuando en centos de concertos. Durante un ano tamén foi baixista en Thee Blind Crows, cos que publicou tres discos.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (19%)
4 stars
11 (52%)
3 stars
3 (14%)
2 stars
3 (14%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 1 of 1 review
Profile Image for Yoli.
11 reviews
August 17, 2014
Nun momento de calma e desánimo este elemento incendiario consegue mover certos sentimentos que consideraba durmidos. Espero novos versos desta volta explosivos.
Displaying 1 - 1 of 1 review