Este é un conxunto de relatos contados, como se o autor estivese sentado a carón do lume, por un dos mestres da narrativa galega contemporánea. É un libro de pantasmas, de celos, de premonicións, de crimes e de defuntos. Pero é tamén un libro que deixa no lector un vago sentimento apracible, levemente irónico.
Ánxel Fole, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou tódolos xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas.
Libro de relatos en gallego sobre cuentos, leyendas y sucesos ocurridos en Galicia, contados por los protagonistas como si te los estuviera contando un amigo en un bar. Me gusta mucho el tinte de misterio y de identidad propio de allí, así que me ha gustado mucho. Aunque el gallego me cueste y me ha haga leer más despacio, ha merecido totalmente la pena. Mágico y real a un tiempo.
A falta de ler algo máis de Álvaro Cunqueiro, Anxel Fole é o autor que máis me gustou da xeración de autores criados antes da guerra civil. É un libro moi curtiño de relatos pero están moi ben escritos e todos tocan un pouco o máis alá e o costumismo paranormal rural (por inventar algún termo).
Contos que me lembraron á obra «Relatos de lo inesperado» de Roald Dahl, impregnados dunha forte esencia galega. Historias sobre o inexplicable, sobre a ironía, mais, por riba de todo, sobre Galicia.