O home máis rico de Galicia descobre durante o confinamento a súa paixón pola literatura galega e decide convocar un premio de novela dotado cun millón de euros.
Aspirantes de todo tipo, críticos e axentes literarios, xornalistas e políticos farán o posible por que gañe quen mellor represente os seus intereses.
César Cequeliños ofrece un retrato mordaz do panorama literario galego actual. Todo parecido coa realidade é pura coincidencia.
Cequeliños, Arbo, 1977. Xornalista e editor. Dirixe Aira desde o 2017. Edita a revista literaria dixital Biosbardia. Forma parte do Comité de redacción de Luzes. Crítico literario no Faro de Vigo. Foi redactor xefe d’A Nosa Terra e correspondente en Galicia de El Correo de Bilbao. Publicou a novela A gran novela galega (Morgante, 2023). Gañou o Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2023 coa novela Sábeme a salamántiga o ceo da boca.
Este ano púxenme como meta ler máis en galego. En xeral, a sensación -igual infundada- que me dá a literatura galega actual é a de que se toma moi en serio a si mesma...
Por iso este libro gustoume tanto. Pareceume unha novela divertida, fresca, irreverente... unha sátira moi ben armada que dispara contra todo e aproveita para lanzarlle un par de pullas ó sistema de premios literarios e personalidades coolturetas. A lectura é adictiva e non ten máis pretensión que a de entreter, o que logra con fartura. Oxalá máis libros coma este.
Esmendrelleime varias veces, e iso que me custa rir cos libros! Está xenial, aínda que me deu mágoa non entender todas as referencias por non controlar abondo o ecosistema literario galego. Pero moi chulo e orixinal, recomendado!
unha novela irreverente sobre o panorama literario galego. foi unha lectura moi fluída con capítulos curtos, cousa que agradecín. non son moito de rir con libros, mais apreciei a xocosidade dalgunhas situacións e personaxes (unha orde de afastamento para o Booty ese, por favor). é divertido ver un grupo de personaxes variopintos chegando a medidas impensables (e certamente ilegais) para gañar ou que gañe quen lle interesa.
aínda que o que se narra sexa esaxerado e con fins humorísticos, puiden recoñecer cousas da vida real. hai unha crítica implícita á situación do libro en galego: a busca incesante do prestixio, a obsesión con facelo todo lecturas obrigatorias para os institutos, o de escribir primeiro os libros en castelán e despois traducilos en galego (que non sei se isto foi confirmado sobre algún autor, pero eu rumores teño visto 👀👀👀) e máis.
Unha pequena e divertida sátira do que non se soe ver que fai quen dirixe os directores a industria da cultura galega. Pode que intranscendente literariamente, pero a súa referencia á estrutura da mecánica literaria en Galicia e a súa linguaxe coloquial fan dela unha obra que non apetece deixar ata que chega o final.
Aínda q "Todo parecido coa realidade é pura coincidencia" é case imposible non andar buscando os trazos deste ou daqueloutro persoeiro nas personaxes da novela (eu penso q un ou dous identifiquei).
Ben sei q á sátira non hai q pedirlle verosimilitude, pero con q só sexa un terzo do q aí se conta... mi madriña!!
Huele a envidia todo el libro. Todo él, desde el inicio hasta el final. Personajes clichés, una trama insulsa y lo peor, es que cuando uno intenta satirizar a personas reales, tiene que notarse poco o nada. Si creas un carrusel de descalificaciones inconexas, todo queda empañado de un sentimiento patético de envidia.