Jump to ratings and reviews
Rate this book

Cando petan na porta pola noite

Rate this book
Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...

96 pages, Paperback

First published January 1, 1994

1 person is currently reading
43 people want to read

About the author

Xabier P. DoCampo

50 books6 followers
Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946 e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018, foi un mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.

Con poucos anos a familia trasladouse a Castro Ribeiras de Lea e uns anos despois á Coruña onde estudou o bacharelato e Maxisterio. Traballou como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica, pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Deu cursos a profesores e relatorios en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Escribiu libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Foi tamén actor e director de teatro e colaborou durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato.

Foi un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega e tamén un dos máis traducidos.

En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite, seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada Nova Escola Galega.

Participou activamente na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, de cuxa Xunta directiva formou parte durante cinco anos, dous deles como presidente. Colaborou semanalmente no programa da Radio Galega Un día por diante cun comentario literario.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
27 (11%)
4 stars
87 (37%)
3 stars
75 (32%)
2 stars
33 (14%)
1 star
11 (4%)
Displaying 1 - 17 of 17 reviews
Profile Image for Miriam .
178 reviews18 followers
April 30, 2025
Catro contiños de medo lixeiro ou misterio máis ben é o que agacha este libro.
Son ideais para ler de noite a carón do lume, e ademais, todo o mundo podería disfrutar deles, xa que son moi lixeiriños.

Deixovos os títulos xunto coa miña puntuación:

🌝 "O espello do viaxeiro" 4🌼
🌚 "O fornadas" 3.5🌼
🌝 "A loba" 2🌼
🌚 "O cumpremortes" 5🌼


Pero o que máis me gustou do libro foi o final, "Cando o autor fala de sí". Eiqui volo amoso, ainda que o vou facer meu tamén, quitando algunha cousa e poñendo unha miña a cambio.


"Eu teño medo...

Cando petan na porta pola noite.
A estar só cando non quero estar só.
A estar no medio de moita xente.
A quedar só no mundo,
A non morrer nunca
Ós reloxos.
A morrer estupidamente nunha estrada.
A quedar inútil.
Ó futuro.
A que lles pase algo ós meus.
A que os que quero non me queiran.
A perder o gusto polas cousas que me gustan.
A ter que vivir sempre nunha aldea.
A que non haxa flores
A que non haxa animais en liberdade.
Ó sol.
A pobreza.
A riqueza.
Ó mar (desde o mar)
Ás enfermidades mentais.
A que non haxa troitas nos rios.
A escoller.
A volver a empezar.
A coñecer xente nova.
Ós que sempre din a verdade,
Ós que menten sempre.
Ó frío.
Ós contos de medo.
Ás películas de medo.
A ir ó dentista.
A dor.
A non ter medo a nada.
A ter moito medo.
Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta.
A..."
🚪👊🏻🌝
Xabier P. Docampo
🚪👊🏻🌚


P.D.: Dicir que eu teño outra edición, non a que aparece na foto
Profile Image for María José.
81 reviews1 follower
November 26, 2025
«[Eu teño medo…] / Cando petan na porta pola noite / (…) A non morrer nunca / A morrer pronto / (…) A que non haxa flores / A que non haxa animais en liberdade / Ó mar (desde o mar) / A mirar un día para o ceo en non ver un paxaro / (…) Á guerra aínda que non teña que ir / (…) Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta / A…»
Profile Image for Alexandra.
65 reviews20 followers
March 6, 2025
Leído con los alumnos de 1 de la ESO.
Profile Image for Klara.
101 reviews10 followers
Read
May 21, 2021
Excruciatingly painful reading an assigned book in your fourth language. Google translate was my best friend for two days (other days we are casually hanging out). Overall, I like the first three short stories. I think that they are the right amount of morbid and shocking for the classic genre. The last story didn't get well with the rest of them, especially because, I would say, it isn't in the same genre at all. The author left the short stories on a high note witch I really didn't like considering the three previous ones dealt with gruesome murders/ injuries.
Profile Image for Irene Surfeira.
79 reviews10 followers
April 19, 2020
Todos estes relatos son deses que tanto me gustan: misteriosos, paranormais, incluso macabros. É incrible que aínda sendo unha medicas desfrute tantísimo con este tipo de relatos. Agás o final do último, que non me convenceu, foron uns relatos atrapantes e xeniais. Xabier P. Do campo escribe moi ben, seguro que leerei algún libro máis del.
Profile Image for O C Blanco.
3 reviews
January 28, 2024
Another book from my teenage years. This time, however, I remembered it being better. It's a book that could be entertaining for young people but it was too shallow for my grown self now.

It is a collection of 4 short oral stories, like the ones grandma used to tell you next to a fire to scare you. In book form, they lose most of their effect and leave you wondering what was the point. They try to also communicate a message, a lesson learned but they seem too simple or childish.
Profile Image for Tana.
484 reviews11 followers
October 7, 2022
Cuatro relatos de terror con aires de la tierra, historias que nos recuerdan su pasado rural repleto de mitos y supersticiones. De ese tipo de historias que se transmiten oralmente porque tienen la extensión ideal para ello, para los cuenta cuentos y esta época otoñal.
Una forma, para mí, de reconectar con la literatura en gallego.
Profile Image for Erica.
Author 17 books14 followers
November 14, 2017
O meu 2/52 foi Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo da colección Fora de Xogo de Xerais. Entre os catro relatos de terror destaco o primeiro deles: O espello do viaxeiro. Realmente arrepiante. Unha moi boa elección para aqueles que gocen da boa literatura e do xénero de terror.
Profile Image for Lucía Nicolino .
70 reviews
February 5, 2025
Para ser un libro de literatura xuvenil non está nada mal. As historias, contadas ao estilo da literatura oral, son sinxelas e están envoltas por un misterio que dalgún xeito atrapa ao lector. A que menos me gustou foi a última pero en xeral, bastante ben.
Profile Image for ladygaga.
9 reviews
April 25, 2021
Relatos curtos que teñen base en historias de medo do imaxinario colectivo galego. 8/10
Profile Image for Luniluni.
264 reviews19 followers
June 2, 2021
Cuatro relatos cortitos que no dan para mucho, algunos parecen incluso como inacabados. El que más me gustó con diferencia es el último, muy buen mensaje.
507 reviews2 followers
December 10, 2022
Correcto, pero con una sensación de deja vu. Entre Poe, Lovecraft y Fole. Terror gallego, bien escrito, mantiene el interés, pero poco más.
Profile Image for Lucia Sancho.
12 reviews
January 14, 2026
Los gallegos estan fatal poniendo esto como lectura en primero de la eso... pocos traumados veo
5 reviews
March 2, 2022
Resumen:
Son diversos cuentos de terror en gallego
Reseña:
⭐⭐
Son sencillos de leer se leen muy rápido y son entretenidos,sin embargo no va más allá del entretenimiento,no te identificas con los personajes,son muy predictivos...
Profile Image for Damian.
121 reviews2 followers
February 23, 2022
Esquecérame o moito que me gustou este libriño de relatos na escola, o medo que me daba a idea de abrilo… e o moito que o desfrutara daquela. Agora, mais de vinte anos despois da primeira vez, atopeille menos medo e mais calidade. Un tesouro das letras galegas…
Eu teño medo…
Profile Image for Baul De.
285 reviews6 followers
October 21, 2016
Cuando de noche llaman a la puerta (Cando petan na porta pola noite en gallego) aúna cuatro relatos de terror típicos de Galicia, de dónde proviene el autor. Historias juveniles, no terroríficas en el sentido estricto de la palabra (que nadie espere algo similar a Lovecraft o Maupassant), sino cuentos muy ligados a la tierra gallega. Extraños que llegan a un pueblo de noche, vecinos que dicen avistar a la Santa Compaña, visitantes nocturnos.

Historias que evocan el pasado rural de nuestros antepasados, lleno de mitos y supersticiones fundadas en la ignorancia y la credulidad de la gente. El reflejo tan patente de la idiosincrasia de una sociedad rural del siglo pasado es tan claro, que le valió a Docampo el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995. Es el verdadero valor de un serie de relatos que se leen en pocas horas, pero nos ilustran sobre años y años de tradición oral.

Toda la reseña aquí: https://goo.gl/VOQZlU
Profile Image for Aroa.
145 reviews2 followers
November 2, 2014
Dos 4 contos hai 2 que sobresaen. Parecéronme relatos curtos traballados e interesantes que reflexan as tradicións de Galicia. A través da linguaxe parecía que os contos eran transmitidos oralmente.
Displaying 1 - 17 of 17 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.