Jump to ratings and reviews
Rate this book

Os mortos daquel verán

Rate this book
A descuberta do cadáver do boticario Modesto Vilariño Dacal nos días posteriores ao levantamento de xullo de 1936 desencadea unha investigación que desvela o clima de enfrontamento que medra desde hai anos nunha pequena vila galega. A rivalidade entre as forzas progresistas, representadas polo mesmo boticario e un sindicalista ao que se busca en relación co suceso; e as reaccionarias, encabezadas polo propietario da fábrica local e o cura da parroquia, vaise debuxando a través das páxinas do informe do investigador do caso.

Os mortos daquel verán é unha novela curta na que se parodia a fría e en ocasións revirada prosa funcionarial, un estilo no que moitas veces, con todo, se distinguen todo o humanismo e o humorismo propios de Carlos Casares. O texto relata a deterioración da convivencia nunha comunidade, que desemboca en sucesos estarrecedores, folgas, ameazas, actos sacrílegos, milagres de escasa credibilidade, mortes que quedarán sen resolver e, no fondo, a escura trama de relacións que se dan nunha vila tipo da Galicia de principios do século XX.

Galaxia publicou en 1987 Os mortos daquel verán, editada en castelán no mesmo ano por Alfaguara en tradución do propio autor.

168 pages, Paperback

First published March 1, 1987

34 people want to read

About the author

Carlos Casares

82 books11 followers
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (11%)
4 stars
10 (28%)
3 stars
13 (37%)
2 stars
5 (14%)
1 star
3 (8%)
Displaying 1 - 6 of 6 reviews
Profile Image for Anxo.
30 reviews2 followers
July 31, 2024
está tan ben escrito que ás veces faise denso para o curtiño que é. carlos casares é tan xenio coas letras que os demáis parecemos parvos intentando ler a súa obra.
Profile Image for fer.
31 reviews4 followers
March 30, 2026
dos libros que menos gocei nos últimos anos. moi triste, moi decepcionado e non me esperaba conectar tan pouco cunha historia que, de primeiras, tiña todo pra gustarme. unha mágoa, remateino só porque é curto e tiña esperanza de que nalgún momento mellorase. non mellorou.
Profile Image for Manuel Gil.
339 reviews61 followers
July 27, 2019
Un xogo de estilo cunha boa historia detrás
Profile Image for Iñaki Tofiño.
Author 29 books64 followers
January 3, 2022
Curiosa narrativa en forma de informe legal escrito polo funcionario que investiga as mortes acaecidas nun pobo galego, suponse que durante ou despois da guerra de 1936-1939. En ocasións resulta un tanto repetitivo, como corresponde á xerga legal, pero mostra ben o enfrontamento entre as forzas conservadoras (capitalistas e igrexa católica) e as forzas progresistas (ciencia e sindicatos) durante os anos 30 e a represión autoritaria desatada tras o golpe de estado de 1936.
Profile Image for prz.vanesa.
150 reviews2 followers
February 24, 2022
No está mal aunque la redacción en modo de documento oficial con expresiones antiguas dificulta un poco meterse en la historia.
Se lee bastante rápido y es entretenido
Displaying 1 - 6 of 6 reviews