Jump to ratings and reviews
Rate this book

Memorias dun neno labrego

Rate this book
O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros". Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporánea.

142 pages, Paperback

First published January 1, 1961

21 people are currently reading
1037 people want to read

About the author

Xosé Neira Vilas

95 books17 followers
Naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio). É un dos escritores clásicos da literatura galega.
Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.
Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego,en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 reside na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome. (A súa compañeira Anisia faleceu en 2009).

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
447 (38%)
4 stars
458 (39%)
3 stars
193 (16%)
2 stars
44 (3%)
1 star
23 (1%)
Displaying 1 - 30 of 86 reviews
Profile Image for Xan.
Author 3 books95 followers
August 29, 2013
"Eu son Balbino, un neno de aldea, un ninguén"
Con esta declaración de principios ábrese o libro que representa a Galicia que foi para moitos galegos. Balbino fala dunha aldea que xa non existe, pero que podía ser calquera lugar entre finais do século XIX e os anos 60 do século XX, a infancia dos mesus avós e dos meus pais.
Para min, un desertor do arado que pouco papou dos traballos deses tempos non tan vellos, "Memorias dun neno labrego" é un dos libros que todos tivemos que ler na escola e tamén unha maneira de entender a forma de ver a vida de meus avós.
Como Balbino eu tamén sinto que son un ninguén, unha area na cuneta da Historia, pero teño o orgullo de ser parte da súa herdanza: son galego. Amo a este país de ninguéns no que de cando en vez aparece un Balbino para contarnos a súa vida e, a partir de feitos insignificantes, crea un mundo que sobrepasa as lindes da súa aldea e convirte en universal unha corredoira chea de lama.
Profile Image for Elizabeth.
431 reviews20 followers
October 26, 2021
Leer este libro es redescubrir el rural gallego de hace unos años. Parece que han pasado muchos años desde que los niños tenían que dejar la escuela para ayudar en el campo a altas horas de la mañana, pero en realidad se trata de la vida que tuvieron muchos de nuestros abuelos.

Frase para el recuerdo:

- "O tempo non acelera nin se detén. Marcha sempre ó mesmo paso. E segundo o qué procuramos detrás del, pode parecernos que vole ou que demora".
Profile Image for Jose Moa.
519 reviews78 followers
March 20, 2017
We are in front of a masterpiece of galician literature,i obviously have read it in galician but have put the title in english with the goal of give to it more universality.

I think it is in some USA list of the 1000 book one have to read before die.

Tells in first person the memories written by a peasant galician boy and is formed by several chapters entitled by names of things ,concepts or persons and in its make reflections or tell his vivences in that situations.

The words to describe the book are simplicity,tenderness,inocence,homesickness,growing up,first love,friendship and longing to learn.

Reflect with allmost antropologic interest the poor underdeveloped but full of humanity life in the deep rural Galicia of 1942,of a world that to day dont exist but that ones that have some age, have lived and known,a world of allmost low middle age with servants, as in Tolstoy Russia, in hands of landowners,ultracatholic repressive church and wooden roman plow.

As a sample in case somebody in goodreads understand the galician i will literally transcribe some paragraphs to give some idea of the taste of the work.

"Cadaquen deulle a sua alma a gardar o cura,e o cura non fai mais que estragarlla.Ninguen pensa pola sua conta.Pensar e pecado.Pedir xustiza ,verdadeira xustiza e pecado.E tamen e pecado ter ideas ou andar pola propia conta a procura da verdade. pero ti es moi novo para entender algunas cousas.¿Vas a doutrina?
Vou si señor dixenlle
E que te ensina o crego.
Falanos da Trinidade,das oracions, da misa, dos catro infernos"

"Meu pai dixo que se a xente non marchase aquí non se caberia.
A xente ben cabe-respondeulle o padriño.O país esta sin explotar.se da noite para a maña non deixasen sair a ninguen,fariamos unha revolución que e o que compre,e todos viviríamos como se merece,sen andar esmiñatando en terras alleas"

"Padriño ¿cando esmorecen as estrelas? ¿Onde rematan os camiños? ¿Quen puxo os penedos no rio? ¿Qué e un amigo?"

"Noutrora dabame vergoña andar a sevir.Hoxe "non.Se ben se pensa todos somos criados menos os que son amos.Hay xente que manda e a que e mandada"

"Lelo era moi pobre.fillo de caseiros igual ca min.Pero tiña a "vantaxe "de non cavilar nas cousas.Cantaba e ria ainda que non comese ou andase en coiro.Faime lembrar o conto que di o Xudio,do home feliz que non tiña camisa"



Profile Image for Monty Milne.
1,016 reviews74 followers
August 7, 2025
This short book is on Boxall’s 1001 list and is translated from the Galician language of north west Spain. It is a poignant and bittersweet tale. First love, friendship, a faithful dog, poverty, the deep countryside, cruelty and injustice: all ingredients I more or less expected but which are handled with a kind of limpid beauty and simplicity. Sometimes I was reminded of that magnificent picaresque novel Lazarillo de Tormes, from an earlier time in Spanish history. Lazarillo is not only a masterpiece but it’s also sometimes funny, which this isn’t. So having given Lazarillo five stars I have to give this one four. But the Galicia of one hundred years ago felt remarkably alive to me while I read it, and I finished it with that strange blend of pleasure and sorrow that great literature so often evokes.
Profile Image for Jo March.
210 reviews33 followers
July 25, 2021
Outro dos libros da miña infancia que podería ler un cento de veces sen cansar nunca. A clase de libro que podes ler con cinco anos e relelo con cincuenta, e disfrútalo de ambas veces, aínda que de xeito distinto.
Quen se adentre na historia de Balbino, que malia ser un neno pequeno e que non ten demasiado coñecemento do mundo debido á súa pobreza e a ignorancia dun entorno conservador, de parvo non ten un pelo e é quen de facer reflexións bastante profundas sobre a vida; descubrirá unha historia tenra e conmovedora, que pode facer tanto rir coma chorar, co descubrimento de cousas coma a miseria, a emigración, a morte, a perda... E tamén cousas boas, coma a amizade ou o amor.
Recomendado a quen estea minimamente interesado na literatura galega. Teñas tres anos ou cento vinte.
Profile Image for George.
3,185 reviews
June 2, 2022
4.5 stars. A simply written, concise, coming of age novella about Balbino, a poor young boy in rural Galicia, Spain in the 1930s and 1940s. Through his eyes, Balbino writes notes about his experiences as a boy from a village, ‘a nobody’. He writes briefly about a number of significant events in his life, including death, love, friendship and injustice.

Highly recommended.

This book was first published in Argentina in 1961.
Profile Image for Raúl.
104 reviews6 followers
May 8, 2021
Este libro é TAN bonito... É que cada frase que les parece que estivese escrita pola inocencia e a bondade dun meniño. O feito de que un neno sexa o narrador da historia fai que moitas das cousas tristes que acontecen se vexan doutra forma polo mero feito de que están explicadas coas palabras e o coñecemento dun neno... Ademais, a súa experiencia e as súas aventuras lémbranme tanto aos veráns que teño pasado en Galicia...
Profile Image for Noa.
15 reviews1 follower
April 29, 2025
Un dos meus libros preferidos no mundo, 10ª edición de 1981, un rexistro de vocabulario rico e brillante, palabras coma frechas, o único libro que herdei do meu pai, adicado por Xosé Neira Vilas "para Noa e Elena boas galegas e boas lectoras". No top 10 de razóns para querer traballar nunha biblioteca coidando libriños e lectores, grandes e pequechos.

A tódolos nenos que falan galego, serei inmortal se ti me falas, un dos libros que me fixo namorarme da lectura e da lingua galega❤️ grazas a autores coma Neira Vilas agora teño dúas grandes herdanzas, algo que gardar e compartir, que é o meu amor pola lectura, o meu grande acompañamento dende nena, onde sempre houbo un lugar para min; e a posibilidade de existir e sentir en galego, onde chégame todo un pouco máis fondo, onde sempre cheguei a entenderme mellor a min mesma.

"Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo".
Profile Image for Adri Glez.
18 reviews
January 2, 2025
Coustoume un pouco de traballo lelo. A narrativa e máis ben lineal e destila melancolía, mais tamén penso que se cadra ese é o obxectivo do texto; amosar as duras condicións do rural galego, a imposibilidade de realizar un proxecto vital para o protagonista e como a través do diario argalla un xeito de escapar da monótona e fría realidade que vive. Penso en cantos dos nosos devanceiros foron Balbino.
Profile Image for Noa.
90 reviews65 followers
March 2, 2016
My grandad gave me this book as a legacy of his childhood. He used to keep it as a treasure, and now it is one of my most valuous treasures.

Just as my grandfather, Balbino is a young kid from a tiny village in Galicia who works the land. This book tells from the perspective of a child his age the adventures of Balbino with his family, his friends and "enemies" and people who work with him. Simple and short, just like life at that age itself, this is an excellent book that anyone interested on the reality of the first half of the XXth century in Spain should read. Harsh at times, sure, but sweet as h*ll.
Profile Image for Laura.
59 reviews15 followers
October 12, 2021
Todos me decían que tenía que leer este libro, que era precioso. Yo no sabía muy bien que iba a encontrarme, pero la verdad es que es algo muy simple: diferentes historias que le ocurren a un niño pobre en una aldea.

Creo que lo importante no es sólo lo que cuenta, sino cómo lo cuenta, ya que no estoy acostumbrada a leer las palabras de un niño (muy inteligente por cierto). En muchos de los capítulos, Balbino conseguía que me pusiera muy soft y en otros incluso enfurecerme con las injusticias que tenía que vivir.

Adoro que sean capítulos tan cortitos, porque he podido estirar esta pequeñísima historia de Balbino, un “ninguén”, quién se ha ganado un hueco en mi corazón.
Profile Image for Thalía L/A.
115 reviews3 followers
July 10, 2017
"-¿E logo as cousas non pasan porque teñen que pasar? -díxome.
Aledeime de que Lelo cavilase. A xente que non fai traballar o miolo deberíase anagar e ir polo monte, enriba de catro patas.
-As máis delas podemos gobernalas. E acontencerán según nós queiramos -díxenlle. Depende de min, poño por caso, que me chimpe ou non agora mesmo da ponte embaixo."
Profile Image for Maikel Nuñez.
Author 2 books6 followers
September 3, 2021
Uno de los mejores libros que he podido leer. Imprescindible. Narra la vida y memorias de Balbino, un niño de aldea. Sencillez, amor por las pequeñas cosas, recuerdos de infancia y momentos llenos de cariño hacen de él un libro que hay que leer por lo menos una vez en la vida.
Profile Image for Laura.
16 reviews7 followers
July 3, 2021
"A todos os nenos que falan galego" ❤
Profile Image for Chriss.
25 reviews1 follower
September 17, 2025
4,1/5⭐️

Cadroume algo mal a lectura, porque teríao terminado fai medio mes, pero deume un parón lector que ata que me sentei a ler outra vez non o din terminado.

O libro encantoume, podo entender perfectamente por que, escribíndose en Buenos Aires, tivo tantísima fama sen campaña publicitaria nin nada, dependendo solo do boca a boca. Todo o xogo de poderes entre as inxustizas que sofren os máis campesiños, que non teñen dereito a estudar por teren que atender aos traballos da casa (os mesmos que lles impón o amo), e moitas veces, como pasou no capítulo do Mestre, esa educación pobre tiña que ser imposta en castelán polos foráneos que non entenden a riqueza que temos na nosa terra.

E que teño que dicir? Se “Balbino era un rapaz de esquerdas antes de se quera saber o que era iso” e por estaren adicado a todas as nenas e nenos que falan galego 🩵
Profile Image for Marina.
100 reviews5 followers
December 30, 2024
O cole de Cruces organizaba moitos actos con Neira Vilas así que a primeira vez que lin este libro foi en 6º de primaria. O problema? Ninguén me explicou que representaba Balbino nin a importancia deste libro nin de Neira Vilas como escritor galego. Non entendín nada e collinlle bastante tirria (me avergüenzo de mis pensamientos).
É unha pena que o meu colegio non soubera explicarnos a sorte que tivemos todas as nenas de coñecer a Neira Vilas e parte da súa obra.
Estou completamente abraida coa prosa deste libro e con todo o que transmite. Non podo explicar máis.
Profile Image for Calzean.
2,769 reviews1 follower
May 10, 2018
A young Galician peasant boy tries to make sense of his world by writing down his experiences and thoughts. His is a poor, hard working world with little opportunity to break free. What adds realism is the writing style and language of the narrator.
Profile Image for Gabriel Moragues Corbí.
25 reviews
September 27, 2025
gustoume, unha historia tenra, podo entender por qué é tan importante, o que pasa que aínda hai moitas palabras que descoñezo e estiven buscandoas mentres lía e rompia o feito de entrar no conto. amo a Lelo :)
Profile Image for Ana Lithium.
69 reviews4 followers
July 3, 2024
Encantoume a sensibilidade coa que fala do mundo infantil
7 reviews1 follower
August 21, 2025
"Escribir no caderno -¡quen o diría! - é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre, pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa conmigo mesmo. Pero para min é milagre todo, dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo."

Escollo esta frase dentro da infinidade de opcións que hai dentro deste libro, no que parece que cada páxina agocha unha reflexión ou un apuntamento que merece a pena levarse con un. ¡Que maneira de contarnos a vida tés, Balbino! Canta sabiduría agocha Xosé Neira Vilas nas palabras dun cativo, dende o sufrimento e as inxustizas que marcaban o día a día da Galicia rural ata as cuestións últimas, todo dende unha mirada que non é o inocente que nos deberíamos esperar nun neno, pero si que tén a curiosidade que perdemos ao medrar. Balbino é un neno, que ao igual que os nosos avós, tivo que madurar á présa porque a vida non lle deu outra opción. Un neno cunha historia que non tén final feliz nen ao que a sorte lle sonríe polo simple feito de que a vida non tén porque ser así. Unha historia de esforzo continuo, sen recompensa e que fai que o lector sinta o que sinte o protagonista, aínda que para entender algo así habería que terse vivido.

Este libro, a pesares de que me durou nada máis que un día, deixa en min aprendizaxes e reflexións que me acompañaran moito, moito tempo. Non creo que poida deixar reflexado nesta opinión toda a magnitude da obra, pero si que podo recomendar efusivamente a todas as personas, especialmente galegas, que a lean polo menos unha vez.

Este libro serve para recordarnos que non deberíamos olvidar ningún de nós de onde vimos e co que cargan os nosos maiores, se somos o que somos é grazas a todo o que viviron, aprenderon e nos deixan como un legado, un regalo dun valor incalculable: unha lingua e unhas costumes que levan impresas milleiros de vidas e experiencias, as do noso pobo.

Como di a dedicatoria deste libro, pode que a que máis me houbera emocionado nunca, este libro é para todos os nenos que falan galego, e que, tal e como nos conta Balbino, que somos un ninguén. Que nunca se nos olvide de donde vimos.
Profile Image for Juan A. Arias.
20 reviews12 followers
October 11, 2024
A terceira vez que o les é ainda case mellor que a segunda.

"Os grandes esquecéronse de cando eles eran pequenos. Se esculcasen os nosos ollos desandarían a tempo. Pero adícanse a outros problemas e non fan caso de nós."
Profile Image for Kristel.
1,960 reviews48 followers
January 21, 2016
This is a story of Galicia, an area in NW Spain, isolated and poor. It is the notebook of Balbino, a peasant boy. He writes about his day to day experiences and his musings. Balbino is very smart, his thoughts are full of richness and they give the reader a picture of this area and life. We know that Balbino was able to go to school. He also does some substitute teaching. He talks about the unfairness of having to take abuse from the landowners mean son. The joy of his friendship that is interrupted when the boy moves to America with his parents. He often mentions that he is a boy not meant to have good fortune. The author is Galician but he moved to Argentina before writing this book. Galician is a separate language and people from Spain. The author wrote in Galician. It was translated to English.

First sentence: I am….Balbino.

Quotes:
“Our life will keep on fermenting with strange, borrowed yeast.”

“because time both treats injuries and make trees rot.”

Last words: Let him take it away.
Profile Image for María Lourenzo.
15 reviews27 followers
September 5, 2018
"Eu son... Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña".

Seime de memoria fragmentos de 'Memorias dun neno labrego' de Xosé Neira Vilas; e gardo coma un tesouro unha primeira edición deste libro, ademáis, da edición de Edicións do Castro con ilustración de Isaac Díaz Pardo.

'Memorias dun neno labrego' conxuga novela de iniciación con reivindicacións sociais; mezclando temáticas universais (coma o caciquismo, a pobreza, a marxinación) co rexionalismo.
Profile Image for Estevo Raposo.
418 reviews9 followers
December 26, 2015
Maxistral retrato da vida nunha aldea galega dende os ollos limpos do neno Balbino, que vai rexistrando no seu caderno como ve a escola, un velorio, o traballo na terra e o ir co gando, unha romería...

Xa sei que é unha novela, unha ficción, pero pareceume un libro cheo de verdade e sorprendeume a riqueza do léxico galego de Neira Vilas.
Displaying 1 - 30 of 86 reviews

Join the discussion

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.