A historia de amor que conta 'Cabaret Voltaire' atravesa todo o século XX para acabar converténdose nunha crítica aceda da violencia e da guerra. Jaureguizar, un dos narradores galegos que mellor manexa o rexistro paródico e desmitificador, logra transmitir a tensión dunha época dominada pola barbarie e os abusos de poder. A novela comeza na vila de Ribadeo nos anos trinta e, con senso do humor e axilidade narrativa, continúa no Berlín do nazismo e da guerra fría para rematar na actualidade, nunha Europa convulsa polo conflito de identidades. Premio García Barros 2005
Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, coñecido como Jaureguizar, nado en Bilbao o 14 de agosto de 1965, é un xornalista e escritor galego.
Nacido en Bilbao, viviu a infancia e mocidade en Ribadeo. Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo na sección de Cultura e nas seccións Lugo inédito e Cidade xardín. No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial 2009.
Foi pioneiro na introdución da literatura galega en Internet, con proxectos como "Familia feliz" en Vieiros ou a web infimos.net. Tamén liderou durante un ano en Elvicristo Machine, grupo de narrativa trip-hop.
Os seus inicios literarios están relacionados co movemento Bravú.