Jump to ratings and reviews
Rate this book

Furia

Rate this book
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro. "Furia" non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.

248 pages, Paperback

First published October 1, 2023

39 people want to read

About the author

María Reimóndez

66 books49 followers
María Reimóndez Meilán was born in Lugo and is a professional translator and interpreter. Her first book published is the poetry collection Moda Galega (Edicións Positivas, 2002). In 2003 she was awarded the Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo for the novel O Caderno de Bitácora (Edicións Positivas 2004). In 2005 she was short-listed for the awards Premio Merlín de Literatura Infantil for Usha (Edicións Xerais, 2006) and Xerais for O club da calceta (Xerais 2006), which was later awarded the Premio San Clemente and translated into Italian and Spanish, adapted to theatre by Teatro do Morcego and to film by Ficción Producciones.

She has also published six books for children on different Galician counties with Editorial Everest. Recently, she also published Lía e as zapatillas de deporte (Xerais 2008), Premio Frei Martín Sarmiento 2010 and O Monstro das palabras(Xerais 2009) for children, and Pirata (Xerais 2009) for adults. Reimóndez is also a well established literary translator, especially of children’s literature with over twelve books published, besides Erín Moure’s poetry collection Teatriños or the theatre play Kvetch staged in Galician by Teatro do Morcego . In 2011 she published Despois da medianoitea translation of Tamil author Salma’s The Hour Past Mid-Night. In 2009 she was granted the translation award Plácido Castro for her translation of A historia de Mary Prince, unha escrava das Illas Occidentais. In 2012 her first book as an essayist will be published in co-authorship with Olga Castro – Feminismos is an overview of feminist theories around the world. Already in 2010 Reimóndez published a chapter on the symbolic violence of literary criticism against Galician women writers in the volume Violencias visibles, violencias invisibles with the Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias. (Icaría 2010). Also in 2010 she was writer-in-residence at Bangor University (Wales, UK), where she lectured on translation, writing and literature and she also did a reading of Pirata in London. She has also been invited to the University of Stirling and Munich and in 2011 she was one of the guests of the artist’s house Villa Waldberta in Munich, invited by the Instituto Cervantes of the city for their Autumn cultural programme.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
7 (10%)
4 stars
25 (39%)
3 stars
16 (25%)
2 stars
10 (15%)
1 star
6 (9%)
Displaying 1 - 9 of 9 reviews
Profile Image for Marta Cava.
609 reviews1,163 followers
Read
October 3, 2025
m'agrada que no sigui la típica novel·la juvenil de "noia-amb-problemes-comença-a-fer-boxa" i ho abordi de manera diferent. està molt bé l'ús de diferents veus narratives i quin tros de traducció ha fet en Sebastià Portell
Profile Image for Xabier P. Igrexas.
15 reviews3 followers
August 20, 2025
Unha lectura áxil das que deixan con fame. Literatura xuvenil da que axuda a facer persoas adultas. As súas páxinas quedan curtas para as moitas historias aniñadas nun relato caleidoscópico narrado a varias voces e que na súa cerna, para alén da trama principal, encerra un pedazo da propia autora e da súa historia, partillado coa xenerosidade de quen sabe da importancia de construír o "eu" sob a afirmación do "nós". De que tecer comunidade esixe, ás veces, (ex)poñer fío do propio.

Lonxe da palabraría oca, dos lugares comúns e do insubstancial, no libro ábrese paso a furiosa realidade, do cotiá e das marxes, cunha ollada propia que visibiliza en cada treito a diversidade. Derrubando mitos e tronzando caricaturas, como a de presentar o boxeo como forma de violencia. Un texto disruptivo, comprometido pero abranxente, que nos fala das perdas, das carencias, da dor, mais tamén da esperanza, do abrir camiño. Da(s) vida(s). Nun Vigo no que o que alumea é a calor de barrio e da súa xente, nun galego seseante; nunha cidade de carne e óso e non de cartón de parque temático.

Oxalá o seu final aberto (e algo brusco) dea lugar a unha segunda parte 🤞🏻
Profile Image for Ana Arias Castro.
179 reviews7 followers
December 23, 2025
Caeu nas miñas mans para este Nadal, a novela xuvenil Furia de María Reimóndez, publicada xa hai dous anos por Xerais. Por algunha razón sinto que levo unha tempada lendo novelas sobre a perda e o dó, e esta non é simplemente unha máis.

A protagonista, Cecilia ou máis ben Ce, é unha rapaza que se sente desnortada e que non dá atopado o seu lugar na vida trala morte da mai. Queda logo ao cargo da súa tía avoa, que se ve superada á hora de axudar a esta adolescente perdida, furiosa e hermética con ela mentres intenta facer números para levar o día a día, tendo que escoller entre estar máis tempo con ela ou traer máis cartos á casa. A vida non axuda a estas dúas mulleres, precariedade, un futuro que non se albisca prometedor, os estudos de Ce que van de mal en peor, e a Avoa Remorso buscando darlle unha saída a tanto desacougo. Nese proceso de buscar posibilidades aparece o boxeo, que pouco a pouco vai enchendo os ocos de desesperanza da adolescente.

Esta é unha historia de mulleres interesantes: Ce, a "avoa remorso", a compañeira de ximnasio M, todas elas intentando superar as súas propias dificultades na vida. Pouco a pouco aparece Blue, un personaxe non binario que se vai atopando entre as dificultades que atopa pola súa falta de definición de xénero.

Os temas tratados son moitos e interesantes: a dificultade de superar o dó, o apoio familiar e do círculo próximo, as desigualdades sociais, o papel do sistema educativo ou a importancia de ter algún elemento firme para vertebrar a nosa vida, especialmente nunha etapa de construción da identidade como é a adolescencia. Tamén están presentes as diferenzas entre o galego estándar, o de Rianxo, o de Lugo ─como non─ e o conflito entre o uso do galego e o castelán, algo polo que moitas outras novelas pasan de longo.

Fácil de ler, personaxes interesantes, capítulos curtos, o boxeo como motivación ou a elección de camiños vitais non típicos son elementos que fan desta lectura un gran pretexto para a reflexión e a conversa.
Profile Image for Diego.
67 reviews6 followers
December 19, 2024
A min hai cousas que non me funcionaron, como certos discursos sobre a autenticidade do galego nunha novela LIX ou a inserción da autora como personaxe e narradora cando a protagonista é outra e as personaxes todas teñen unha visión endeusada da autora-personaxe. Tampouco cheguei a entender o xogo de que os personaxes non tivesen nome (agás Blue e dous aleatorios do ximnasio?), mesmo nos capítulos narrados pola personaxe-escritora e por Blue; creo que fai que non se separen ben os niveis narratolóxicos. Así e todo, devoreina en tres días e a historia gustoume.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for María.
31 reviews
November 26, 2025
Nun primeiro momento non conectei en absoluto coa lectura. Custoume moito seguir léndoa porque a falta de conexión provocoume un gran aburrimento. Porén, debo dicir que se trata dunha novela moi actual, que chisca un ollo á diversidade sexual e de xénero. Pode ser, quizais, o libro que alguén necesite que caia nas súas mans (pensando no alumnado de secundaria).
Recomendo o libro para 3°ESO en diante.
27 reviews
January 15, 2026
No me gusta nd, la relación entre Blue y Ce es rara y a veces da lache, mucha.
Me parece bn q consiga por fin salir de su burbuja de negatividad aunque lo haca en las ultimas paginas porque la verdad es q me caia fatal la tia pero bueno, se me hizo soportable al final
This entire review has been hidden because of spoilers.
Displaying 1 - 9 of 9 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.