Jump to ratings and reviews
Rate this book

A ferida imaxinaria

Rate this book
«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco para que se produza a primeira eclipse solar total que poderá verse nesa zona do mundo en moito tempo, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. As personaxes desta novela están fuxindo, pero non sempre saben de que. Coma se fosen corpos celestes, inflúense uns a outros sen tocarse. A observación dun acuario, a mentira patolóxica, os foros de internet, a televisión, e a obsesión polas catástrofes, a arte ou a astroloxía, convértense en mundos alternativos, útiles, sobre todo, para non estar neste.

176 pages, Paperback

First published January 18, 2024

11 people are currently reading
310 people want to read

About the author

Berta Dávila

26 books116 followers
A escritora Berta Dávila (Santiago 1987), que moi nova sorprendeu gañando o Premio
Biblos-Pazos de Galicia para menores de 21 anos e culminando da man de Agustín
Fernández Paz a súa notable primeira novela Bailarei sobre a túa tumba (2008), é hoxe unha recoñecida poeta e narradora con poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, premios Johán Carballeira, da Crítica española e da AELG) e obras narrativas como libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido para o castelán e o xaponés, ou a novela O derradeiro libro de Emma Olsen, premio de narrativa breve Repsol en 2013, co que obtivo tamén o premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Tamén foi nomeada pola AGE autora do ano en 2014.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
42 (11%)
4 stars
102 (27%)
3 stars
160 (43%)
2 stars
50 (13%)
1 star
14 (3%)
Displaying 1 - 30 of 72 reviews
Profile Image for Ana Beloso.
73 reviews7 followers
January 28, 2024
Foi lido e querido en trens, avións e casas de amigas. Gustoume moito a maneira en que encaixa todo e, como sempre, a prosa da autora e os seus enxeños para facerse entender.
Profile Image for Marta.
89 reviews14 followers
March 4, 2024
Creo que non acabei de conectar de todo co libro, como si me pasou cos anteriores que lin da autora. Berta sempre será unha das miñas escritoras favoritas, xa que o que me transmiten os seus escritos poucas veces o atopo noutras lecturas, pero esta novela si que me deixou un pouco fría ao acabala. De todas formas, a construción das personaxes e, en especial, a relación que se vai forxando entre elas a medida que vai pasando a novela si me gustou moito e foi algo que desfrutei ir descubrindo. A maneira de narrar de Berta é moi persoal e sempre lle vai dar ás súas obras ese toque propio que fai que con ler un mínimo fragmento o lector xa saiba se un libro é ou non dela.

Sempre me gusta moito quedarme con algún anaco das novelas de Berta. N'A ferida imaxinaria un dos que marquei é o seguinte:

"É posible fuxir cara adiante coa imaxinación ou fuxir cara atrás co recordo, pero no primeiro caso algunhas veces unha non é abondo resistente como para soportar a tensión de escapar, e no segundo caso unha bate sempre con aquilo que a persegue ou con aquilo que teme. De todos os modos, o problema de instalarse na fuxida é esquecer quen eras antes diso e mesmo se algunha vez fuches alguén".
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Manuel Gil.
337 reviews50 followers
May 5, 2024
Sen dúbida, o libro que máis me gustou de Dávila. Atopa unha escrita moi suxerente, especialmente interesante na terceira persoa, ou mesmo no xogo entre a primeira e a terceira.
Profile Image for lena.
137 reviews
January 22, 2025
pásame con berta dávila que de primeiras non son capaz de dilucidar se me resulta pretenciosa ou dunha claridade case clarividente. así pois, custoume un pouco entrar n'a ferida imaxinaria. entendín o clima de inapetencia que quería construír, creo, pero aínda que é unha novela moi breve, de primeiras todo o tema dos peixes estaba parecéndome rizar o rizo de máis. e entón empeza esa segunda sección e é na contraposición onde a obra brila, a pesar de facer nas súas páxinas un alegato sobre identificar as cousas a partires dos atributos que os diferenzan do outro ou talvez precisamente por iso.
e deste xeito, con este xogo de primeiras e terceiras persoas, de beatrices, paulas e irmás sen nome, dávila constrúe unha historia simple e honesta acerca de como lidiamos co baleiro. pequeno paréntese na vida allea, coma un eclipse ao que a multitude agarda expectante. todo tinguido de gris nunha novela milimétrica que non deixa de ser ventá a todas as imperfeccións coas que cargamos por dentro, mirar a ferida aberta e ver o sangue sucio na grieta. unen as desgrazas imaxinarias, mentres que as fácticas separan.
Profile Image for mari.
69 reviews2 followers
June 7, 2024
“Cando meu pai morreu, pensei que podería trazar un bosquexo da inminencia do suceso, antes de que se producise, e un bosquexo tamén da súa sombra proxectada, pero non pensei na dificultade de definir o límite desas dúas escuridades, de separar unha de outra e dar coa zona en que unha principia e outra remata.”
Que marabilla de libro <3
Profile Image for Rubén Sarabia Jofre.
219 reviews30 followers
January 23, 2025
“La Herida Imaginaria” de Berta Dávila gira entorno a dos parejas de hermanas que, paralelamente, viven de forma imaginaria cosas que no se han sucedido todavía, o sí, todo está en la cabeza, y que las van a mantener durante casi toda la novela algo distanciadas. Son historias que nacen en un lugar común pero que se separan por distintos caminos, todos muy diversos y solitarios.

La primera de ellas, la narradora, junto a sus peces Cleo y Rob, y su hermana Beatriz, madre de una hija llamada Ada, heredan una casa en Soutelo, Galicia, justo después de la muerte de su padre y, con muchas diferencias, se deben afrontar tarde o temprano a la venta de una propiedad que no desean conservar. Las segundas son Marga y Paula y tampoco se relacionan demasiado entre ellas. La primera dedica su vida profesional a la escultura y acaba ganando un concurso que la va a llevar a disfrutar durante unos días de una casa arquitectónica junto a la casa en venta heredada por las dos primeras hermanas. Marga y Paula están distanciadas pero ambas se retroalimentan en el pensamiento y, aunque no se ven, juntas y en paralelo acaban creando otra herida.

Una historia breve, apenada y disgregada y que, aunque tiene momentos muy bien representados y escritos por la autora, creo, y es tan solo una opinión personal, que le falta algo de desarrollo. Así como hay muchas novelas con mucho relleno y a las que les sobra chicha, esta es todo lo contrario, se lee en un momento, es una novela de 160 páginas que se pasan en un suspiro y en el que al llegar al final, posiblemente, vas a sentir que te ha faltado algo más. Una novela ágil y perfecta para leer entre historias mucho más potentes.

CITA DESTACADA:
"El deseo auténtico tiene que ver con la imaginación, con la memoria nunca. Y la memoria, a diferencia del sueño, devora la vida y enferma. Por eso empecé a despertarme cada vez más tarde y a acostarme antes cada vez."

NOTA: 6,5/10
Profile Image for Adrián Gondar ✨ miracomoleo.
59 reviews20 followers
February 22, 2024
Faltan poucos días para que se produza unha eclipse solar, e dúas parellas de irmás viven o seu particular dó.

Creo que nunca me afrontei a unha recensión tan difícil como a de 'A ferida imaxinaria', de Berta Dávila. Porque é unha autora á que admiro moito, da que gardo grandes recordos tanto con 'Carrusel', como con 'O derradeiro libro de Emma Olsen', 'Os seres queridos' (que vos recomendei fai pouco) e mesmo 'Un elefante na sala de estar' (unha das miñas escasas inmersións na literatura xuvenil), pero coa que esta vez non puiden conectar.

Estaba acostumado a outro estilo de Dávila, de moitísima maior intensidade, e a rebaixa nese aspecto (non sei se é algo intencionado ou froito da evolución da súa voz como escritora) resultoume tan interesante como agradecida. É unha desas autoras que conseguen transmitir moito con moi pouco, e iso conségueo tamén aquí. De feito, que optase por un estilo menos excesivo fai que cada palabra e cada unha das imaxes que crea destaquen moito máis nun fluxo natural e fresco.

Porén, á hora da verdade, malia que si sentín a dor, a estrañeza e a soidade das súas protagonistas, non entendín que era o que realmente quería contarnos. Pasei a lectura coa sensación de non saber cara a onde ía, de non rematar de empatizar por completo coas personaxes, de estar perdendo moita información (de feito, por momentos custoume moito distinguir as personaxes, ou máis ben cadansúas relacións fraternais), e o punto de unión entre os dous pares de irmás resultoume algo confuso.

Aínda así, creo que vale a pena lela polo bonita que é, e estou seguro de que esta será a excepción que confirme a regra e que volverei falar marabillas da súa próxima novela.
Profile Image for Chris_books_.
447 reviews22 followers
March 6, 2024
La herida imaginaria es la nueva novela de Berta Dávila, autora a la que leo por primera vez, atraído por el éxito que ha ido consiguiendo con sus anteriores publicaciones.

En esta novela se mezclan varias pequeñas historias, aunque todas se cruzan en el camino, en una aldea de Soutelo. Las principales serían las de dos parejas de hermanas con una relación peculiar de inicio.

Llegué casi a la mitad de la lectura sin darme apenas cuenta. Bien es cierto que el primer capítulo es muy raro, no sabemos por dónde va a ir, y diría que no me gustó demasiado, pero cuando ya entra en el meollo me enganchó bastante aun sin terminar de saber si lo que estaba leyendo me estaba convenciendo.

Me da la sensación de que es una autora a la que hay que tomarle el pulso, y que cuanto más lees de ella, más lo disfrutarás, por su peculiar forma de narrar. En mi caso me ha costado entrar en "su juego" ( aunque ya digo que estaba enganchado en la primera mitad), sobre todo si hablamos de la historia en sí, que se me ha quedado bastante a medias; me hubiera gustado saber más de cada historia, que estuviese más desarrollada.

No puedo decir que no me haya gustado, porque sí que lo ha hecho, pero es verdad que, siendo una autora de la que había oído cosas tan buenas, quizás me esperaba algo más.

Como siempre digo, esta es mi simple opinión, así que, si os llama, os animo a leer otras opiniones y ya decidir.
Profile Image for Celia.
33 reviews1 follower
January 12, 2025
É innegable que o xeito de narrar de Berta Dávila está moi coidado e é doado e agradable de seguir. Gustáronme moitas cousas da novela, precisamente en relación con como está escrita así como certas reflexións, ademais de que en certos momentos empaticei con algún dos personaxes. Aínda así, creo que non acabei de pillar de todo a eses personaxes que son o centro da novela, tanto nun sentido individual como a relación entre todos eles. Entendo esa idea de soidade que se intenta transmitir a partir de todas as mulleres e como cada unha intenta sobrelevala como pode. Aínda así, precisamente os distintos xeitos de sobrelevala de cada unha non me resultaron de todo coherentes en moitas ocasións, levados ás veces un pouco de máis ao absurdo aínda se esa era a intención. De tódolos xeitos, foi unha lectura amable de fin de semana, e aborda certas ideas que son particularmente do meu interese, como a complexidade entre as relacións humanas e o illamento entre persoas que sofren, moitas veces incluso moi próximas e que sofren polos mesmos motivos, pero irreconciliables ante a dificultade de entenderse entre elas, pensando e comunicándose en códigos diferentes.
Profile Image for Alícia Lara.
167 reviews8 followers
September 24, 2025
"Aparentment, que una persona sigui propietària d'una casa no significa que aquella casa li pertanyi del tot. A la Marga li agrada, malgrat això, el que passa en aquell jardí a causa de l'abandonament. Sent que hi ha alguna cosa ingovernable en les falgueres que creixen per fora de la tanca. Alguna cosa que no s'atura."
"Diria que vaig estar a punt d'emmalaltir de melancolia, de nostàlgia i de resignació, però vaig adonar-me que no tenia prou diners per fer tot això. Quan la temptació de l'autocompassió reapareixia, pensava en els diners que no tenia i l'enuig sepultava el decaïment anterior."
"... a la contra de la casualitat, a la recerca d'una sèrie d'accions i de les seves conseqüències, com si llancessin contínuament un bumerang i, després, si més no algunes vegades, fingissin sorpresa en el moment de rebre'l a la tornada."
" De tota manera, el problema d'instal·lar-se en la fugida és oblidar-se de qui eres abans d'això, i fins i tot de si alguna vegada vas ser algú."
Profile Image for Julio César.
851 reviews2 followers
February 15, 2025
La verdad que tiene talento esta escritora, genera unas narraciones muy simples, en una veta norteamericana pero con más saudade, incluso con algunas reminiscencias bolañescas (la escena del camping). Y a nivel de construcción general es también curioso, porque son short stories pero unidas por un hálito de familia, con personajes y una zona casi saeriana que es una parte de Galicia.
Creo que este lo escribió directamente en castellano, o al menos la publicación original es en castellano, porque no aclara traducción. Tiene vueltas curiosas, como: “El recepcionista le proporcionó una bicicleta para que explorase la zona” (p. 126), donde otro diría “le dio”, o incluso “le facilitó” o “le brindó”; hace esas cosas medio barrocas que para mi gusto son muy disfrutables. Enhorabuena.
Profile Image for criscoco.
54 reviews
November 3, 2025
Está escrito precioso pero persoalmente sinto que me faltou narrativa
Profile Image for Antonio Parrilla.
440 reviews54 followers
April 6, 2024
Agás o último paragrafo, encantoume. É destes libros que non sabes moi ben qué cousa teñen -porque igual non entendes do todo o seu obxetivo- pero que dan unha atmosfera de acougo que é marabilloso ler. Berta Dávila ten unha mirada que xa quixese eu.
Profile Image for Raúl.
109 reviews7 followers
June 28, 2024
Dáme pena dicir esto sobre A ferida imaxinaria, pero fíxoseme longa para todo o que quere explicar. Sentín que a historia avanzaba, pero dun xeito moi lento, e non había forma de facer espertar as personaxes.

A disposición dos capítulos e as historias paréceme un pouco confusa e cando chegas ao final, a sensación é que non se acaba de resolver nada. Dáse moita importancia a feitos durante toda a narración que despois ocorren nunha liña.

Pero dáme pena sobre todo porque penso que a premisa é moi interesante e puido facerse algo moito máis grande con elo. Ao final sinto que a historia acaba ás présas e sen resolvelo todo, e o último parágrafo penso que era mellor quitalo.

Espero poder atopar algunha novela galega contemporánea que me atrape coma o fan as novelas castelás e catalás.
Profile Image for Pata Tús.
81 reviews61 followers
April 16, 2024
Me ha gustado mucho. Amo de Dávila su falsa calma, ese sosiego tan elegante que tiene para embaucarte, para sumirte en un ritmo tranquilo donde de pronto te suelta unas barras certeras y demoledoras. La verdad es que su universo literario me parece muy valioso y, además, muy disfrutón. Por poner una pega: el final no me encantó, quizá se deje caer demasiado en lo cursi (para mi gusto). ¡Pero mis dieces!
Profile Image for Nacho Alvarez.
84 reviews
May 7, 2024
Para lo corto que es, se hace muy largo porque en mi opinión es muy aburrido.

Un libro que no transita a ningún lugar pero además de manera aburrida.

Por momentos parece que la autora intenta escribir frases bonitas pero a mí no consigue atraparme.
Profile Image for Mònica Villanueva.
193 reviews4 followers
August 31, 2025
Fluixet, fluixet. De la mateixa manera que els personatges s'inflen, s'acaben desinflant i esperes que al final lligui tot i resulta que res no lliga bé.
Profile Image for Esmeralda Casabianca.
14 reviews
January 3, 2025
Segundo libro que leo de Berta Dávila.
Se avaliase a calidade literaria desta muller e o ben que está todo escrito, poñeríalle as 5 estrelas. Porén, por moi ben escrito que estea teño que dicir que non me terminou de chistar demasiado.
A fractura entre as relacións das irmás está manifesta dende o primeiro capítulo, mais, con todo, creo que lle faltou máis afondamento nos conflitos. Quería saber máis dos sentimentos de todas.
Deixoume unha sensación de insatisfacción que non me deixara Os seres queridos.
Malia todo, como dixen, encántame como escribe esta muller, así que probablemente me poña con outro libro seu neste mesmo ano.
Profile Image for Ra Souto.
10 reviews1 follower
May 3, 2025
Gústame moito o xeito de escribir de Berta Dávila. A descrición das personaxes, dos espazos e das accións da vida cotiá fan que sexa unha lectura amena e placenteira.

Alén disto esperaba máis do libro. No inicio desfrutei da trama mais conforme avancei fíxoseme difícil seguir o fío da historia. Os últimos capítulos parecéronme unha concatenación de accións onde se colocaban elementos para unir as vidas das personaxes, dun xeito, ao meu ver, moi forzado.

Disfrutei da lectura mais das obras da autora que lin foi a que menos me gustou.
Profile Image for Pianobikes.
1,403 reviews27 followers
July 15, 2024
“La conclusión es obvia: unen las desgracias imaginarias, separan las desgracias fácticas” ~ La herida imaginaria de Berta Davila.

Una historia que he leído en un día un poco como puente para desconectar entre lecturas. En ella conocemos a una joven que vive sola y que un día decide adoptar a dos peces. También nos presenta a Beatriz, su hermana. Años tras la muerte de su padre, ambas se han de enfrentar a la casa de la familia, ubicada en un pueblo gallego, porque algo habrá que hacer con esa propiedad. Ella nos cuenta su historia en primera persona y perfila la herida imaginaria que las separa.

Por otro lado, tenemos a Marga, escultora, que gana una estancia en una casa de diseño cerca en el mismo pueblo en el que se ubica la casa heredada y abandonada de las hermanas. Marga también tiene una hermana, Paula, con la que no mantiene relación pero a la que parece que echa de menos por las veces que la menciona. Entre ellas, otra herida.

Las historias de las cuatro se tocan tangencialmente y todas transmiten soledad producto de esa “herida imaginaria” que subyace en sus relaciones. Es una historia triste, la verdad, que no me ha dicho gran cosa y se me ha quedado corta –bueno, es una novela que no llega a las 200 páginas–. Creo que el tema podría dar para más sentimiento que es lo que realmente me ha faltado, ha sido como pasar por encima del agua sin mojarse. Por lo demás, correcta.
Profile Image for Andrea.
73 reviews9 followers
February 2, 2025
3'25/5 ⭐
Teño que confesar que a lectura deste libro deixoume bastante indiferente. Está moi ben narrado e gústame a forma que ten a autora de contar as cousas pero quedoume a historia a medio fuelle. Tamén penso que iso mesmo que para min é unha pega, é un dos encantos do libro, cuxa trama e acontecementos tan só teñen a función de ser e que nos cheguen sen a necesidade de desenvolver máis nada.
Profile Image for Gabri Fuentes.
63 reviews15 followers
April 19, 2024
Se ben o comezo me deixou un pouco confuso e fóra, da metade en diante, a historia (e con ela o enfoque de todo) medra moito e gaña moita riqueza.

Dávila volve mergullarnos nas intimidades de familias de personaxes orixinais, algunhas raras, case que sacadas dun soño divertido.
52 reviews1 follower
June 4, 2024
Mucha gente sola sin saber unas d otras
Profile Image for Silvia.
35 reviews1 follower
February 27, 2025
Que maneira máis bonita de fiar historias e conectar persoas
Profile Image for Gonza M Fontán.
220 reviews10 followers
September 21, 2025
sóbranlle ou fáltanlle cousas aínda que me gustou a narración moito foi satisfactoriamente nada do que esperaba gustoume penso 3,5 mais ben porque a ratos non conectaba nada
502 reviews2 followers
July 22, 2024
Posiblemente se trata de un efecto deliberado, pero no consigo entender el por qué de la novela. Si es que hay algún por qué. Veo únicamente un grupo de personajes relacionados (relacionadas) entre sí sin saberlo, hundidas en sus diferentes grados de soledad y tratando de explicarse a sí mismas de las formas más inverosímiles. Mirando los peces de una pecera o la serie “Urgencias", creando figuritas de papel maché dentro de una casa de cristal, participando en un concurso de la tele, actuando como adivina en internet… Mujeres que no hablan entre sí, que callan o que inventan/mienten. Esta vez no me llegó
Profile Image for rodri.
17 reviews
August 21, 2025
o libro gustoume moito, linno en Colonia y tamén en Guadalajara. grazas a Luís por deixalo, non axudoume a aprender galego pero foi divertido.

--

son más 3,5 que cuatro, aunque está bastante bien; quizá haya llegado cuando ya el tema mujer-ruralismo-interioridad está un poco agotado, si que me ha parecido mejor que otras cosas que he leído
Displaying 1 - 30 of 72 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.