Jump to ratings and reviews
Rate this book

Arquivos Malvís #2

Aqueles corpos nosos

Rate this book
Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecemento do mundo sobrenatural para resolver a desaparición de Sandra Valverde antes de que o seu corpo se engada á lista de necrolóxicas e, polo camiño, facer fronte a unha pregunta que o cambiará todo: ata onde están dispostos a chegar para protexer aquilo que se quere? Logo do éxito de "Cando sangren os lobos" (I Premio Xuventude Crea de Novela Curta), Adrián Gómez Ramos regresa á escrita con "Aqueles corpos nosos".

224 pages, Paperback

First published January 18, 2024

7 people want to read

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
7 (70%)
4 stars
3 (30%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for Lara.
408 reviews15 followers
October 20, 2024
recensión: ola? OLAAAAAA??????? MEU DEUS QUE LIBRO

a forma na que me ventilei este libro non é descriptible. e que é unha mellora en canto o primeiro en todos os sentidos. ten máis páxinas polo que, aínda que o ritmo é trepidante, temos tempo para desenvolver a trama co suspenso que merece, ademais de meternos un pouco máis na psique dos personaxes. se no 1º dicía que unha das maiores pegas era que cousas como a relación entre Xandre e Bregán ocorrían moi rápido, neste fun capaz de gozalas como debería. pasei toda a novela preocupade por estes dous e amando os seus momentos de complicidade. espero que lles vaia todo ben, biquiños pra eles <3

logo, unha cousa que sinto que mellorou a experiencia é que non sabemos ata un bo punto do libro quen ou que está cometendo os asasinatos. no primeiro o feito de xa saber que é un lobishome e que o misterio radique no porqué non é algo malo, tamén gosto moito deste tipo de misterios (e ademais serve para enfocarnos máis na presentación dos personaxes e do mundo). a cuestión é que aquí produce tensión, unha sensación de que non sabes realmente o que está a pasar nin o que pode suceder.

a maior queixa que podo pensar agora mesmo é que quedaron algunhas cousiñas colgadas, mais ten sentido porque vai haber terceira parte, a cal necesito AGORA MESMO. o terceiro libro pra cando.

pre-recensión: TEMOS SEGUNDO LIBRO LET'S FUCKING GOOOOOOOO

literalmente chillei cando descubrín que vamos ter segunda parte. ao mesmo tempo, pois normal. quedaba claro polo final do primeiro que unha continuación era NECESARIA.
Profile Image for Gabri Fuentes.
63 reviews16 followers
January 30, 2024
Que gran segunda parte para os Malvís!!! Amplíase o universo sobrenatural en Compostela, aparecen ameazas inesperadas, atopamos respostas a interrogantes do pasado e a chegada de caras novas ás vidas dos dous irmáns farán que todo cambie para sempre.

Moito máis fiado que a primeira novela, a un ritmo de intriga ben marcado e estruturado.

Como únicos puntos frouxos: botei de menos máis diálogo e menos explicación do narrador, presenciar os conflitos a viva voz e non tanto lelos nas súas conciencias. Pero entendo que é unha limitación do xénero e do público obxectivo (lembremos que estamos en "Fóra de Xogo").

Tamén me faltou máis desenvolvemento cara ao final, no GRAN conflito, para poder entender como se dá a gran batalla final.

Se vos gustou o primeiro, este vaivos encantar!
Displaying 1 - 2 of 2 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.