Despois de comezar a publicar en ribadeando.com recensións co tag "recuncho da lectura", copio os últimos comentarios en Goodreads.
Novela amable con quen le, pasa fluída e agradecida. A escrita e o argumento sinxelos invitan ó descanso 'en lendo'. Non se trata dunha gran novela do xénero negro, senón de algo de paso, o que pode non ser menos importante. Que a acción transcorra en Lugo, un pequeno plus para a xente da zona.