Un libriño autobiográfico no que un blanco católico conta a súa infancia e adolescencia en South West Philadelphia nos 70, e como veu cambiar o seu vecindario, dun lugar tranquilo a un lugar violento. De como empezaron a irse cada vez máis familias aos suburbs, vendo que non era seguro para os cativos criarse alí, con muitas papeletas de acabar con puntos de sutura ou antecedentes penais, ou peor.
Botei de menos un análise das causas deste efecto contrario á xentrificación, pero o libro está escrito desde a perspectiva dun chaval de 14-17 anos, e céntrase na narración de eventos de violencia racial, e en como os pícaros do barrio pasaron de ser uns nenos xogando todo o día ao baloncesto a ser unha banda callejera organizada e preparada para pelexar en calquera momento por defender o seu territorio.
E botei muito de falta a perspectiva negra destes cambios no barrio. Gustaríame regalarlle este libro a Spike Lee e que fixese unha película dándolle a volta totalmente.
Particularmente chama a atención de que os nenos negros tiñan que escapar da policía cando aparecían para romper unha pelexa, mentres que os nenos blancos se iban de vacacións cos policías á serra no verán para escapar dese ambiente enrarecido de conflicto. E de que cando nunha pelexa hai un morto negro, ao asesino branco se lle condene a 15 anos de cadea, mentres que cando o morto é branco, a xustiza sáldade con 3 rapaces negros con cadea perpetua.
Gustaravos se ao oeste de Filadelfia crecístedes e vivístedes sen facer moito caso á policía, e se xogabades ao basket sen cansarvos demasiado porque polas noites vos sacabades o graduado.