Imos por partes:
O thriller non está mal pero ten moitas cousiñas a millorar. Para empezar, ALERTA SPOILER: A quen carallo se lle ocurrer apuñalar a súa amiga (que acaba de morrer por un ataque alérxico) para simular o seu asesinato? Pero non contento con iso, despois , non contento con semejante show, lévaslle o cuchillo a seu irmao mentres durme para que parezca el o asasino. Ah, espera espera, que ahora vai o millor, o pai da asasinada atópate coas maos na masa e, acojonado por si os seus trapos sucios saen a luz, non é capaz de dicir a verdade, así que prefire encerrar ao seu propio fillo que delatar aos culpables. En fin, de película. Pareceume un pouquiño forzado o desenlace e a trama do asasinato.
En canto a relación amorosa a cousa non millora. Pareceume abrupta e, de novo, un chisco forzada. Ao millor é culpa miña, cando lin a sinopsis por enriba pensei que Tomás estaría fora da carcel pero no no. Comezan a coñecerse por correo electrónico. Puf. A cousa xa non empezaba como me gustaría, pero é que, despois, no seu primeiro encontro XA SE BICAN!! Madre del amor hermoso. Un poquito de decoro. Amais, non podo deixar de ver unha relación desigual. O reo está na cárcel, solo, sin naide que o vaia visitar e sin ningún contacto co exterior, por iso entendo a dependencia que lle crea o contacto con Gabriela. Pero a situación dela é moi diferente. Ela non está contenta coa súa vida, vale, lo entiendo. Pasou desgracias terribles que non me quero nin imaxinar o mal que o tivo que pasar (a temprana perda dos seus pais) peeeero amiga, non estás repudiada pola sociedade e a túa familia non che traiciou. Así que esta relación non se crea en igualdade de condicións.
Con todo iso, o libro engancha que mete medo. Menos de 24 horas me durou este libro. A escrita é dinámica e entretida, enseguida te atopas no medio da historia sen te decatar. Amais, non se pode deixar de ter en conta que este libro está escrito para un público máis xuvenil (que unha xa vai tendo unha idade), o cal non lle importan todas as incongruencias que eu atopei, porque o único que lle importa é que a lectura sexa amena e os personaxes sexan entrañables, e iso, en parte, conseguiuno.
Conclusión: se te aburres este libro está de rechupete, iso si, non lle des moitas voltas ou que busques lóxica.