A «Formula vitae honestae» é un pequeno tratado filosófico dunhas dez páxinas que, partiedo de catro virtudes: prudencia, magnanimidade, continencia e xustiza, pretende crear una guía moral para levar unha vida recta ou honesta. Foi adicada a Miro, rei suevo de Galicia no século VI (ad Mirorem regem gallitiensem) pouco antes da súa anexión definitiva polo reino visigodo.
O fascinante deste texto, despois de 1500 anos, é que segue a ser tan actual coma no momento da súa creación, xa que fala sobre asuntos atemporais que teñen que ver coa vida cotiá das personas, tanto das do século VI como das de agora. Formas de ser ou de comportarse que son a base da nosa cultura. Ademáis, destaca o feito de que non ten un compoñente relixioso destacable, xirando a súa idea de base sobre unha concepción estoica da vida, a pesar de estares escrito por un bispo.
Os pequenos artigos que acompañan o texto serven para comprender a época e a sociedade do sécilo VI, e están claramente dirixidos a un público xeral, polo que non son nin profundos nin exhaustivos, senon unha simple porta de entrada ó fascinante mundo suevo.
En definitiva, moi recomendable e de doada lectura. Agradécense este tipo de iniciativas culturais.
Penso no paralelismo com Sun Tzu ou Macciavelli: conselhos que semelham óbvios mas que tinham como alvo governantes novos chegados de socato ao poder. Os textos acompanhantes também são interessantes.