Jump to ratings and reviews
Rate this book

Memorias dun neno labrego

Rate this book
Balbino é unr apaz da aldea de mediados do século XX que observa o mundo que o arrodea e adoece por entendelo, pero nuinguén lle dá as respostas que precisa. Velaquí unha das obras fundamentais da literatura galega contemporánea, o máis lido e o máis traducido, agora adptado á lectura fácil.

80 pages, Paperback

Published January 19, 2024

13 people want to read

About the author

Xosé Neira Vilas

95 books17 followers
Naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio). É un dos escritores clásicos da literatura galega.
Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.
Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego,en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 reside na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome. (A súa compañeira Anisia faleceu en 2009).

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
12 (26%)
4 stars
14 (31%)
3 stars
11 (24%)
2 stars
4 (8%)
1 star
4 (8%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
62 reviews6 followers
October 19, 2025
Perfecto para darlle a ler ao alumnado con dificultades na linguaxe
Profile Image for Paula.
8 reviews
Read
January 17, 2026
Una adaptación preciosa de un clásico. Se nota que está hecho con mucho cariño, que bien que Pablo me lo dejó. :)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.