Jump to ratings and reviews
Rate this book

O incendio

Rate this book
Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.

200 pages, Paperback

First published April 11, 2024

5 people are currently reading
104 people want to read

About the author

Sara Vila Alonso

2 books1 follower

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
73 (46%)
4 stars
53 (33%)
3 stars
22 (14%)
2 stars
7 (4%)
1 star
1 (<1%)
Displaying 1 - 29 of 29 reviews
Profile Image for Gabriel.
220 reviews6 followers
December 1, 2024
Remove moito esta novela, moito. Especialmente aos da nosa xeración e aos que nacemos no rural ou nunha vila, porque está a relatar algo que vivimos dun xeito ou doutro. Puiden reconectar coa infancia e o tempo que pasei coas miñas avoas e o meu avó en Güín, o que significa a soidade na adolescencia, o medo a vivir nunha sociedade que te despreza. Pertencer a esa xeración que viu esmorecer as aldeas dos nosos avós, ao mesmo tempo que o facían eles.

Eu tamén conectei dese xeito con Güín e cos meus avós, mentres a xeración dos meus pais nos negaba sen maldade a oportunidade de ser e estar alí. Mataría por recuperar aquilo.

Agora tócanos a nos construirmos ese espazo que nos pertence por dereito, recuperar o que nos fai felices malia que nos impoñan o contrario.

Eu tamén fun feliz nese lugar que me protexía, nas ruelas da aldea e nas corredoiras do monte de Güín, no calor da casa dos avós e coa fidelidade e amor infinito dos animais.
Profile Image for Raúl.
121 reviews3 followers
January 6, 2025
Encantoume. Non sei se sería correcto referirse a este libro como un coming-of-age galego. A protagonista medra coa súa avoa nun lugar que a rexeita por, precisamente, medrar e descubrirse a si mesma. Fala de desexo, do espertar sexual, do acoso, de saúde mental, de edadismo, da morte, da vida, do amor, da amizade. Foino todo para min.
Profile Image for Sara.
69 reviews2 followers
April 22, 2025
Atopeime en cada verba deste libro e menuda choreira botei, pola (miña?) aldea, avoa, por crecer e polo paso do tempo.
Estou fatal gracias💋
Profile Image for Meiga.
235 reviews16 followers
January 22, 2025
3.5

Lendo esta novela non puiden evitar comparala con outras similares, tamén narradas por unha nena a pasar por episodios difíciles e cambios que sente curiosidade polo tabú. Un dos exemplos máis recentes para min é Vozdevieja que non desfrutei porque non fun capaz de conectar coa protagonista.

En cambio, aquí si fun capaz, mesmo se é moi diferente a min. Quizais sexa pola súa ambientación tan próxima, pola forma de falar compartida, polo lume, polos problemas aos que se enfronta a protagonista que quizais non vivín pero si escoitei polos corredores do instituto.

Paréceme unha novela marabillosa que trae á narrativa galega temas e preocupacións que non estaban sendo reflexados e pon en valor a experiencia feminina e rural. Sen dúbida, unha novela moi inspiradora.

Ademais, resulta sinxelo averiguar por que acadou o Premio Eduardo Blanco Amor, xa que o estilo, os recursos e o propio formato da novela escollidos por Vila recordan moito ás características do autor que nos ensinaron nas clases de literatura galega. O formato pareceume interesante, pero si que recoñezo que me tería gustado que fose menos vago cara o final e houbese unha explicación máis clara da situación actual da narradora. Tamén sinto que a cronoloxía resulta confusa.

Porén, en xeral é unha lectura recomendadísima, especialmente se che interesa a perspectiva das nenas da vida rural, o comezo da adolescencia e situacións familiares habituais, xa que é un retrato moi realista desta etapa. Ademais, os seus capítulos curtiños fan que sexa unha lectura rápida e áxil.
Profile Image for Carmen Vera.
44 reviews2 followers
May 25, 2025
uff… que viaxe de libro🥺❤️‍🩹 unha historia que fala de sentimientos, de vivencias, de como somos escravos do tempo… é que non teño palabras para describir o corazón pequeniño que me quedou despois desta lectura❤️‍🩹❤️‍🩹❤️‍🩹❤️‍🩹
Profile Image for Chuspaixonporler.
148 reviews5 followers
August 14, 2024
Esta é unha estremecedora novela, dividida en tres partes e capítulos curtos constituídos polas redaccións escritas en forma de terapia nas que unha moza nos vai relatando as súas vivencias en Neboeiro, a aldea da súa avoa, antes de que fora devorada por un incendio. 


Deseguido dámonos conta da súa soidade, tanto polas súas dificultades persoais para relacionarse como polos continuos abusos os que está sometida que a illan e inciden negativamente na súa estima. 


Isto xunto que os seus pais pasan a maior parte do día traballando, fan que forme un especial vínculo ca súa avoa. Esta é o seu soporte e a que a acompaña a medida que vai crecendo e tamén cando o seu corpo experimenta os cambios propios da adolescencia. 


Pero as cousas cambiarán e moito cando o envellecemento e o deterioro comeza a facerse dono do corpo e da mente da súa avoa o mesmo tempo ca súa aldea esmorece polo descoido e o abandono.


A novela aborda os aspectos propios da adolescencia como as primeiras inquedanzas sexuais, a busca do pracer e do afecto. Outros son o acoso escolar, os abusos e a espiral de violencia que envolve e que a illan da realidade.


Como vedes unha lectura na que é inevitable sentir calafríos e tamén indignación a través dos ollos da propia vítima, quen nos pon na pel dos que sofren. 


Unha novela galardonada co XLII Premio Blanco Amor de Novela e que dende logo non me dexou indiferente chegándome moi adentro. A que, ademáis, nos invita a unha gran reflexión.


Moi recomendable tanto para a rapazada na etapa do bacharelato como para público adulto e que seguro dará lugar a importantes debates nas lecturas conxuntas.
Profile Image for Amanda.
104 reviews3 followers
May 22, 2025
Non sei nin por onde comezar. Demasiadas emocións. Nesta novela vamos da man dunha rapaza que nos vai narrando como é a súa infancia e paso á adolescencia nunha aldea, e calquer rapariga que se criara nunha entorna semellante nos anos 90 verase reflexada. Para min foi unha viaxe ao pasado: ás miñas avoas, a debullar, aos pelos nas pernas... menos o dos homes, que eu neso si que lle fixen moito caso a miña avoa, moitísimo. E Perdida, que tamén tiven unha.
Remato o libro co corazón feito un farrapo.
Profile Image for Pedro.
13 reviews
June 22, 2025
Este libro é brutal, inmenso, marabilloso. É Dios.
Profile Image for jimena;.
176 reviews5 followers
November 7, 2025
"É medo, unha anguria que me pesa demsaido cando creo que non fago o que os outros queren que eu faga ou cando me decato de que non son como aos demáis lles gustaría que fose".

"Tampouco sei canto de min mesma é só meu e que tanto é de miña nai, da miña avóa, da miña bisavoa".

"As cousas malas pasan polas noites, pero non ás dez nin ás once, senón máis tarde. As desgrazas esperan a rente do amanecer, como se as malas horas se recreasen na escuridade e te finiquitasen cando xa semella que vivirás un día máis".


mucho y muy mal cuerpo
Profile Image for Xusto Rodríguez.
98 reviews
June 6, 2025
O tema e o enfoque son moi interesantes e tócannos moi de preto a moitos q temos as raíces en aldeas que dunha forma ou doutra están sendo comidas pola broza.
Pero estilisticamente paréceme que renxe un pouco: a forma na q se expresa unha nena de 12 anos (por moito q intente facer unha redacción formal) resulta pouco crible. Por iso non sobe máis arriba do 3.
Profile Image for Tatiana Maroñas.
29 reviews
January 4, 2025
Un auténtico retrato de la Galicia rural que no puedes dejar de leer. Corto y sencillo.
Profile Image for Ada.
40 reviews1 follower
July 20, 2025
Sen dúbida das mellores lecturas do ano, facía moito que un libro non me facía chorar... e en varios momentos ademais.E tan duro e a vez esta escrito con tanta sensibilidade.E practicamente imposible non sentirse identificada algun dos temas que trata. e prfecto e punch
Profile Image for Lourdes Piñeiro.
233 reviews1 follower
May 12, 2025
Este relato ha conseguido que formara parte de su historia, me he sentido atrapada e identificada en esa red de vivencias entre nieta y abuela, además de las esporádicas apariciones del papel de la madre. En numerosas ocasiones el carácter de la abuela me ha recordado a mi propia madre y a la lucha interior de su dura vida.
Notas el odio, la furia y el descontrol pero también la soledad y la ternura en sus vidas. Sin olvidar esa naturaleza atenta a todo y que participa de esas luchas cotidianas. La descripción de ese recóndito mundo rural te ahoga y desearías esconderte y alejarte de él.
Para la protagonista escribir este relato forma parte de su terapia personal, de la única forma de deshacer su nudo íntimo que la atraganta y la hunde en ese constante culpabilizarse de todo, en ese no quererse...
Y, finalmente, no puedo olvidar la riqueza lingüística de ese gallego que desconozco, esas pérdidas expresiones rurales a las que me ha costado acceder.
(Algún ejemplo: la regla como “el tío de América”; vulva como “peseta”…y otras en el campo de lo escatológico…)
A continuación transcribo algunas citas que no querría olvidar…
LA PROTAGONISTA. CARÁCTER.MIEDOS. DESPERTAR SEXUAL.AHOGO PERSONAL.SOLEDAD. FALTA DE COMUNICACIÓN. ACOSO.HUÍDA.
“Unha gana de fuxir que non sei de onde me vén e unha tristura que aparece con certos tipos de luz nas mañás de brétema, cando a claridade só se pode albiscar e a bruma parece que abafa”
“E eu cunha culpa fondísima coma o río e o pánico eterno a verme soa”
“As tres eramos feas, vellas ou medorentas de máis para gozar do río” (la protagonista, su abuela y su perrita Perdida)
“…ser pecadenta e converterse nunha pendanga coma a Perdida”
“…contaxiábame un pesadume pegañento coma a néboa que se instalaba na aldea…”
“Eu mantiña o paso coma se todo me dese igual, ata sentir o conforto dos eucaliptos abrazándome co zoar do vento neles. E desexaba que o vento me levantase e me mexese entre as pólas con violencia, que me golpease contra a madeira das árbores para sacudir aquel malestar do corpo e me deixase para sempre pendurada do eucalipto máis alto para non ter que volver máis á escola”
“Non había nada que témese máis ca que a avoa me considerase unha porca, pero ese foi un medo que adquirín máis adiante”
“E medo, unha anguria que me pesa demasiado cando creo que non fago o que os outros queren que eu faga ou cando me decato de que non son como aos demais lles gustaría que fose”
“É este medo que levo por dentro e se me atoa nos pulmón sao coller aire”
“Eu aproveitaba cada oración que compartíamos cando durmía en Neboeiro para pedir por ela, por que non houbese cadeliños no seu ventre para que a avoa non se enfadase e volvese ameazar con mandala a canceira”
“Conformabámonos con ternos unha a beira da outra, aínda que non fixésemos o que facían as demais raparigas coas súas mellores amigas”
“Ela sente que fracasa como nai e, inmediatamente, eu sinto que fracaso como filla” É así como nos imos defraudando unha á outra sen poder deternos” “É raro, porque lle noto a culpa na mirada, e contáxiama”
“Así quedara tamén o meu alentó. Sólido, de cristal, desfeito en anaquiños afiados que me cortaban por dentro”
MARTA, SU INTENTO DE TENER UNA AMIGA. AISLAMIENTO EN EL INSTITUTO.
“Para min a Marta era coma a árbore que sostén a hedreira, un chaleco salvavidas dentro do instituto, a forma de seguir respirando cando o Brais trataba de afundirme a cabeza na auga. A ninguén lle preocupa a felicidade dun flotador, aínda que che salve a vida. Iso era o que me ocorría coa Marta.
Arrepíntome moito de non ser unha boa amiga”
ABUELA:
“Penso que tampouco ela era quen de expresar o amor dicindo simplemente “quérote”. Nunca é tan doado. A súa forma de amar rexíase por un mecanismo moito más complexo no que entraban en xogo os reproches e os enfados lixeiros, a preocupación excesiva por que eu comese, os panos con vinagre na testa ou os vapores de auga con follas de eucalipto fervido”
“Pero o recordó que mellor gardo daquel día é a silueta da avoa entrando pola porta, traendo a friaxe arredor de si, despois de saír á néboa para coller as poliñas de eucalipto que traía nun cesto. Toda ela grande e poderosa, cun mandil de cadros verdes e brancos, unhas zocas de caucho por enriba das pantuflas e un pano que lle cubría a cabeza. Coas súas mans fortes, coa pel dura e curtida, cheirando a lixivia e xabón Lagharto, coidando de min. Nada podía con ela. Nada”
“Durme miña reina, que comigho non han de entrar os lobos”
“As casas detectan a senectude e entran en decadencia á vez que os seus donos. Así pasou coa da avoa. Notábase no cheiro a rancio, na limpeza deficiente, no abandono das plantas que adornaban cada chanzo das escaleiras”
“Tamén as plantas falaban da avoa e da súa demencia, aínda que non soubésemos relacionalo”
“A calefacción do piso desprende unha calor que quenta o corpo pero non cheira nin conforta. Non me mexe como o facía a avoa entre as súas tetas nin me calma como as tardes de inverno na súa casa”
FAMILIA DE MUJERES
“Tamén a relación entre a avoa, a mamá e mais eu é coma da árbore e a hedra, unhas veces facemos de soportes, outras de parasitas, facéndonos dano unhas ás outras. Pero tampouco sei como vivir sen unha árbore á que aferrarme, nin tampouco sen unha hedreira que soster. Como ía aguantar eu todas as mofas sen poder botarme sobre o esqueleto de alguén que me sostivese
NEBOEIRO. NOMBRE SIMBÓLICO DE LA ALDEA.
“As desgrazas esperan a rente do amencer, coma se as malas horas se recreasen na escuridade e te finiquitasen cando xa semella que vivirás un día máis”
“Non entendo por que meus país teñen tanta présa por vender a casa. Será unha forma de desprenderse dunha parte do que foron que non lles gusta? Dun pasado que non poden atender?”
“Quixera borrar o Neboeiro do odio e das culpas, o dos medos e a brétema máis mesta, pero con el borraría tamén o acubillo, as mans fortes da avoa que cheiraba a lixivia e a xabón Lagharto, o tacto suave dos seus peitos quentes baixo a colcha”
Profile Image for Karla González.
89 reviews24 followers
April 30, 2024
A ansiedade, os cambios no corpo de nena a muller, o paso do tempo repentino que notamos nos avós e avoas cando medramos, o bullying, as relacións familiares... Todo isto nunha novela fascinante.

Capítulos cortos, que se van lendo case sen darse conta, un detrás doutro.

Sentinme moi identificada moitas veces, incluso máis das que me gustaría admitir, coa protagonista. Sentín a súa dor, a súa mágoa, a súa ansiedade, sufrín con e por ela.

Un libro recomendado 100%
Profile Image for Rocío.
93 reviews4 followers
August 27, 2025
Neboeiro era para moitos unha aldea máis no rural galego, pero para a nena era o lugar no que foi feliz as tardes despois do colexio e os días de vacacións que pasaba coa súa querida avoa e cunha cadeliña abandonada coa que forxou un vínculo. Foi o lugar no que experimentou a transición da infancia á adolescencia e onde iniciou a súa espertar á sexualidade. Foi o seu refuxio, o seu fogar, ata o día no que o incendio o arrasou todo.

Con esta novela Sara Vila Alonso obtivo o XLII Premio Blanco Amor de Novela. Trátase dunha historia diferente e orixinal estruturada en capítulos curtos. Narrada en primeira persoa pola nena que a través dun relato intimista móstranos os seus pensamentos, os seus sentimentos, o que lle gusta e mesmo o que lle avergoña.

Na novela Sara aborda temas moi importantes que afectan a moitos nenos e mozos hoxe en día como son o bullying ou os trastornos alimentarios, á vez que fai unha crítica ao desinterese por parte do sistema educativo que culpabiliza ás vítimas cando estas deféndense dos abusones.

Ao longo da lectura imos atopar con cuestións moi importantes como son o abandono do rural galego, a soidade na que viven moitos anciáns e as enfermidades terribles que os poden afectar como o alzheimer e a maneira na que moitas veces os primeiros síntomas pasan desapercibidos ás súas familias.

Lin esta novela no momento en que diversos puntos de España son arrasados por devastadores incendios, que ao seu paso deixan miles de hectáreas calcinadas, centos de animais mortos e moitas persoas que quedan sen nada no mundo. Isto debería levarnos a reflexionar en que cada ano hai incendios, pero nunca culpables, non se esixen responsabilidades a quen debería velar polo pobo. Lévanos a chorar pola natureza arrasada, polas vidas e a poñernos nos zapatos daqueles que o perderon todo, quizais para que algúns gañen moito.

O Incendio é tamén un canto ao amor que prodigan os avós que despois de criar aos seus fillos contribúen á crianza dos seus netos. É tamén unha homenaxe aos nosos maiores, custodios da sabedoría tradicional que foron piares nos seus fogares e que nos deixaron un gran legado.

Por último só quero agradecer a Edicións Xerais o heberme brindado a oportunidade de poder gozar desta marabillosa novela que recomendo a todo o mundo e asegúrovos que non vos vai a deixar indiferentes.
Profile Image for Ana Arias Castro.
177 reviews7 followers
April 3, 2025
O incendio é unha novela interesante polo acertado retrato da narradora, unha nena de familia humilde en Neboeiro, unha aldea de Ourense), que polo traballo de seus pais pasa a maior parte do seu tempo coa avoa e a cadela Perdida nun período que vai do final da educación primaria a 2º de ESO.
A narradora descríbese como fea, tatexa, morena, peluda, co pelo xoto e dunha casa humilde que non lle dá maior recoñecemento social. Estas son as razóns polas que ela cre que sofre acoso particularmente por parte de Brais, o seu compañeiro guapo, popular e de boa familia.
A narradora é unha nena dos 90 (Estou na lavadora), pobre, sen maior apoio social ou familiar e só a avoa é quen de apoiala e estar aí para ela, pero esta muller está a piques de iniciar o declive da vellez mentres ela está a intentar integrarse no mundo escolar mentres chega á adolescencia. Outro apoio é a cadela Perdida, que se lle vai achegando en busca de comida e acaban por facerse inseparables.
Compárase permanentemente cos referentes da aldea, todos eles vellos ou falecidos. Dora, a muller que tivo catro fillos de diferentes pais, é o referente que ten en mente como destino menos aceptable socialmente e ao que ten medo de chegar a parecerse, especialmente tralos seus primeiros escarceos sexuais e masturbacións. Tamén vemos a Chencho, ou Nucha, que morre ao longo do relato.
No colexio non encaixa e só Marta (que coa súa gordura tampouco encaixa no prototipo de rapaza exitosa) é capaz de ser a súa amiga.
O mundo que coñece está a punto de virse abaixo: os veciños que van falecendo, a avoa perdendo facultades, o colexio que a condena a clases de apoio que odia e fan que se sinta aínda máis insegura, e Marta que ten a súa batalla particular.
Ese último verán é o final dunha época na súa vida porque o incendio verá consumirse a Neboeiro e ela perderá toda unha forma de vida.
Unha das cousas que máis me gustou é a lingua tan real da narradora que amosa un mundo en declive, e non só en Neboeiro, senón en todo o rural de Galicia.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Miriam Beizana.
Author 12 books208 followers
May 7, 2024
«Algunhas veces consigo volver á cama da avoa e sentirme en paz»

Chega con moita ilusión ás miñas mans a segunda novela de @saravilaal, «O incendio» (@edicionsxeraisdegalicia, 2024) que foi merecedora do XLII Premio Blanco Amor de novela. A sinopse fala dunha adolescente cuxa vida parece truncarse por un incendio que ten lugar en Neboeiro, a aldea onde vive a súa avoa e na que ela está a medrar sen darse de conta.

«Valghamediós, que che criei a raparigha, valghamediós, que sen min non iades a ninghures, valghamediós, e malo raio te parta desaghradecida, candorca do monte, ghaliña ventureira. Valghamediós».

«O incendio» é unha novela destas que sabía que ían ser especiais. Xa non digo só especiais para a literatura galega, xa non digo só especiais para a narrativa das mulleres e xa non digo só especiais polo respecto ás raíces e o rural. Non. A parte de todo isto (que non é pouca cousa), sabía que ía ser especial para min. Xa mo tiñan dito e non se equivocaron. A obra de Sara Vila converteuse para min nun dos meus libros de cabeceira, algo que, co paso dos anos, cada vez é máis difícil atopar.

«Pero daquela, no tempo do que lle estou falando, antes do incendio, estaba afeita ao clima de Neboeiro. É máis, a brétema confortábame. Neboeiro conforábame»

O telón de fondo, Neboeiro, retratado cunha beleza e fealdade realista é o escenario idóneo para o que a autora pretende contar. As páxinas mergúllanse na adolescencia dunha protagonista que adoece na súa propia realidade. Adoece de soidade, de maltrato por parte dos compañeir0s, de rexeitarse a si mesma e dunha nai que traballa demasiado. Só na avoa e na "Perdida" (unha cadela que acollen) parece atopar o doado e a ledicia no seu presente.

«A Perdida tamén viña con nós ao cemiterio, pero a avoa sempre me mandaba botala fóra para que ninguén lle parecese mal que unha cadela andase polo mdio dos nichos»

É o tratamento dos tempos onde radica a fermosa complexidade desta trama. Un esquema que vai fuxindo polos recodos a descubrir, namentres tentamos averiguar o que pasou o que vai pasar. Todo sumido nunha tosca e bruta delicadeza, moi difícil de acadar, pero que a escritora e xornalista alcanza con mestría.

«Estabamos soas. Agora si. Estabamos soas nun Neboeiro que se consumía no lume»

Potente, única e necesaria novela. Unha das mellores apostas de literatura galega (e non galega) que tiven o gusto de ler nos derradeiros tempos. Ogallá chegue a moitas de vosoutras.
Profile Image for Lectoragallega.
370 reviews12 followers
July 24, 2024
⭐⭐⭐⭐⭐

Recesión

🤐 Unha historia maravillosa, a forma de estar narrada faina tan especial.

🤐 Un pobo, unha aldea, a avoa, a xente dos arredores.....

🤐 Na lectura atopamonos cunha nena que crece , que pasa por diferentes acontecementos.

🤐 Primeras experiencias , burlas....

🤐 Na historia contanos como un día a día do que acontece antes do incendio.

🤐 Tamen ten cousas que chegan , os recordos dunha pequena aldea onde pasei varios anos nos verans, na aquela casa co chan de madeira, cas escaleiras de pedras.... Con aquel cruceiro uno da casa ,a igresa e o cementerio...naquel pobo no que so unha vecina tiña teléfono. Os caminos polos que corrías e pasabalo tan ben sendo LIBRE

🤐 O seu cariño ca sua cadeliña e maravillo.

🤐 E o paso de nena a muller, ese cambio que moitas o pasamos mal.

🤐 E queda marcado o silencio ( cando sofre acoso) , o que calamos as veces polo que poida pasar o polo que dirán

🤐Ese final ...non podo decir nadiña pa non facer spoiler

🎊Premio moi merecido parabens @saravilaal
Profile Image for ElFalleret.
126 reviews3 followers
May 5, 2025
Malgrat no dominar el gallec, crec que és un dels llibres més crus, tristos i personals que he llegit en molt de temps. Un llibre directe on les metàfores són tant el que es conta com el que passa. Pareix que hi han coses que se repetixen massa voltes, però sempre hi ha un detall que canvia.

Un llibre que parla del pas de la infantesa a la adolescència d'una xiqueta del món rural gallec que és criada per la seua iaia ja que els seus pares es passen el dia al treball. Una transició traumàtica marcada pel tabú, els complexos, l'assetjament escolar, l'opressió femenina en tota la seua cruesa, el descobriment sexual i seguidament la culpa. Un descens cap a la decadència (del lloc i dels personatges) que acaba a la premisa inicial: un incendi que porta definitivament l'infern a la terra, si és que Neboeiro no era ja l'infern. La decadència de la iaia paral·lel a la decadència del recer que era Neboeiro per a la protagonista m'ha colpit.

Un deixa de ser un llibre trist, però on la forma d'escriure i els personatges són un autèntic plaer.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for María (Auguibooks).
516 reviews11 followers
June 18, 2025
So dispoñible en galego, editado por @edicionsxeraisdegalicia.

Coñezo a Sara polo seu traballo na editorial Xerais pero non lera nada seu así qué me mellor oportunidade que estrenarme con esta novela que foi a gañadora do Premio Eduardo Blanco Amor de novela. .

Coñecemos a unha adolescente que pasa a maior parte do seu tempo na casa da sús avoa no vila de Neboeiro xa que os pais pasan o día a traballar. Con ela ten unha relación moi especial que iremos descubrindo a través da mirada da nena.

Os cambios da adolescencia, o acoso escolar ou o declive na vellez son algúns dos temas que percorren a novela e que son tratados con una gran maxistralidade , apoiándose nunha narración cercana e plagada de expresións da terra.

A ambientación nese Neboeiro que parece que nos podemos imaxinar perfectamente nos leva a recordar a nosa propia infancia, os cheiros da casa da avoa, os aloumiños que nos facía, as aventuras de verán tirándonos en bicicleta polos camiños...

Unha novela sinxela , de personaxes, de sentimientos e emocións que é perfecta para adultos, adolescentes e avós.

Eu xa collín na @bibliotecasalceda o seu anterior libro 🤭

"É normal que precisemos converter a supervivencia en historias fermosas para que sexa máis soportable".
Profile Image for Lady Eboshi.
9 reviews1 follower
November 11, 2025
“O incendio” é unha novela desgarradora e chea de sensibilidade. Sara Vila retrata con honestidade a vida nun rural galego que se apaga, a relación entre unha neta e a súa avoa, e o paso da inocencia á madurez. Cunha prosa limpa e emotiva, Vila constrúe unha historia sobre o coidado, a perda e o lume —tanto o que destrúe como o que purifica.
⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️
Un libro que deixa o seu chero a fume na memoria.
Profile Image for Eu leo galego .
25 reviews8 followers
May 22, 2024
A avoa é o refuxio un piar e o porto seguro, pero mentres nós medramos, elas van a menos. Esa parte, xunto coa liña do acoso escolar, o rural e os complexos gustoume bastante, pero agardaba máis da historia, a verdade
Profile Image for Elena Pazos.
18 reviews
September 30, 2024
rematei este libro nun tren. non sei canto tempo levo lendo nin por onde pasamos, non sei quen sentou e quen marchou o meu arredor. pero levo dez minutos con bágoas pola cara
5 estrelas pola crueza, a beleza e a dó
Profile Image for Leyendo_bambu.
43 reviews28 followers
November 7, 2024
Unha volta á infancia, a esas tarde debullando millo, de charleta na eira da casa e indo a por un poco de herba coa carretilla.
Unha historia de familia, Unha historia de avoa e neta, Unha historia de lei de vida.
Profile Image for Marcos Tesouro Montecelo.
184 reviews3 followers
January 4, 2025
Moi boa novela que nos leva á vida de aldea e á nosa infancia que moitas/os vivimos onde ris, choras e empatizas reinvidicando coa autora...
Merecido o premio Blanco Amor obtido!
Profile Image for Alejandro Pereira.
68 reviews1 follower
July 7, 2025
Con un estilo muy pegado al de Layla Martínez en Carcoma construye una historia de madurez y autodescubrimmiento en un pueblo asfixiante.
Displaying 1 - 29 of 29 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.