Unha noite de eclipse parcial, milleiros de persoas teñen o mesmo soño ao redor do mundo. Actívanse o pánico, a adoración e a dúbida. O traballo de fin de grao de Branca Trigo defende a poesía como transxénero literario por medio da poesía mesma.
Vaia pasada. É coma un acid trip e ao principio non entendes nada pero despois entras no mood e parece que segues sen entender nada pero si que entendes todo. Moi potente e moi gracioso ás veces. Gustaríame que existise unha versión recitada tipo audiolibro. Espero que lle puxesen moi boa nota.