Jump to ratings and reviews
Rate this book

O xogo de Escher

Rate this book

104 pages, Paperback

Published May 9, 2024

3 people are currently reading
36 people want to read

About the author

Manuel Esteban

8 books18 followers
Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971)

Ola. Son pai de dous fillos, médico e profesor de formación profesional. No tempo que me queda escribo novelas e, o que resulta aínda máis asombroso, consigo que sexan publicadas.

Escribín tres novelas de xénero policial: "A ira dos mansos" (Premio Xerais 2016), "O meu nome é Ninguén"(Xerais, 2018) e "A vinganza dos homes bos" (Xerais, 2020), protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. O Manso é o personaxe que máis satisfaccións me está a dar como escritor, así que estou tentando escribir unha cuarta novela da serie.

No ano 2023 publiquei un libro xuvenil titulado "Setestrelo" axudado polo meu fillo máis novo. Unha space-opera para cativos na que puxen (puxemos) moitísimo corazón.

En 2024 publiquei "O xogo de Escher" (Xerais, 2024), novela gañadora do IX Premio de novela curta Cidade centenaria de Ribeira, unha distopía de ciencia ficción disfrazada de reflexión filosófica. Ou era ao revés?

En marzo de 2025) publiquei un libro de ciencia ficción clásica: Trickstar. Postais desde as estrelas, na editorial Boadicea. En setembro dese mesmo ano repetín en Xerais co libro A lei do mar, unha historia real sobre un rescate de migrantes no Mediterráneo que me foi contada por un amigo mariñeiro.


Lémonos!

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
8 (18%)
4 stars
22 (50%)
3 stars
12 (27%)
2 stars
2 (4%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 12 of 12 reviews
Profile Image for Jorge Magdaleno Santos.
324 reviews5 followers
August 9, 2024
Pues , como dice la sinópsis ... Qué es El juego Escher ? Para mi una magnífica novela , donde absolutamente todo da que pensar en muchos temas , es la vida misma a la que nos vamos de cabeza con tanta IA , sería posible viajar a la epoca de la historia que uno quisiese ... ? Seria fantastico o una aberracion ?
La trama ya contada en la sinópsis esta muy bien documentada (o su trabajo le ha llevado) . Pero si, puede que El juego de Escher podria ser una Novela histórica (de hecho lo es) .Podria ser El juego de Escher una distopía de Ciencia ficcion (de hecho lo es). Podria ser El juego de Escher un ensayo filosófico (de hecho lo es). Manuel Esteban , menos mal que no llega a las 100 páginas , aunque para mi es como si fuese una de Posteguillo, o Chicot he acabado exausto pero con gusto .Ed Planeta , Netflix , aqui hay Talento , lo dicho menos mal que es Novela breve por que si no seria carne de Psiquiatratrico ... Podria ser El juego de Escher una de las novelas del año 2024 ..... 11/10 (de hecho lo es)
Profile Image for LaRoroBooks.
201 reviews13 followers
November 15, 2024
xogo de Escher é unha distopía de ciencia ficción que mestura elementos de suspense, intriga e reflexión filosófica. O autor crea unha historia que xoga coa percepción da realidade e da mente humana.
Nesta obra, o autor constrúe unha trama complexa. Os personaxes vense implicados nun xogo que os leva a cuestionar a natureza do seu entorno e, en definitiva, a propia realidade. A través dunha narrativa detallada e coidada, o autor invita ao lector a mergullarse nun xogo, onde a lóxica parece difuminarse e onde nada é o que parece.
É unha lectura recomendada para aqueles que gozan das historias que desafían a mente e obrigan a reflexionar mais alo do obvio, así como para os amantes da arte de Escher. Ademais, ao estar en galego, achega unha rica visión lingüística e cultural, achegando ao lector a literatura galega contemporánea.
Este libro gañou o IX Premio de Novela Curta de
Cidade Centenaria de Ribeira.
Profile Image for Sandra Rg.
9 reviews
December 27, 2024
Nun libro tan curtinho, caben millóns de vidas. É incrible!
Profile Image for Chuspaixonporler.
142 reviews4 followers
August 14, 2024
O xogo de Escher é unha distopía de ciencia ficción que recibiu o IX Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira.


Escher é a compañía que ofrece este apaisonante e o mesmo tempo aditivo xogo. Unha vez te conectas ao Cubo, o gran computador xerador de vidas, a consciencia lévate a unha época histórica e convértete nunha personaxe. Podes ser calquera. O máis importante é que durante un tempo indeterminado vivirás esa vida coma a túa propia. A morte é o final da partida pero tamén é a posibilidade de comezar unha nova, ou non...


Manuel Esteban invítanos nesta novela a un vertixinoso xogo no que despois de cada partida comeza a borrarse a liña da realidade.


O mesmo tempo, a novela en si mesma é tamén un xogo que nos pon a proba ata facer que dubidemos de canto acontece. E despois, a guinda  a pon o mesmo abraiante final.


Unha novela curta pero da que te quedas ca sensación de vivir unha historia completa intensa en emocións e vertixinosa, na que ademais se fai un percorrido por diferentes etapas históricas.


Dende logo, se te gusta a ciencia ficción ou queres ler algo diferente, O xogo de Escher é unha moi boa opción.
Profile Image for Mariña Loureiro.
295 reviews4 followers
October 25, 2025
Descubrín este libro grazas a reseña de Adrián Pérez Bote, co que comparto a afición, ademais de pola lectura, polas matemáticas, e por ela, e tamén pola portada, decidín collelo cando o atopei hai unhas semanas nos recomendados da @bibcoruna.

Outra novela de ciencia ficción en galego (son a primeira sorprendida, pero levo unhas cantas), esta vez brevísima, menos de cen páxinas que devorei en dous anacos dunha tarde de choiva.

Manuel Esteban escribe bonito e consegue, malia a dificultade que supón a curta extensión, crear un mundo propio intrigante, coherente e crible (máis filosófico que matemático, pese ás expectativas), con personaxes sólidas e diversos escenarios históricos axeitadamente ambientados.

Porén, a fin non estivo para min á altura do resto do libro. Non son amiga dos finais abertos, e cando unha trama se revira e despois se deixa sen resolver sempre remato cunha sensación incómoda de engano; isto fixo que, se ben me gustou moito, non me chegara a entusiasmar.
Profile Image for Ave de mil plumas.
372 reviews5 followers
June 23, 2024
A fermosa portada unida a, sobre todo, o título, que me recorda ao meu libro favorito, fixo que me fixase nesta novela. Pintaba ben.
Tras lela, podo dicir que está ben. É entretida e faite pensar, aínda que en algo que xa teño visto noutras historias. Un tanto predecible para min nese aspecto, aínda que quizais tamén a comparo co libro ao que me recorda polo título…
Volvería a lela, e se ma recomendaría a min mesma e que gustar, gustoume.
Profile Image for María Nieto.
Author 2 books6 followers
May 20, 2024
Coma sempre, Esteban borda o uso da linguaxe para xerar sensacións e imaxes mentáis. Fascinante
Profile Image for Ana Arias Castro.
157 reviews5 followers
August 17, 2025
Manuel Esteban preséntanos aquí O xogo de Escher en Xerais, unha novela breve premiada co IX Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira 2023.

Dentro do Cubo, a xente participa no xogo de Escher, extremadamente aditivo e Andros xoga diferentes partidas que son vidas diferentes que se viven pensando que son a vida real e única e só se volve á vida propia trala morte. Andros vive diferentes vidas pero nelas Sanar intenta contactar con el e que o recoñeza. Entre xogo e xogo fala con ela, quen pretende que suba a outro nivel.

Can é ese nivel? Que é a vida sen a fin non é a fin? Quen somos se non recordamos/sabemos quen fomos realmente? Vivimos nós tamén nunha simulación ou realidade que non é tal? Moitas preguntas para un libro que nos fai pensar. E como se cualifica esta obra? relato histórico, filosofía, distopía, ciencia ficción, predición...?

Unha novela breve pero moi orixinal e para pensar un rato. Moi recomendable.
Profile Image for Avalle Rei.
1,141 reviews16 followers
May 18, 2025
Unha novela un tanto especial, Escher é unha empresa de vidas virtuais. O noso protagonista aforra moito para poder acceder a este servicio e poder vivir vidas ilimitadas.
Cada capítulo do libro é unha de esas vidas. Mientras estas dentro do xogo non es consciente da mentira, pero o despertar tes todos os recordos da tua vida máis da ficticia.
Nun dos seus despertares coñece a unha rapaza que vai cambiar a forma de míralo todo.

O libro é curto e interesante, xoga coa idea da reencarnación, as vidas pasadas e a conciencia dun mesmo en todas esas vidas e tamén na filosofía de ata onde chega o xogo.
É un libro moi interesante que se le moi ben e que pode facerche pensar.
201 reviews
January 21, 2025
O XOGO DE ESCHER. Manuel Esteban (Xerais). 97 páginas (7/10)
Escher é unha empresa que pon a disposición dos clientes un xogo no que os xogadores se conectan a un gran ordenador central chamado Cubo onde se simulan vidas de tal xeito que nun mes conectado ao xogo corresponde cunha vida de trinta anos. Mentres vive esa vida simulada non é consciente da sua existencia real e cando esperta, porque o personaxe morre, dase conta de quen é realmente e pode recordar a vida que viviu simuladamente
Andros e un xogador que aforrou durante un tempo para xogar varias partidas. Na primeira é unha muller do paleolítico. Na segunda una muller siria que pretende ser sacerdotisa, o mestre que lle está a ensinar dille que a vida e como un xogo antes de que morra cunha forte dor de cabeza. Tras esta partida vai ao bar onde pretende ver outros xogadores, ali coñece a unha muller que intentou dicirlle o que pasaba na partida previa. Na terceira partida é un cidadán romano na vila de Torallium onde protexe a unha muller chamada Samar que acaba de coñecer e que lle di que lembre o seu nome real, Andros, ainda que protexela custalle a vida, decapitano por orde imperial. Ao despertar intenta localizar a Samar pero non a atopa, vai ao psicologo a ver si pode conseguir algunha información sen mostrar o que sabe, pero non consegue nada. Na cuarta partida é Diego Alonso, o capitan deposto da San Lesmes tras cruzar o estreito de Magallanes, cando está preso un grumete o axuda a sair da celda e confesalle que xa foi moitas persoas anteriormente. Diego Alonso pensa que o rapaz está tolo, pero un nome que dixo, Samar, recordalle algo. Mata dun disparo ao grumete que pretendía botar pola borda os aparellos de navegación e lanzano ao mar onde morre afogado e nese momento parece recordar quen é realmente. Ao despertar Samar o espera e proponlle coñecer a outros espertos que o van a axudar a espertar na próxima partida. Na quinta partida e unha monxa con inquietudes que busca a un alquimista que lle de sentido a súa vida, atopao e o home dille quen é realmente que ten que verse como o xogador que está xogando a partida. O home provoca un lume e antes de morrer consegue comprender todo. Esperta tranquilo, sen confusión e na seguinte partida é plenamente coñecedor da situación. Na sexta partida e un home que en 2024 publica un libro sobre o xogo de Escher e quere que os xogadores esperten. Morre ao pouco de presentar o libro nun accidente causado pola empresa Escher na simulación. Ao despertar é expulsado do xogo, pero antes de sair do Cubo acude a ver a Samar para dicirlle que está preparado. Ela dalle unha pilula para suicidarse, pensa que o mesmo Cubo e a súa aparente vida tamén é un xogo. Estaba a xogar partidas sun xogo dentro de outro xogo
This entire review has been hidden because of spoilers.
125 reviews2 followers
November 4, 2024
Entre as figuras imposibles de Escher e as matrioscas rusas, a novela tenta descubrir o mundo e as personaxes dende un fóra de si no que está nebuloso se corresponde a algún 'dentro'. Curiosa na argumentación, nela descansa en si a novela, pasando a un segundo lugar a expresión e descrición, mínima para ter ese necesario desenvolvemento. Pode encadrarse dentro da ciencia ficción, pero non de xeito único, no sentido que procura ó seu xeito unha resposta vital.
Displaying 1 - 12 of 12 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.