Jump to ratings and reviews
Rate this book

Idol!

Rate this book
Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música. Pero non vai ser nada doado. A Vega, a súa familia púxolle como condición manter a media de sobresaliente no instituto. Ámbar, pola súa banda, ten que enfrontarse a unha realidade moi diferente: os seus pais non lle dedican a atención que precisa e non acaba de encaixar no molde das «Idol» como lle gustaría.

72 pages, Paperback

First published May 9, 2024

1 person is currently reading
3 people want to read

About the author

Alba Chan

1 book

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (36%)
4 stars
1 (9%)
3 stars
4 (36%)
2 stars
1 (9%)
1 star
1 (9%)
Displaying 1 - 6 of 6 reviews
Profile Image for Lara.
408 reviews15 followers
June 15, 2024
como xa dixera na miña recensión anterior, levo uns meses cun bloqueo lector importante. hoxe fun á SELIC e collín varios libros (sobre todo de banda deseñada) para motivarme un pouco a ler de novo. de todos os que collín decidín empezar con este porque levo varias semanas obsesionade con Buried Stars e todo iso dos concursos, os idols e a presión da industria interésame.

que boa decisión tomei.

é certo que se me quedou un pouco curto, mais ten sentido para a historia que se quere contar. os personaxes tamén están ben pensados para iso, sendo as protagonistas as que máis profundidade teñen (porque son as protas lmao). todo o tema das expectativas, o perfeccionismo, a ansiedade por cumprir algo que non é sostible foi bastante real e ben representado (momento no que cometes unha (1) unidade de erro e xa queres tirarte por unha ventá 💀💀). ademais, gostei das amizades e da importancia que se lle dá a ter un bo grupo de apoio, aínda que os teus familiares non formen parte del.

logo, tamén necesito salientar a arte deste libro. AMEINA. xa non só polo estilo medio anime cuqui bonitiño e todo iso, é que as cores e a composición (por chamalo dalgunha forma) son marabillosas. adoro como está coloreado todo, o xogo entre o rosa e o violeta como as cores características de Vega e Ámbar respectivamente. en relación á "composición", o que quero dicir é que se sinte como se as viñetas fosen líquidas. constantemente rómpese o cadrado típico para ir concorde ás emocións que amosan o personaxe visible. outro exemplo no que se ve isto é na expresión de movemento. as liñas saen do propio obxecto en movemento e están coloreadas.
aquí podedes ver un exemplo do segundo que menciono. fixádevos na batería e na man no teclado. é como se todo estivese feito dunha masa viscosa e unha parte deles quedase aí despois do movemento.

non sei como explicalo, pero en conxunto fan que a banda deseñada rebose expresividade e adoro iso.
Profile Image for Ene.
3 reviews
November 14, 2024
Oye que me llamo Ene que yo hice este cómic también que soy guionista y colorista manin
Profile Image for Rea L. López.
Author 6 books17 followers
July 6, 2025
Amé la paleta de color y los diseños de los personajes. Me gustaría poder ver más de las protagonistas y sus compañeras de grupo, ver cómo evolucionan y, sobre todo, que Vega le cierre ma boca a la madre.

Ojalá las autoras puedan lanzar una segunda parte, lo merece.
Displaying 1 - 6 of 6 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.