3.5? 3? non o teño moi claro.
honestamente, collín este libro da biblioteca por dúas razóns: a protagonista ten o meu nome e, entre a portada e a mención do león na sinopse, pensaba que tiña algún elemento fantasioso. en realidade é un misterio puro e duro con drama familiar, mais iso non quita que fose bo.
é unha historia bastante interesante, cunha boa ambientación e un final que non esperaba (aínda que non sae da nada, hai pistas ao longo do libro que tiran por aí). polo curto que é non fun moi capaz de formar un vínculo moi forte cos personaxes, aínda que creo que, polo tipo de historia que é, tampouco é tan importante o seu desenvolvemento como individuos. a cuestión é sermos capaces de sentir empatía pola situación, cousa que consegue. ademais, os cambios de puntos de vista na narración están moi ben conseguidos.
por último, teño que comentar unha cousa que sei que non é culpa da autora (para isto existen editores e o proceso de corrección), aínda que me molestou: hai varios erros de redacción ao longo do libro. eu fun capaz de identificar principalmente a falta de comas cando hai apelativos e noutros contextos. non sei se hai máis porque tampouco son eu filólogue, pero me parece pouco profesional por parte da editora non revisar este tipo de cuestións. que para iso están, digo eu.