Jump to ratings and reviews
Rate this book

O tigre na boca do lagarto

Rate this book

184 pages, Paperback

Published July 11, 2024

About the author

Antón Dobao

6 books
Antón Dobao naceu en Lugo o 16 de xullo de 1963. Licenciado en Filoloxía Galega, é escritor, guionista e director. Na TVG, traballa como Asesor Lingüista e dirixe o proxecto de ficción audiovisual Un Mundo de Historias, do que tamén é creador. Entre os anos 1995 e 200 foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Dispensou a materia Libro de Estilo. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Membro fundador do PEN Club de Galicia. É membro do Comité de Redacción da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro desde a súa fundación. É membro do Consello de Redacción da revista Cadernos de Lingua, da RAG.
En narrativa ten publicado ``Incertos´´ (Xerais 2008), en poesía ``Desde o teito da noite´´ (Xerais 1987), ``Caderno dos dereitos e das horas´´ (Deputación da Coruña, 1994), ``O tempo entre murallas´´ (Xerais 1997), ``Materia´´ (Xerais 2005), ``Onde o ollar comeza a doer´´ (Sotelo Blanco, 2007) e participou no libro poético colectivo ``Xuro que nunca volverei pasar fame´´( editado pola Asociación Redes Escarlata.
No campo da tradución ``A granxa dos animais (Animal Farm)´´, de George Orwell, en Edicións Positivas, ``O vaso de prata (El vas de plata)´´, de Antoni Marí, en Sotelo Blanco, ``Nove Contos (Nine Stories)´´, de J. D. Salinger, en Sotelo Blanco, ``Mr. Vertigo´´, de Paul Auster, en Sotelo Blanco, ``Ferros e ameixas (Ferros i prunes)´´, de Carles Bellsolà, poesía, en Edicións Xerais e ``Se comes un limón sen facer xestos (Si menges una llimona sense fer ganyotes)´´de Sergi Pàmies, Edicións Xerais.
É creador e director do proxecto de ficción audiovisual da TVG ``Un Mundo de Historias´´, consistente nos seguintes produtos: Un Mundo de Historias (miniserie de 7 episodios, da que foi director e guionista), baseada en relatos de Castelao, Rafael Dieste, X.L. Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo.``A biblioteca da iguana´´ (director e guionista), baseada no relato homónimo de Xosé Miranda (2005). ``O bosque de Levas´´ (director e guionista), baseada na novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo (2006).``A mariñeira´´ (director e guionista), baseada no relato “A Mariñeira de Quilmas”, deDarío Xohán Cabana. (2007). Premio do Houston International Film Festival 2008 e Premio Mestre Mateo 2008 á Mellor Película para Televisión. ``O Club da Calceta´´ (director e guionista), baseado na novela homónima de María Reimóndez. (2008), Grande Prémio do Festival Internacioinal de Cinema FamaFest2009, Finalista do Europa Prix 2009. ``Sinbad´´ (director e guionista), longametraxe baseada na novela de Álvaro Cunqueiro Se o vello Sinbad volvese ás illas… (2011).
Ten publicados diversos traballos sobre lingua, sociolingüística e cuestións culturais esociopolíticas en diferentes publicacións periódicas de Galicia

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
1 (33%)
1 star
2 (66%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Alberto.
2 reviews1 follower
December 27, 2024
Este libro parece que está escrito para unha mente privilexiada... e ese vese que non son eu. Conxunto de historias que non teñen conexión entre elas. Intentas encontrarlle sentido mais, salvo pola historia máis extensa (cun interesante punto de vista sobre viaxes no tempo ou entre universos paralelos), o resto do libro non conseguiu conectar comigo.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.