Jump to ratings and reviews

Galaicofobia

190 pages, Paperback

Published March 22, 2024

Loading...
Loading...

About the author

Alexandre Peres Vigo

4 books1 follower
Alexandre Peres Vigo, nado en Trasancos en 1982, é un filólogo, escritor e profesor galego.

Licenciouse en Humanidades e doutorouse en Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña. É profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. A súa principal liña de estudo é o estereotipo antigalego e a galaicofobia, así como as implicacións literarias, históricas e sociolingüísticas destes fenómenos. Forma parte do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega, UdC (ILLA).

Ten colaborado en revistas da súa especialidade como Revista Galega de Filoloxía ou Madrygal.

Ratings & Reviews

What do you think?

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
6 (21%)
4 stars
10 (35%)
3 stars
7 (25%)
2 stars
3 (10%)
1 star
2 (7%)
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
Profile Image for Moraima Aragundi.
64 reviews2 followers
August 28, 2024
3.5?

explora o desprezo contra Galicia e o pobo, a lingua e a cultura galega desde as súas orixes (sXIII) ata a actualidade, recollendo exemplos de fontes primarias e proporcionando contexto histórico

a destacar:
-interesante por coñecer os exemplos de primeira man
-o autor bota man de diferentes fontes, tanto crónicas reais e obras de intelectuais como libros de refráns (dando así a posibilidade de ver a óptica desde o poder e desde a xente letrada, pero tamén como se reflexaba na sociedade en xeral)

o único malo é que se me fixo pesado por momentos porque os exemplos ao final eran bastante semellantes, pero ese é o punto, a repetición da dinámica ao longo dos séculos, con variacións dependendo da situación política (de España) e económica (dos galegos)
Profile Image for Marta Besada Garrido.
6 reviews1 follower
August 8, 2026
Un pobo que canta e fala non morre, non deixa morrer a súa cultura e identidade aínda que lle intentar convencer do contrario. Marabilloso traballo, cunha liña temporal que mestura historia, literatura e lingüística. Disfruteino moitísimo, aprendín moitísimo e mudei moitos conceptos que tamén tiña erróneamente arraigados. A emoción máis repetida foi carraxe, porque ogallá os que sufriron a máis vil envexa e iñoranza puideran ver como hoxe en día moitas sentimos o orgullo de levar Galiza adiante e como moita xente de fóra sente “envexa” do que somos e do que temos. Ogallá ensinarlles a palabra mesetario ou fodechincho, somentes por xustiza poética.
Unha lectura moi recomendada dende logo
Profile Image for Marcus .
16 reviews
April 1, 2025
Séculos de estigmatización, parodia e invisibilización. Desprezo histórico cara ao galego e ao galeguismo. Mecanismos —culturais, lingüísticos, políticos— que sostiveron (e aínda sosteñen) a marxinación dun pobo. A galeguidade como resistencia, como conciencia, como suxeito colectivo. A urxencia dunha reapropiación cultural e política. Unha cartografía pedagóxica; un ensaio sobre o reflexo do poder e as súas fendas. E sobre como o silencio tamén nos esteriliza.
Displaying 1 - 4 of 4 reviews