“Non entendo, e o meu sufrimento é vexetal e crece coma unha flor amarga, coma unha anémone que me agroma no peito e cómeme e devórame e sécame todos os sentidos do corpo meu, e habítame e logo xa non te podes mover porque ficas morta e seca, cuberta polas raíces cartilaxinosas, polos parasitos, polas cunchas vermellas e rosadas, polas amebas que abren as bocas e succionan, que recen o seu tecido devorador ao redor, e aprisiónante e mátante, chuchando en ti o elixir salgado todo”.