Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.
O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: «celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo».
E a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024. A RAG destaca dela que foi a «creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90», esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.
Luísa Villalta é unha das mentes e creadoras literarias máis interesante e brillante da Galiza contemporánea. Poucas veces se pode exemplificar dun xeito tan sinxelo que a narrativa é sen lugar a dúbida unha creación artística, porque Villalta non escribe, Villalta debuxa, compón, interpreta, ensina, canta. Unha recopilación de narrativa que é pura poesía. Moderna, capaz de perfilar a sociedade galega, a vida cotiá e a historia dun pobo.
En "Silencio, ensaiamos" recopílanse varios relatos con diversas temáticas e elaborados con diferentes técnicas da vangarda literaria. Un experimento que resulta en toda unha experiencia sensorial para o lector. Si, sensorial, porque activa todos os teus sentidos. Os meus favoritos son "Unha noite da fin do verán" e "Antesala do Regreso"
Algún relato quere lembrarme a Kafka. En fin, imprescindíbel
En "Teoría de Xogos" a protagonista é unha muller que ben podería ser a propía Villalta se a súa vida tivese sido outra. Ou ben porque escolleu un camiño ben distinto ou ben porque quixera ser esa mesma muller. Unha narración visceral que asemella un guión de Woody Allen, mais sen o seu ácido toque de humor.
En "As Chaves do Tempo" (o meu favorito) dalle unha volta ao xénero artúrico e celtista tan característico da literatura galega. Unha mestura de fantasía e realidade que reescribe a historia peninsular. Da a impresión de que Villalta emprega a súa obra para crear ese mundo que ela quixera ou aquel mundo que puido ser.
Quedei absolutamente NAMORADO. Unha mágoa que Villalta nos deixase tan pronto... Grazas infinitas por crear este tesouro, eterna!