Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para alertar a cidadanía dunha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar que afectará o planeta nas próximas horas. Este contundente fenómeno atmosférico xa sucedera sete anos antes, con intensas auroras boreais atravesando o ceo de todo o mundo e con fallos xeneralizados nos sistemas de comunicación e de subministración eléctrica. Nora lembra agora aquela situación límite, mentres intenta cargar o seu coche nunha electrolineira de Negreira para chegar a Santiago canda a súa muller e as súas fillas cos equipos de urxencia que lles poden salvar a vida. Mais a viaxe non será doada. Alberto Mancebo crea unha poderosa e inquietante narración cunha atmosfera hipnótica e abafante para enfrontarnos a unha historia de ameazas climáticas que sitúan os personaxes nun escenario agónico e ante a necesidade de se decidiren entre a solidariedade ou a supervivencia individual.
A escritura de Mancebo é amena e divertida aínda que a crise climática non é especialmente graciosa). A Nora collinlle cariño nas brevísimas 130 páxinas, as súas accións teñen esa cor gris da complexidade humana.
Houbo momentos nos que a odiei por actuar como o fixo e outros nos que só desexaba que volvera coa súa familia.
Unha entretida distopía qe non qeriamos qe fose tan breve. Ao mellor ese final aberto ofrécenos algunhas posibilidades de seguir coñecendo algo máis sobre o futuro da protagonista en publicacións vindeiras.
This entire review has been hidden because of spoilers.